Camiseta da WordCamp 2022 e a bata galega

Xa está todo en marcha para que un ano máis poidas ter unha camiseta conmemorativa de nosa WordCamp. Igual de chulas ca outros anos, aínda que lles fixemos un pequeno cambio que agardamos que vos guste.

Unha peza indispensable para os coleccionistas, e un recordo de todo o que vivirás estes días.

Ademais, este año temos unha novidade!

En Pontevedra sempre nos gusta dar o noso toque persoal e de identidade a todo. Que a nosa esencia e o que nos fai únicos se reflicta en cada elemento da WordCamp.

E de que se trata?

Seguro que cando foches a unha WordCamp ou evento fixaríaste que a organización leva unhas camisetas diferentes, ou algún elemento distintivo para que poidas recoñecelos.

Na PonteWordCamp 2022, se precisas localizar a alguén da organización, busca a quen leve posta unha bata galega.

A bata galega

Acostumados a vivir e traballar en internet, ás veces, esquécesenos que a vida real, é todo aquilo que nos rodea.

A pandemia fixo que nos metésemos nas nosas casas, e que a familia, o fogar e o rural volvesen ter a importancia de antano.

Na Galicia rural debido ó minifundio e a economía de subsistencia, a figura da muller é esencial á hora de administrar a economía familiar e xestionar os recursos. É unha axuda imprescindible que o mesmo sacha que marisquea, polo que non nos sorprende ver a unha octoxenaria coidando dos animais ou carrexando leña.

Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, leva anos convertendo ás nosas avoas rurais en súper heroínas dotándoas de poderes sobrehumanos a través do arte urbano, en edificios coma os da imaxe que ilustra esta publicación. Rendindo así, unha homenaxe á muller coma figura crucial na nosa sociedade.

Estas mulleres multitarefa diferéncianse do resto de heroes polo seu traxe, único e exclusivo dos mercadillos galegos, o mandil ou bata de cuadros. Un elemento icónico da nosa terra porque case todas as mulleres do rural úsano como roupa de traballo a diario.

Desde a organización da WordCamp, sentímonos moi identificados con estas mulleres polifacéticas, que co seu traballo desinteresado, encárganse de que ós demais non lles falte de nada.

Benvidos ó nosos fogar!

Organizar unha WordCamp é un traballo arduo, sen horarios, que realizas de forma voluntaria, só por axudar dentro das túas posibilidades, e así conseguir que todo saia ben. Un traballo que pode pasar desapercibido para quen non organizou nunca unha WordCamp, e pouco valorado ou recoñecido, ás veces.

Por iso, quixemos facer nós tamén, unha homenaxe a todas estas heroínas e utilizar o seu uniforme de traballo para recibirvos como se fose o noso fogar.

Esta vestimenta que a algúns lles pode parecer de “Maruxas”, un disfraz, pero que para nós reflicte o amor por as nosas nais e avoas. Pola nosa cultura e Tierra. E que representa o traballo e esforzo de todos os organizadores e voluntarios.

Vémonos na WordCamp, onde te recibiremos cos brazos abertos coma a un máis desta gran familia!


Una respuesta a “Camiseta da WordCamp 2022 e a bata galega”

WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!