Contidos e marca: como manter a coherencia visual

A idea do relatorio é explicar, utilizando un caso real, como aplicar a identidade dun proxeto aos distintos contidos dixitais.

Utilizando unha identidade básica que fixen, darei consellos prácticos e ensinarei exemplos do que compre ter en conta para crear contidos que, máis ou menos, sigan unha mesma liña gráfica cando non hai un profesional contratado que se ocupe diso.

Non é un taller nin quero que o sexa 😀 <3

Poño nivel medio porque non vou explicar ferramentas nin como utilizalas nin principios de deseño nin estratexia de contidos. É para xente que ten idea dos contidos que fan falla nun proxecto, que sabe utilizar programas básicos de deseño, e que, en xeral, sabe como vai un pouco a cousa.

Ponente


Publicado el

en

por

Etiquetas:

WordCamp Pontevedra 2023 is over. Check out the next edition!