David Viña

A visión de David Viña da PonteWordCamp

No 2019, asistín a esta mesma WordCamp como relator. Eu estaba en caída libre, e esa WordCamp cambiou a miña vida, laboralmente falando. Obviamente, a base de moito curro posterior, pero de ahí saiu a semilliña. Polo que para mín PonteWordCamp é algo moi especial, mire por onde o mire. Non podo ser obxetivo, que queres que che diga. 

O día que Wajari comentoume «oiches, qué che parece axudar como organizador para a WordCamp do 2022?». Pois faltáronme segundos para decir «Siiii». Fíxome unha ilusión que non vexas. «Ilusión por currar e dalo callo sen cobrar?», estarás pensando. Pois sí. É algo que con palabras non se pode describir. Hai que vivilo. Aparte, que é o mínimo que eu podía facer despois de todo o recibido.

Logo chegou o día do reparto de tarefas e tocume facer a web. Qué alegría me levei cando me aceptan a proposta de usar o Full Site Editing para intentar simular unha web multiidioma! E o que aprendín no camiño xa nin che conto. Temos un artigo onde detallo máis todo isto. Estou moi orgulloso de conseguir crear a web da WordCamp co Full Site Editing e cun resultado mellor do esperado. Non me metera moito con iso, e isto fíxome aprender un lote de cousas relacionadas con el FSE. Non só axudei a crear a web, non só devolvín un poquiño desa deuda que teño con esta comunidade, senón que ainda por riba, aprendes. Qué máis podes pedir?

Outra cosiña na que estiven currando foi en traducir varias páxinas e artigos e ata disto podo sacar cousas positivas porque puiden mellorar o meu galego (acostumo a falar «gastrapo» 😜)

Pero o mellor de todo, e con moita diferencia do anterior, é o curro en equipo tan guapo que se fixo. Alguén pódese imaxinar unha empresa na que o xefe diga hai que facer isto e sobren empregados para iso? Pois eso é o que pasou con este maravilloso equipo de voluntarios que o meu gran amigo Wajari montou. É unha pasada a unidade, a xenialidade a hora de propoñer iniciativas e as ganas de currar que ten esta xente. E non podo estar máis orgulloso de decir que eu fun un dos organizadores de WordCamp Pontevedra 2022. De ahí me levo AMIGOS, dos bos. Dos que fan que se che enchen os ollos de lágrimas o ver as fotos que o gran Nilo nos quitou. 

E non podo olvidarme dos voluntarios. Que gozada ver a xente currar con esa alegría un sábado as 9 da mañá!

En resumen. 

  • Mil gracias a tódolos compañeiros da organización por aceptarme coma un máis.
  • Mil gracias a tódolos voluntarios por facilitarme a vida o día do evento. 
  • Mil gracias a tódolos relatores por esas pedazos charlas e tanto coñecemento compartido. Moita info aínda por absorber 😅.
  • E mil gracias a tódolos asistentes por facer desta WordCamp, un evento cheo de ilusión. 

Vémonos o ano que ven 👋


WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!