Elaboración dun moodboard como ferramenta estratéxica para definir a marca persoal

Nun blogue, mais alá da creación de contidos, ter unha personalidade definida, no caso que nos ocupa unha identidade visual propria, axudanos a diferenciarnos dos demáis, a chegar ao noso público obxectivo e a converternos incluso nun referente no noso sector.

Ter unha identidade reconocíbel como propria identifícanos como auténticos e xenuinos e axuda a identificar fácilmente o noso traballo, por iso elaborar unha marca persoal é tan importante.

A minha proposta basease nun paso a paso para que -tomando apontes se queren, elaboremos un moodboard que nos axude a definir oestilo visual do noso blogue.

Claves para fidelizar aos teus clientes

Da igual que te dediques ao desenvolvemento web, ao marketing, ao deseño ou que vaias lanzar o proxecto do século. Sen clientes, calquera profesional, do máis grande ao máis pequeno, non é nada.

O cliente segue (e seguirá) sendo o rei e, para calquera negocio, é vital non só captalo, senón contar coa súa confianza.

Nesta charla repasaremos varios dos puntos clave que contribúen a converterte nun colaborador de confianza para o teu cliente. Dendes os pilares na comunicación ata a xestión de queixas, recalcando sempre a importancia que terán todas estas pautas no noso negocio.

WordCamp Pontevedra is over. Check out the next edition!