Ai Deus, 100 relatorios!
Como realizamos a selección? A quen descartamos? Que relatorio é mellor? Que non pode faltar?…
Esas foron algunhas das preguntas que se nos pasaron pola cabeza!
Porque algo que a priori parece sinxelo. Cando queres facer un programa equilibrado, que aposte pola diversidade e que deixe a todos satisfeitos. Cárgaste dunha gran responsabilidade, de numerosas dúbidas e de esgotadores debates mentais.
Non é doado escoller cousas interesantes, diferentes e que non estean publicadas en WordPress.tv (polo menos, polo relator seleccionado).
Así se fan as cousas neste lado do Atlántico
Fomos conscientes dende o principio que non podíamos seleccionar a todo o mundo. Polo que tiñamos que elexir, e decidir con qué charlas nos quedabamos e cáles descartabamos. Aínda que sinceramente, non quixeramos facer esa labor…
E como sempre que non apetece facer algo, o mellor é crear un aliciente. O mellor xeito era reunirnos e motivarnos grazas a unha boa churrascada. Ó lado dun pequeño lume a modo de montañistas.
E xa fose polo día caloroso ou pola tensión do momento, comezamos a suar moito. Tanto, que tivemos que mitigalo cunhas boas cervexas frequiñas!
Así que, con forzas e ánimos, grazas á boa comida e refrescante bebida, comezamos.
Primeiro, «os imprescindibles»… os temas dos que queremos que se fale sempre nunha WordCamp. Por suposto, WordPress (plugins, temas técnicos, avanzados, medios…), tamén algo de Marketing. Que no falten temas relacionados con Deseño e Marca personal!… Ben, algo tiñamos xa claro!
Pero ademais do tema, a que deberiamos dar prioridade?
Aí tiñamos diversidade de opinións. Uns deciamos que tiñan que estar «os de sempre», eses que a xente quere ver e que seguen de maneria incondicional. Outros deciamos que tiñan que entrar caras novas, dar unha oportunidade a xente descoñecida para que se faga un hoco…
Finalmente, nin unha cousa nin a outra. Fixámonos máis ben, no contido dos relatorios. O raro, o interesante, o diferente, foi o elexido.
E o complementario. Era importante non repetir contido, ter relatorios para todos os públicos, avanzados, medios, principiantes, e para todos os gustos.
Coma se foran pezas dun quebracabezas que tivesen que encaixar, ou cromos que intercambiar para conseguir ós mellores, cambiabamos de opinión intentado chegar a un consenso.
Ai! Xa estaría así, eran os relatorios correctos?
Meditalo coa almofada
Logo de moitas horas de debate e negociacións. Necesitabamos pensalo de novo, e máis opinións…
Volvemos facer unha selección de relatorios por separado, pero esta vez, cada un dende a súa casa. Na súa comodidade, reflexionando en silencio… e sumamos á selección a aqueles que non puideran estar presencialmente na churrascada.
Tras esa elección por separado, volvemos a poñelo en común. Oh, sorpresa!, xa estaba. Máis ou menos fixeramos unha selección similar. Coincidimos na nosa quiniela! Agora tiñamos que comunicar que xa estaba a selección feita.
A decisión final
Que ilusión facelo!
Foi un proceso complicado porque había moito e bo onde elexir. E baixo presión ó recibir a cantidade (avalancha) de todos vós comentando a gaña que tedes de ser relatores na WordCamp Pontevedra 2022.
Pero a veces, que a túa charla sexa escollida ou non, non depende de ti, de que o teu relatorio non sexa bo ou non interese. Senón, da competencia, dos outros relatorios que se presentaran. Do tema que escolleras ou do formato/duración e se hai outros similares ou non.
Por iso, se non saíchedes escollidos esta vez, animámosvos a presentarvos para próximas WordCamps, a ver se hai máis sorte!
Dende a organización pensamos que vai a ser unha pasada. Compartir coñecemento, momentos de relax e compañerismo é algo que nos encanta, e que mellor sitio que con xente da comunidade de WordPress!
Por iso, relator ou non, vémonos na WordCamp! Consulta o programa para saber qué charlas foron as elexidas.