Que comer en Pontevedra?

A poucos días do inicio da PonteWordCamp 2022, pode que xa esteas en modo maletas. Se é así, seguro que xa tes listo o aloxamento (ou case), e o seguinte que pode que te plantexes é, qué se pode comer en Pontevedra.

A gastronomía pontevedresa non che defraudará!

Tes que saber que Pontevedra é unha cidade coñecida por un famoso dito popular: “Pontevedra é boa vila, da de beber a quen pasa”.

Grazas á súa longa historia, a cidade alberga unha variada gama de establecementos e cociñas de todo o mundo. Desde a comida tradicional galega ata as comidas máis exóticas.

É que sempre hai algo que gusta a todo o mundo en Pontevedra! Ven a explorar as xoias ocultas de nosa ciudade… A gastronomía tampouco che decepcionará!

Que comes? Se a túa resposta é, de todo!

Pontevedra é unha ciudade perfecta para os amantes da comida e a boa mesa, con moitos restaurantes para elexir. Aquí tes a nosa mellor selección sobre qué comer en Pontevedra.

Comida tradicional galega e algo máis

Restaurante Pontetapas

Un menú do día moi variado e todos os pratos cunha pinta excelente”.

  • Enderezo: Rúa Real, 17, 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 986 85 36 87

Restaurante La Estafeta

Un local bonito cunha excelente terraza onde o personal é moi amable. A comida exquisita. Comida galega caseira, croquetas, bacallao, empanada e os postres caseiros”

  • Enderezo: Praza Celso García de la Riega, 4, 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 986 86 00 96

La Cámara

Unha carta na que atoparás todo delicioso. Cociña tradicional con produtos de gran calidade  e un servizo impecable nunha das prazas emblemáticas do noso casco vello”.

Bar Pitillo

Comida galega espectacular en todas as súas versións”.

  • Enderezo: Rúa Alta, 3-5. 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 665 31 13 32

Taberna Zentola

Na Taberna Zentola atoparás tapas, montaditos e tostas espectaculares”.

El Cafetín

Deliciosos pratos da carta e un menú do día imprescindible”.

Restaurante IceWolf

Tanto os pratos da carta como o menú do día deliciosos”.

Bar Estrella

Os mellores calamares á romana da cidade nun marco incomparable”.

  • Enderezo: Rúa Figueroa, 1. 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 986 84 11 94

Vinoteca Bagos

Comida galega moderna. Simplemente espectacular, os seus pratos sáense da norma con especial atención á calidade do produto”.

Bocadillos, hamburguesas e algo de picar

La Pepita Burger

Sen lugar a dúbidas as mellores hamburguesas da cidade”

Hamburguesas espectaculares para carnívoros, pero tamén opcións de entrantes e hamburguesas moi saborosas para vexetarianos ou outras dietas especiais”

Tío Gilito

Si, son bocadillos e hamburguesas!, pero que bocadillos! Elixas o que elixas da carta non te equivocarás

  • Enderezo: Rúa Ferreiros 2, 36001 Pontevedra
  • Teléfono: 986 85 43 59

Comida vegana e vexetariana

Na maioría dos locais que mencionamos atoparás opcións de cociña para vexetarianos e veganos. Aínda que tamén hai algún especializado.

La Hormiga

«O sitio é moi tranquilo e afastado do ruído do centro. A atención foi xenial e desfrutamos dunha comida tranquila. Case todos os pratos poden facelos sen gluten, así que, seguro que volverei.«

  • Enderezo: Rúa Manuel Quiroga, 18. 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 653 29 97 36

E tamén descubrirás locais que fan as delicias dos máis gourmets como é o caso de «La Quesera».

La Quesera

Sencillamente o paraíso dos queixeiros”

«Imaxínate que morres e vas ó ceo do queixo. Todo tipo de táboas e uhna carta completa de pratos con queixo, imprescindible«

  • Enderezo Rúa Manuel Quiroga, 18. 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 653 29 97 36

Cociña internacional en Pontevedra

Comida italiana

Restaurante La Tagliatella

Un carpaccio increíble, espectaculares pastas e unhas pizzas para perder o sentido”

A nosa suxestión… Proba a pizza “Bianca di foie”.

Restaurante Il Piccolo

A comida máis clásica e máis saborosa de Italia da man do gran e divertido Francesco” 

As súas pastas caseiras e os ñoquis son de morte lenta”.

Pizzas como a Emiliana ou a Vulcano transpórtante a outra dimensión”.

Un clásico da comida italiana desta cidade é “Il Piccolo”. E que debes saber que o mellor restaurante italiano de Europa está en Pontevedra”.

Restaurante Piada Romagnola

Unha orixinal maneira de comer moi san coa súa gran variedade de piadas”.

Outra boa opción para desfrutar da comida italiana.

Restaurante Mare e Monti

Cociña italiana de autor na compaña de Salvatore e Giuseppe”.

Comida italiana para paladares que buscan creatividade nos pratos e vivir unha experiencia.

Comida mexicana

El Rincón Mexicano

Xestiónano uns antigos emigrantes galegos a México, que trouxeron á súa volta unha comida auténtica e espectacular”

  • Enderezo: Rúa Nova de Arriba, 7, bajo, 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 986 11 28 20

Comida india

New Bombay Palace

Este indio está moi ben, e teñen moitos pratos vexetarianos”

  • Enderezo: Travesía Charino, 2 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 986 51 99 52

Comida xaponesa

Se es dos que prefiren a comida xaponesa deixámosche esta ligazón de Google Maps para que te poidas ubicar respecto ós restaurantes deste tipo que tes a túa disposición na cidade de Pontevedra.

Outras opcións nas aforas da cidade de Pontevedra

Granxa do Costado

Deliciosa comida tradicional galega: empanada, pementos de Padron, etc. nunha entorna inigualable”

Asador San Blas

Se es carnívoro esta parrillada é para ti. O seu prato estrela é a «costeleta grande de boi», unha delicia para os sentidos.”

  • Enderezo: Rúa de San Blas, 34, 36143 Pontevedra (con coche)
  • Teléfono: 986 84 6419

Que che pareceu o noso percorrido gastronómico?

Despois deste percorrido virtual, se aínda te preguntas qué comer en Pontevedra, que saibas que o noso polbo na WordCamp é famoso…Shhhhh

A que agardas? Fai as maletas e diríxete a España, Galicia… Pontevedra para a próxima WordCamp Pontevedra 2022. A temperatura é perfecta, a hospitalidade é incrible e a comida é doutro mundo.

Se estás interesado en apuntarte a outra gran oportunidade de facer contactos e aprender con outros, e non queres perderte nada. Non esquezas seguirnos nas redes sociais para ver a emoción e novas dos días previos.


3 respuestas a “Que comer en Pontevedra?”

WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!