Queres formar parte da WordCamp de Pontevedra?
Fumos a primeira WC da nosa querida Galicia e nas dúas edicións que puidemos celebrar (2018, 2019) foron un éxito rotundo con máis de 275 asistentes.
Unha WordCamp chea de maxia, de estrelas, de polbo. Co que nos caracteriza: Alegría, bo ambiente, ser bos anfitrións, tal e como nos ensinaron as nosas avoas. 😉
WordPress é unha tecnoloxía marabillosa. A comunidade de España (e a galega), é unha das máis activas de Europa. Por iso podemos celebrar auténticas festas de WP na Facultade de Comunicación.
Obterás un nivel de visibilidade incrible na comunidade e apoias o open source para que o noso ecosistema siga medrando.
Beneficios do patrocinio
- Un evento do que esperamos unhas 275 persoas
 - O noso grupo en meetup ten 681 membros
 - Somos o grupo galego de WordPress máis antigo (2016) pero temos comunicación e nos axudamos entre os distintos grupos de Galicia: A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo e Vigo.
 - Temos perfil de público moi variado: Desenvolvemento, marketing, creadores de contidos, tendas online.
 - Colaboramos coa Universidade de Vigo que nos apoiou dende o comezo. Por iso temos moitos estudantes da facultade de comunicación que participan como asistentes ou incluso como voluntarios.
 - Colaboramos co evento da PontUp Store, por iso facemos coincidir as nosas datas. Evento de emprendemento organizado pola Universidade e o Concello de Pontevedra. Faremos unha meetup especial este ano de emprendemento social.
 - Boa relación cos medios de comunicación locais que se fan eco do noso evento.
 
Paquetes de patrocinio
Teremos distintos niveis de patrocino que che darán presencia online e física para a túa empresa.
Crearemos un artigo para o blog baseado nunha entrevista, mencións en redes sociais, antes, durante y despois do evento.
Faremos un xogo de networking que permita os participantes interactuar con tódolos patrocinadores.
E por suposto, terás o teu espazo para poder falar cos asistentes. Podes repartir merchandising, poñer rollups, materiais na bolsa de benvida, proxección entre charlas, concursos ou invitacións a cea de patrocinadores e relatores.
¡Forma parte da nosa familia de Pontevedra!
Nivel ouro (1.300 € / 0 dispoñibles)
Maior nivel de patrocinio do evento e, por tanto, os que terán a maior visibilidade tanto no lugar onde se realiza a WordCamp, como na nosa web e redes sociais.
Estes serán os teus beneficios se te apuntas a este nivel:
Online
- Aparecerá o teu logo en tamaño grande na nosa web
 - Publicaremos un amplo artigo de agradecemento na nosa web (baseado nun formulario que che pasaremos)
 - Faremos mencións especiais a través das nosas redes, antes, o inicio e o final do evento.
 
Offline
- Terás unha mesa dobre para merchandising, información, demos, networking…
 - Terás unha posición destacada na área de patrocinadores
 - Un logo grande será proxectado entre las sesións
 - Recibirás 3 entradas para a WordCamp Pontevedra (para os representantes da túa empresa)
 - Recibirás 3 invitacións para a cea de relatores, voluntarios e patrocinadores (para os representantes da túa empresa)
 - Poderás incluír 2 elementos na bolsa de benvida para tódolos asistentes
 - O teu logo sairá na acreditación personalizada de tódolos asistentes
 - Faremos mencións especiais tanto o inicio como o final do evento
 - Poderás facer un sorteo o final do día durante a clausura do evento
 - Poderás poñer un rollup na zona de entrada o Track Abaixo
 - Poderás poñer un rollup na zona de contribución o Día da Comunidade
 - Terás espazo para merchandising nunha mesa común o Día da Comunidade
 
Nivel prata (900 € / 0 dispoñibles)
Empresas grandes e medianas que queiran estar presentes en Pontevedra. Estes son os teus beneficios:
Online
- Aparecerá o teu logo en tamaño mediano na nosa web
 - Publicaremos un amplo artigo de agradecemento na nosa web
 - Faremos mencións especiais a través das nosas redes, antes, o inicio y o final do evento.
 
Offline
- Terás unha mesa estándar para merchandising, información, demos, networking…
 - Un logo mediano será proxectado entre as sesións.
 - Recibirás 2 entradas para a WordCamp Pontevedra (para os representantes da túa empresa)
 - Recibirás 2 invitacións para a cea de relatores, voluntarios e patrocinadores (para os representantes da túa empresa)
 - Poderás incluír 1 elemento na bolsa de benvida para tódolos asistentes
 - O teu logo sairá na acreditación personalizada de tódolos asistentes
 - Faremos mencións especiais tanto o inicio como o final do evento
 - Poderás poñer un rollup na zona de contribución o Día da Comunidade
 - Terás espazo para merchandising nunha mesa común o Día da Comunidade
 
Nivel bronce (400 € / 1 dispoñible)
¿Pequena empresa con GRAN corazón? Este e o teu nivel de patrocinio. E estes son os teus beneficios:
Online
- Aparecerá o teu logo en tamaño pequeno na nosa web
 - Publicaremos un artigo de agradecemento na nosa web cos demais patrocinadores bronce
 - Recibirás varias mencións nos nosos tuits e actualizacións de Facebook
 
Offline
- Un logo pequeno será proxectado entre as sesións
 - Recibirás 1 entrada para a WordCamp Pontevedra
 - Terás espazo para merchandising nunha mesa común de patrocinadores durante o evento
 - Terás espazo para merchandising nunha mesa común o Día da Comunidade
 
Patrocinios especiais:
Polbeiro (1.200 € / 0 dispoñible)
Despois da despedida celebramos a nosa tradicional after party. Un momento marabilloso para compartir e falar, e que mellor que acompañado dun autentico «polbo a feira». Unha marabilla da nosa gastronomía e que se converteu nun símbolo indiscutible da WordCamp de Pontevedra (¡incluso o temos o noso Wapuu!).
Se a túa empresa lle apetece ser a raíña final da festa, colocar un rollup na zona de networking, aparecer nos agradecementos da nosa web e redes sociais e recibir o cariño da xente, o patrocinio Polbeiro é o teu aliado. Escríbenos a pontevedra@wordcamp.org se queres máis información ou estás interesado nel para confirmalo. ¡Graciñas!
Polos nenos e nenas (400 € / 0 dispoñible)
Sabemos que a conciliación familiar e moi complexo na sociedade actual. En Pontevedra intentamos axudar as familias con nenos e nenas, para que poidan asistir o evento e seus fillos non morran de aburrimento nas charlas 😉
Por iso, contratamos a profesionais que poidan coidar e facer actividades cos máis pequenos da casa (¡nova xeración de WordPressers!).
O igual que co polbo, é un patrocinio especial: Se a túa empresa lle apetece patrocinar esta iniciativa, colocar un rollup na zona de networking, aparecer nos agradecementos da nosa web e redes sociais e recibir o cariño dos pais, escríbenos a pontevedra@wordcamp.org se queres máis información ou estás interesado nel para confirmalo.
