Chamada a patrocinadores

Queres formar parte da WordCamp de Pontevedra?

Fumos a primeira WC da nosa querida Galicia e nas dúas edicións que puidemos celebrar (2018, 2019) foron un éxito rotundo con máis de 275 asistentes.

Unha WordCamp chea de maxia, de estrelas, de polbo. Co que nos caracteriza: Alegría, bo ambiente, ser bos anfitrións, tal e como nos ensinaron as nosas avoas. 😉

WordPress é unha tecnoloxía marabillosa. A comunidade de España (e a galega), é unha das máis activas de Europa. Por iso podemos celebrar auténticas festas de WP na Facultade de Comunicación.

Obterás un nivel de visibilidade incrible na comunidade e apoias o open source para que o noso ecosistema siga medrando.

Beneficios do patrocinio

  • Un evento do que esperamos unhas 275 persoas
  • O noso grupo en meetup ten 681 membros
  • Somos o grupo galego de WordPress máis antigo (2016) pero temos comunicación e nos axudamos entre os distintos grupos de Galicia: A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo e Vigo.
  • Temos perfil de público moi variado: Desenvolvemento, marketing, creadores de contidos, tendas online.
  • Colaboramos coa Universidade de Vigo que nos apoiou dende o comezo. Por iso temos moitos estudantes da facultade de comunicación que participan como asistentes ou incluso como voluntarios.
  • Colaboramos co evento da PontUp Store, por iso facemos coincidir as nosas datas. Evento de emprendemento organizado pola Universidade e o Concello de Pontevedra. Faremos unha meetup especial este ano de emprendemento social.
  • Boa relación cos medios de comunicación locais que se fan eco do noso evento.

Paquetes de patrocinio

Teremos distintos niveis de patrocino que che darán presencia online e física para a túa empresa.

Crearemos un artigo para o blog baseado nunha entrevista, mencións en redes sociais, antes, durante y despois do evento.

Faremos un xogo de networking que permita os participantes interactuar con tódolos patrocinadores.

E por suposto, terás o teu espazo para poder falar cos asistentes. Podes repartir merchandising, poñer rollups, materiais na bolsa de benvida, proxección entre charlas, concursos ou invitacións a cea de patrocinadores e relatores.

¡Forma parte da nosa familia de Pontevedra!

Nivel ouro (1.300 € / 0 dispoñibles)

Maior nivel de patrocinio do evento e, por tanto, os que terán a maior visibilidade tanto no lugar onde se realiza a WordCamp, como na nosa web e redes sociais.

Estes serán os teus beneficios se te apuntas a este nivel:

Online

  • Aparecerá o teu logo en tamaño grande na nosa web
  • Publicaremos un amplo artigo de agradecemento na nosa web (baseado nun formulario que che pasaremos)
  • Faremos mencións especiais a través das nosas redes, antes, o inicio e o final do evento.

Offline

  • Terás unha mesa dobre para merchandising, información, demos, networking
  • Terás unha posición destacada na área de patrocinadores
  • Un logo grande será proxectado entre las sesións
  • Recibirás 3 entradas para a WordCamp Pontevedra (para os representantes da túa empresa)
  • Recibirás 3 invitacións para a cea de relatores, voluntarios e patrocinadores (para os representantes da túa empresa)
  • Poderás incluír 2 elementos na bolsa de benvida para tódolos asistentes
  • O teu logo sairá na acreditación personalizada de tódolos asistentes
  • Faremos mencións especiais tanto o inicio como o final do evento
  • Poderás facer un sorteo o final do día durante a clausura do evento
  • Poderás poñer un rollup na zona de entrada o Track Abaixo
  • Poderás poñer un rollup na zona de contribución o Día da Comunidade
  • Terás espazo para merchandising nunha mesa común o Día da Comunidade

Nivel prata (900 € / 0 dispoñibles)

Empresas grandes e medianas que queiran estar presentes en Pontevedra. Estes son os teus beneficios:

Online

  • Aparecerá o teu logo en tamaño mediano na nosa web
  • Publicaremos un amplo artigo de agradecemento na nosa web
  • Faremos mencións especiais a través das nosas redes, antes, o inicio y o final do evento.

Offline

  • Terás unha mesa estándar para merchandising, información, demos, networking
  • Un logo mediano será proxectado entre as sesións.
  • Recibirás 2 entradas para a WordCamp Pontevedra (para os representantes da túa empresa)
  • Recibirás 2 invitacións para a cea de relatores, voluntarios e patrocinadores (para os representantes da túa empresa)
  • Poderás incluír 1 elemento na bolsa de benvida para tódolos asistentes
  • O teu logo sairá na acreditación personalizada de tódolos asistentes
  • Faremos mencións especiais tanto o inicio como o final do evento
  • Poderás poñer un rollup na zona de contribución o Día da Comunidade
  • Terás espazo para merchandising nunha mesa común o Día da Comunidade

Nivel bronce (400 € / 1 dispoñible)

¿Pequena empresa con GRAN corazón? Este e o teu nivel de patrocinio. E estes son os teus beneficios:

Online

  • Aparecerá o teu logo en tamaño pequeno na nosa web
  • Publicaremos un artigo de agradecemento na nosa web cos demais patrocinadores bronce
  • Recibirás varias mencións nos nosos tuits e actualizacións de Facebook

Offline

  • Un logo pequeno será proxectado entre as sesións
  • Recibirás 1 entrada para a WordCamp Pontevedra
  • Terás espazo para merchandising nunha mesa común de patrocinadores durante o evento
  • Terás espazo para merchandising nunha mesa común o Día da Comunidade

Patrocinios especiais:

Polbeiro (1.200 € / 0 dispoñible)

Despois da despedida celebramos a nosa tradicional after party. Un momento marabilloso para compartir e falar, e que mellor que acompañado dun autentico «polbo a feira». Unha marabilla da nosa gastronomía e que se converteu nun símbolo indiscutible da WordCamp de Pontevedra (¡incluso o temos o noso Wapuu!).

Se a túa empresa lle apetece ser a raíña final da festa, colocar un rollup na zona de networking, aparecer nos agradecementos da nosa web e redes sociais e recibir o cariño da xente, o patrocinio Polbeiro é o teu aliado. Escríbenos a pontevedra@wordcamp.org se queres máis información ou estás interesado nel para confirmalo. ¡Graciñas!

Polos nenos e nenas (400 € / 0 dispoñible)

Sabemos que a conciliación familiar e moi complexo na sociedade actual. En Pontevedra intentamos axudar as familias con nenos e nenas, para que poidan asistir o evento e seus fillos non morran de aburrimento nas charlas 😉

Por iso, contratamos a profesionais que poidan coidar e facer actividades cos máis pequenos da casa (¡nova xeración de WordPressers!).

O igual que co polbo, é un patrocinio especial: Se a túa empresa lle apetece patrocinar esta iniciativa, colocar un rollup na zona de networking, aparecer nos agradecementos da nosa web e redes sociais e recibir o cariño dos pais, escríbenos a pontevedra@wordcamp.org se queres máis información ou estás interesado nel para confirmalo.

Volver

Mensaje enviado

Warning
Warning
Warning
Warning
Warning
Warning
Warning
Warning
Warning
Warning.

WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!