Se es unha persoa previsora, de esas que lles gusta organizar as súas viaxes con moita antelación e deixar todo atado. Seguramente, xa terás onde hospedarte durante a WordCamp Pontevedra.
Pero para todos aqueles que deixan as cousas ata o último momento, que estiveron ocupados con outros asuntos, ou que lles gusta improvisar, aquí vos deixamos algunhas recomendacións.
Hoteis, hostais, albergues…
Pontevedra ten unha oferta de aloxamento variada e adaptada a todos os prezos. Dende albergues e hostais, frecuentados polos peregrinos que seguen o Camiño de Santiago, a hoteis céntricos, ou incluso o parador da ciudade. Polo que podes elexir a que mellor se adapte ós teus gustos, necesidades ou orzamento.
Aínda que a WordCamp celébrase no Campus Universitario, as distancias en Pontevedra son curtas. Por iso, podes buscar aloxamento en calquera zona, ou no casco vello, e desprazarte comodamente a pé ata o lugar no que se celebran as actividades. Mentres paseas polas súas rúas disfrutando de todo o que ten que ofrecer a capital das Rías Baixas.
Deixámosvos un mapa no que visualizar hoteis e distancias, o a súa ubicación.
Onde caben 2 caben…
Se vés en familia ou coñeces a máis participantes da WordCamp cos que queres compartir gastos e espazo. A opción de hotel igual non é a máis idónea. Polo que podedes probar cos pisos e demás aloxamentos ofertados a través de plataformas como Airbnb.
Ou pode que queiras aproveitar a viaxe para quedarte uns días, coñecer a zona ou a nómadas dixitais. Nese caso, podes contactar con Anceu coliving e enterarte da dispoñibilidade para esas datas. Ademais de colaborar con nós no Do_action, é un sitio perfecto no que hospedarse para cambiar de aires e conectar coa Natureza, mentres mantés o teu traballo ó día.
Non atopei nada libre!
E por último, a opción máis económica. Se tes algunha amizade en Pontevedra ou na contorna, se coñeces a algún dos organizadores, seguro que se lles preguntas estarán encantados de deixarche un sofá no que recargar pilas.
Recorda que vas estar máis tempo na WordCamp que no aloxamiento que elixas. Así que, non te agobies se non atopas o que che gustaría. Ó fin e ó cabo, é un sitio no que vas estar unhas poucas horas.
Despois de todas estas posibilidades que che comentamos, é imposible que non veñas porque non tes ónde quedarte. Así que, compra xa a túa entrada, e vémonos na WordCamp!
Una respuesta a “Onde aloxarse en Pontevedra?”
[…] da PonteWordCamp 2022, pode que xa esteas en modo maletas. Se é así, seguro que xa tes listo o aloxamento (ou case), e o seguinte que pode que te plantexes é, qué se pode comer en […]