A percepción visual e a memoria: cómo gañar na web grazas a unha mellor comunicación visual

Todos sabemos que temos só 3 segundos para gañar a atención de quen visite a nosa páxina web. Non é moito tempo en absoluto, pero hai esperanza aínda! Todos podemos gañar na web, aprendendo como utilizar mellor as fortalezas e limitacións do cerebro humano.

O coñecemento de cómo o cerebro humano procesa a información visual pódenos proporcionar unha grande axuda na conquista dos nosos visitantes, facendo que poidamos levalos a onde queremos en vez de que se perdan para sempre no cyberspace.

O entender cómo o cerebro humano interpreta as estimulacións visuais fai que creamos deseños e ilustracións que comunican ben as nosas mensaxes, e que son eficaces tanto a nivel cognitivo como emocional.

O resultado será unha mellor experiencia de usuario, e mellor conversións e ventas para os nosos clientes.

Esta charla propón unha breve introdución a estes fascinantes temas, con exemplos prácticos que acompañan á teoría.


WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!