As novas versións de WordPress son unha rotura de paradigmas en canto ó desenvolvemento do noso CMS.
Co lanzamento da Edición Completa do Sitio (Full Site Editing) se o teu tema é compatible, todas as partes da túa web poden ser implementadas visualmente con bloques.
Desaparece o personalizador e, a cambio, aparece un editor onde podes modificar todos os padróns de deseño do teu sitio. Cambio que se consolidou co lanzamento de WordPress 6.0.
Falamos con David Viña, desenvolvedor WordPress e organizador da WordCamp de Pontevedra, que fixo a web do evento (esta que estás a ler!) coa edición completa do sitio.
Analizamos as vantaxes e desvantaxes, en qué punto nos atopamos e cómo podemos sacar proveito desta nova forma de facer webs.
Ademais puidemos falar con David da súa curiosa historia persoal, profesional e cómo chegou á comunidade de WP. Grande, David! ❤️
Outras ligazóns mencionadas no episodio:
- Cómo probar a edición completa do sitio (documentación oficial)
- Blog de Rich Tabor que fala sobre o FSE (en ingles)
Una respuesta a “David Viña e a edición completa do sitio (FSE)”
[…] queres saber máis cousiñas sobre o FSE e como creamos a web, aquí tes o directo que fixemos ó […]