Entradas para a
WordCamp Pontevedra 2022
Que inclúe a miña entrada?
A entrada darache acceso a todas as actividades dos días 24 e 25 de setembro: ás conferencias do sábado (haberá dous tracks con charlas de todos os niveis, que detallaremos no programa) e máis ó Día da Comunidade ou o Día do Contribuínte que se levará a cabo o domingo.
Inclúe o xantar durante o evento, tanto o sábado coma o domingo. Así como café / té / auga durante as pausas previstas pola mañá e pola tarde.
Tamén vale para asistir na noite do sábado á after party (ou festa rachada), onde poderás tomar algo de maneira distendida con outros asistentes. E, por riba, levarás unha camiseta conmemorativa da WordCamp Pontevedra 2022 (elixe o teu talle cando compres a entrada), unha acreditación personalizada… e algunha outra sorpresa!
A inscrición ó do_action é diferente á entrada xeral. Podes inscribirte gratuitamente aquí.
Tipos de entrada
- Entrada WordCamp Pontevedra
Acceso a todas as charlas e obradoiros do sábado, acceso ao Día do Contribuínte do domingo e outras actividades. Así como comidas, cafés e algunhas sorpresas máis.
Importante: antes de mercar
- Estudas ou impartes clase na Universidade de Vigo? Dispoñemos dun desconto do 60 % para as primeiras 55 entradas mercadas por persoas que pertencen a esta comunidade e que o acrediten, ficando o prezo en 10 €. Contacta connosco para xerar un cupón personalizado.
- Queres intervir como relator, voluntario ou patrocinador? Agarda un pouquiño antes de sacar a túa entrada. Se saes seleccionado, sairache de balde.
- Empregamos o sistema Gravatar para amosar a foto ou avatar dos asistentes na páxina de asistentes. Se che gustaría que aparecese a túa foto na lista e maila acreditación personalizada, tan só tes que crear unha conta e asignar o teu avatar ou foto ó correo electrónico que uses para comprar a entrada.
- AUTORIZACIÓN: Polo ben da comunidade e con fins promocionais, teremos voluntarios e/ou fotógrafos profesionais na WordCamp Pontevedra 2022. Ó participares no evento, autorízanos a usar a túa imaxe se apareces nas fotos ou nos vídeos que se poidan tomar e dean conta da túa participación na WordCamp.