Dentro do teu fluxo de traballo realizas tarefas repetitivas que consumen unha gran cantidade de tempo e non son divertidas.
Nesta sesión explicarei os problemas existentes, exporei que alternativas existen (Grunt, Gulp, Webpack…) e explicarei como usar unha destas ferramentas para automatizar un gran número de tarefas: compilación de Sass, eliminar ficheiros, copialos no cartafol de publicacións, minificación e concatenación de CSS e JS, optimización de imaxes…
Ao final da sesión poderás automatizar todas as tarefas mundanas que adoitas realizar e dedicarte á parte creativa do teu traballo.