Entradas

Coa túa entrada ademais de colaborar cos gastos do evento estarás apoiando o open source. Un prezo moi reducido para que sexa accesible para calquera, gracias por suposto, ós nosos patrocinadores e as súas aportacións para que isto sexa posible.

Merca a túa entrada e non te perdas un evento único no que vivir unha experiencia enriquecedora tanto a nivel profesional como persoal.

Agardamos por ti, para aprender, compartir e divertirnos xuntos!

Foto de churrasco e criollos na grella mentres os cociñan

A entrada da acceso a todas as actividades dos días 21 e 22 de setembro.

Por un lado, ás conferencias do sábado e, por outro, o Día da Comunidade ou Contributor day, o domingo.

Están incluídas todas as comidas destes días. O xantar do sábado e do domingo. Así como café / infusións/ auga durante as pausas do evento, que se realizarán pola mañá e pola tarde. E o polbo ó rematar as conferencias do sábado!

Tamén poderás acudir á after party (ou festa rachada) do sábado pola noite, onde tomar algo de forma máis distendida con outros asistentes ó evento.

Ademais, inclúe unha acreditación personalizada… e algunha sorpresa máis!

E se queres podes engadir o pack de benvida (camiseta conmemorativa e bolsa de algodón reciclado) para empregar durante o evento ou gardar de recordo.

IMPORTANTE: A inscrición ás actividades do venres 20, é diferente á entrada xeral. Esa actividade é GRATIS e podes inscribirte na seguinte ligazón: Taller de WordPress e do_action.

  • Es estudiante ou profesor da Universidade de Vigo? Temos un desconto do 60 % para as primeiras 55 entradas de persoas desta comunidade que o acrediten, quedando o prezo da entrada en 10€Contacta con nós para que xeremos o teu cupón personalizado. Só tes que enviarnos os teus datos e unha acreditación de que formas parte da comunidade universitaria.
  • Queres optar a ser relatorvoluntario ou patrocinador? Non merques aínda a túa entrada. Se resultas seleccionado, a asistencia será de balde para ti.
  • Os menores non precisan mercar entrada. Pero se queres utilizar o servizo de ludoteca, reserva a túa praza canto antes.
  • Utilizamos o sistema Gravatar para mostrar a foto ou avatar dos asistentes na páxina de asistentes. Se queres que a túa foto apareza no listado e na túa acreditación personalizada, abonda con crear unha conta e asignarlle o teu avatar ou foto ó correo electrónico que utilizarás para adquirir a túa entrada.
  • AUTORIZACIÓN: Polo ben da comunidade e con fins de promoción, haberá voluntarios e/ou fotógrafos profesionais na WordCamp Pontevedra 2024. Ó acudir o evento autorizas a utilización da túa imaxe se apareces en fotos ou vídeos que se poidan tomar que mostren a túa participación na WordCamp.
Este evento finalizou.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta