Esta charla reflexiona sobre a experiencia como docente de WordPress. Despois de anos ensinando a introducir a ferramenta a novatos, isto é o que aprendín. E o que sigo aprendendo:
- A confusión dos dous WordPress
 - Como instalo WordPress?
 - «É que o que quería facer eu…»
 - O ABC da web «en dúas patadas»
 - A metodoloxía «problema – busca un plugin»
 
	 
	
	
	
	
	
		
Dentro do teu fluxo de traballo realizas tarefas repetitivas que consumen unha gran cantidade de tempo e non son divertidas.
Nesta sesión explicarei os problemas existentes, exporei que alternativas existen (Grunt, Gulp, Webpack…) e explicarei como usar unha destas ferramentas para automatizar un gran número de tarefas: compilación de Sass, eliminar ficheiros, copialos no cartafol de publicacións, minificación e concatenación de CSS e JS, optimización de imaxes…
Ao final da sesión poderás automatizar todas as tarefas mundanas que adoitas realizar e dedicarte á parte creativa do teu traballo.