Ya sabéis que esta PonteWordCamp no podría llevarse a cabo sin el increíble esfuerzo de los patrocinadores y del apoyo incondicional de la Universidad de Vigo y, en particular, de la Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Hemos hablado brevemente con el decano de la Facultad, Xosé Baamonde sobre lo que supone la WordCamp para la universidad.
¿Qué supone la celebración de la WordCamp para la Universidad de Vigo?
Para a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación supón un orgullo acoller a primeira WordCamp de Galicia. Reforza o posicionamento do noso centro como un referente da comunicación dixital nesta Comunidade. De feito a WordCamp coincide coa posta en marcha do mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais. Ademais, este evento danos visibilidade a nivel estatal, o que incide na reputación e prestixio da nosa Universidade
¿Por qué recomendaríais asistir al evento?
A miña recomendación vai especialmente dirixida aos estudantes pois son dos que penso que a Universidade non é só asistir a clase e aprovar os curso, hai que participar na vida universitaria. Teñen un desconto moi importante no prezo da entrada e a oportunidade de aprender moito e facer contactos profesionais de primeiro nivel. Ademais, o WordPress é unha ferramenta indispensable para os profesionais da comunicación porque é moi doado de aprender e pode facerse absolutamente de todo para unha web.