Todos temos cousas que nos interesa contar
Encántanos as persoas dinámicas, activas e que non teñen reparo para contar as súas experiencias, que lles encanta compartir os seus coñecementos e que poden crear un contido práctico para toda a comunidade WordPress.
Seguro que ti es unha desas persoas, e estamoste esperando cos brazos abertos.
Só falta que te apuntes e nos digas a túa proposta para esta ocasión da WordCamp Pontevedra 2022.
Estamos na procura de charlas resultonas, diferentes, divertidas que aparte de amosarnos o que sabes, parezanos interesante e que toda a comunidade poida aprender algo, xa estás pensando qué propoñernos?
Cóntanos COMO O FAS, podes mandar exemplos doutras charlas túas, aínda que no é precisa a experiencia.
Envíanos a túa páxina web, as túas redes sociais, algún contido con que poidamos coñecerte un pouco, aínda que o contido final da tua charla non sexa ese, podemos ver se es un posible relator para a WordCamp Pontevedra 2022.
Recorda que é unha gran oportunidade
Todo gran poder, conleva unha gran responsabilidade.
Xa non só estamos falando da experiencia que é facer unha charla presencial fronte a centos de persoas.
O feito de estar rodeado de moitas persoas coma ti, que tamén son relatores, asistentes ou voluntarios e que buscan compartir uns días divertidos, animados e de moito coñecemento.
Para poder realizar unha charla ou un taller só necesitarás:
- Ganas de achegar valor e boas vibracións as demais (isto é o que nos move a organizar a WordCamp).
- Prepararte (ben) o relatorio.
- Estar en Pontevedra os días do evento e concretamente a hora que lle toque a túa charla.
- A maiores… o que nos queiras ensinar, si queres axudarte dunha presentación, estupendo, se os fas ti con máis compis, por que non? avísalles e que veñan.
Que temáticas nos gustan?
WordPress, WordPress ahhh e WordPress…
É obvio, non?
Estamos nun evento relacionado con WordPress e para a comunidade de WordPress, pero dentro deste marco ten sitio para moitas cousas e moitas temáticas, podes falarnos de:
- Marketing
- Marca persoal
- Redes sociais
- Accesibilidade
- SEO
- Analítica web
- Comercio electrónico
- Formación
- Podcasting
- Hosting
- Comunidade WordPress / Open Source
- Seguridade / WPO
- Negocios dixitais
O noso obxectivo é escoller relatorios dinámicos, o máis prácticas posibles e que os asistentes acaben con ganas de probar cousas novas, novos plugins, etc.
Tamén nos gustan as charlas experenciais, consideramos que ainda que cada un ten que caer nos erros propios, dos erros dos demais e dos seus éxitos, tamén se aprende.
Que formatos teremos?
Na WordCamp Pontevedra, teremos dous formatos de charlas:
- Charlas cortas ou micro taller: estas charlas serán de 10 minutos, onde poderás expoñer o que queiras, co formato que ti desexes. Os asistentes poderán facerche preguntas, pero si, farano no corredor se lles causaches interese, que seguro así ocorre.
- Charlas longas ou mini taller: estas charlas serán de 25 minutos, 20 minutos para o relator, 5 minutos para as preguntas dos asistentes
Que máis temos que dicirche? Ah si, cousas importantes!
Non se aceptará ningunha charla que sexa comercial, está ben que nos fales dun plugin, da túa forma de facer as cousas, da túa experiencia como marca persoal, pero sempre contándonos algo que nos achegue valor.
Isto non quere dicir que non poidas falar na túa charla de produtos comerciais, todos sabemos a diferencia entre unha reseña e un publireportaxe.
Na túa presentación só pode aparecer unha páxina cos datos de contacto.
Hai que respectar o espírito de WordPress e a súa licenza GPL.
O idioma da charla debe ser preferentemente castelán ou galego.
Se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco sen ningún compromiso.
NOTA: Recorda que tódolos relatores de tódalas WordCamp do mundo son voluntarios. Ningún relator, organizador ou voluntario cobra nada. Todos achegamos o noso granito de area para que eventos como este salgan adiante. Así poderemos difundir o coñecemento alá onde haxa unha comunidade.
Datas para presentar a túa proposta de charla.
A data tope para presentar a túa proposta é o 8 de xullo do 2022 PRORROGADO AO 10 de xullo do 2022 as 23:59.
Non deixes pasar a oportunidade de participar na WordCamp Pontevedra 2022 (e por fin, presencial).
Prazo de presentación rematado
Se desexas probar sorte e propoñer varios temas, debes cubrir un formulario por cada un deles.