#PonteWordCamp
20/22 de setembro de 2024
Emprende con WordPress




FORMACIÓN, NETWORKING E COMIDA
á galega

Tras catro edicións de éxito, este ano celebraremos un evento de tres días centrado en WordPress como ferramenta fundamental para calquera proxecto de emprendemento.
Sabemos que o proceso de identificar oportunidades, innovar, ou reinventarse, é un arduo camiño cheo de riscos e adversidades, por iso queremos apoiar a autónomos e emprendedores a consolidar os seus negocios.
Como se fose unha peregrinación a un lugar no que atoparás ferramentas, coñecementos e aliados cos que impulsar, potenciar, ou escalar o teu proxecto. Vivirás unha experiencia única na que recargar enerxía, encherte de inspiración, e fortalecer a túa rede de contactos.
Un punto de encontro aberto a todos os que queiran coñecer xente nun ambiente relaxado e festivo, compartir coñecementos e experiencias, e aprender os uns dos outros.
Se che gusta WordPress, tes un proxecto de emprendemento, unha web, un blog, traballas en algo relacionado co mundo dixital, ou simplemente queres descubrir cómo é unha WordCamp, non te podes perder esta gran celebración.

Anímate a participar! Esperámoste do 20 ó 22 de setembro na Facultade de Comunicación de Pontevedra.
Participa na WordCamp Pontevedra 2024
WordCamp Pontevedra é un evento sen ánimo de lucro organizado por membros da Comunidade de WordPress en Galicia de xeito desinteresado.
Un percorrido de meses que non se podería levar a cabo sen a participación e colaboración de moitas persoas que se converten en pezas indispensables do noso equipamento.

Patrocinadores
Axúdanos cos gastos do evento, e apoia o Open Source e os seus valores para que o noso ecosistema siga medrando.

Ponentes
Inspira ou axuda a outras persoas compartindo a túa experiencia e coñecementos nun ambiente moi receptivo e participativo.

Voluntarios
Bótanos unha man con algunhas tarefas, e coñece todo o que hai detrás dun evento así, coma un membro máis do noso equipo.

Asistentes
Accede ás actividades, conecta cos demais, repón forzas coa nosa comida tradicional, e faite co pack de benvida mercando a túa entrada.
Localización
A WordCamp Pontevedra celebrarase na Facultade de Comunicación no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Dirección: Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 – Pontevedra
Necesitas máis información?
Se aínda non tes claro se este gran evento é para ti e precisas máis datos, podes consultar a seguinte información:
Últimas novas
Subscríbete ó noso blog
Entérate de todo o que estamos a facer para que este evento sexa inesquecible.