Aprender, axudar, boa comida, diversión… o plan da PonteWordCamp

Xoves pola tarde. O equipo de organización empezará a cablear o auditorio da Facultade e a cargar caixas de aquí para alá para que todo estea listo.

Os voluntarios comezan a encaixar no su calendario persoal cándo poden botar unha man. Os relatores fan o último repaso á súa charla, cronómetro en man. E os asistentes intentan recopilar información sobre o qué vai pasar esta fin de semana.

E por iso, facémosvos este pequeno resumo.

Xoves ás 18:00: Meetup WordPress Vigo

Para quecer motores, a comunidade de WordPress Vigo fará a seu tradicional previo á WordCamp, aproveitando o desprazamento de grandes profesionais doutras partes de España á nosa Terra.

Será no Círculo de Empresarios de Vigo, e poderás ver a Ángel Zinsel «Hablemos sobre Elementor», e Ana Cirujano e Pablo Moratinos «Un billete a Chattanooga»

Tedes máis información e o xeito de apuntarvos aquí

Venres pola mañá: coñecer Pontevedra e a PontUp Store

O venres temos un evento innovador previo á WordCamp, WordPress en Acción, no que nos xuntaremos principiantes, aficionados e profesionais de WordPress para colaborar por unha boa causa.

Tedes máis información sobre este evento aquí.

Mais se non estades inscritos en ningunha das actividades deste evento, podedes aproveitar para coñecer Pontevedra, desfrutar da súa gastronomía. Ou dar unha volta polos stands da Feira de emprendemento, PontUp Store, situados na Praza de España.

Se queredes quedar con outros asistentes que xa se atopen en Pontevedra, podedes unirvos ó grupo de Telegram e coordinarvos con eles, pulsando aquí.

Venres ás 9:00: Taller WordPress desde cero

Para atraer a xente nova á nosa Comunidade, ocorréusenos realizar un taller de Iniciación a WordPress para calquera que lle interese descubrir cómo vai iso de crear webs. Que sempre quixera ter unha web pero que lle dea perguiza, ou que lle pareza demasiado complicado para facelo pola súa conta.

Da man dun gran profesional, Fernando Tellado, adentrarédesvos no mundo de WordPress e descubriredes o sinxelo e rápido que é crear unha web con esta ferramenta.

Por cuestións de loxística tivemos que restrinxir o aforo deste taller, polo que SÓ PODEREDES ACUDIR SE ESTADES INSCRITOS.

Venres ás 12:00: do_action hackaton

Despois do taller, celebraremos un hackaton entre membros a Comunidade de WordPress, participantes do taller e cualquera que queira colaborar, para planificar e crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local, A Rente do Chan e Villa Caótica.

Crearemos uns grupos de traballo en base ós roles dos participantes inscritos para cubrir todas as tarefas necesarias á hora de crear unha web. E seguindo as indicacións do Director de Proxecto, deseñaremos e montaremos unha web a medida de acordo ás necesidades e características de cada Asociación á que queremos axudar.

Por cuestións de loxística, SÓ PODEREDES ACUDIR SE ESTADES INSCRITOS. Lamentablemente, o aforo xa está completo.

Venres ás 17:30: Meetup especial da PontUp Store

Xusto despois do do_action, aproveitaremos a Meetup especial que celebramos tódolos anos dentro do programa da PontUp Store, para amosar a tódolos asistentes os resultados do duro traballo realizado durante o hackaton.

Poderedes ver as novas webs de A Rente do Chan e Villa Caótica, e coñecer qué tal foi o proceso colaborativo para a súa creación.

Este evento é GRATIS e ABERTO a todo o que queira acudir, tedes máis información e o xeito de apuntarvos aquí.

Venres noite: Ceas variadas

Para os que coñecedes cómo funcionan as WordCamps, sabedes que os relatores dan as súas charlas sen recibir nada a cambio, só todo o noso agarimo e unha cea o venres pola noite. Así que, ó rematar a Meetup, os organizadores, voluntarios, relatores e patrocinadores teñen xa un plan preparado.

Pero… e os demais? Pois poderedes ter unha «cea de asistentes» tamén, non? A cousa é seguir co networking… Por iso, podedes organizarvos entre os que acudirades á Meetup, ou cos asistentes da WordCamp a través do grupo de Telegram.

Pinchade aquí para unirvos ós grupo, se que aínda non o fixéchedes!

Sábado ás 8:30: Abrimos a PonteWordCamp

Ás 9 en punto empezará o acto de benvida e de presentación. Así que, se queredes tomar un café para despexarvos antes, recomendámosvos chegar con tempo. Que se non, logo no hai ninguén sentado á hora, e este ano ¡comezamos forte!

A partires das 9 iniciamos un maratón de 30 charlas en dúas salas, con ludoteca para os máis pequenos grazas a Elementor, descansos para o café, comida, entretemento variado e moito networking.

Levade mirado por riba o programa por se non queredes perdervos alguna charla, pero a nosa recomendación é que moitas veces vos deixedes levar polo momento: entrade a charlas que tal vez non vos chamen polo título ou a temática, e seguro que vos sorprenden.

Ademais, todas se van grabar e colgar en WordPress.tv, polo que poderedes velas despois, tranquilamente na vosa casa.

Sábado ás 18:45: Acábase o evento?

Para nada! A despedida no auditorio non é máis ca un resumo do que foi pasando durante o sábado, algún sorteo, e un pouco máis de información.

A festa continúa! Esperamos que aínda vos quede gaña de leriar con moita xente interesante, porque haberá para rato.

A nosa pre-after party será na propia Facultade e si, se nada se torce haberá polbo grazas a SiteGround, haberá Estrella Galicia e… unha gran sorpresa que pensaredes que estades nunha auténtica feira galega. Logo teremos que botarvos coa vasoira…

Sábado ás 22:30: After Party no MoMa

Despois do networking polbeiro, a festa continúa!

Temos reservado o piso de arriba do MoMa, no casco vello de Pontevedra, lugar no que se concentra toda a oferta de ocio nocturno, con prezos especiais, para nós. Un pequeno agarimo (desconto) nas consumicións, para que poidamos seguir de festa xuntos no mesmo espazo.

A partires de aí… se queredes seguir a falar de WordPress ou bailar sen parar por Pontevedra, xa é cousa vosa!

Domingo ás 10:00: Contributor Day

Como cheguedes de descansados alá cada un, pero chegade!

Haberá café desde primeira hora para rememorar batalliñas do día anterior e cargar enerxía para o que nos queda por diante. 

Neste artigo Carlos explícanos qué é o Día do contribuinte, qué mesas vai haber e cómo podedes aprender e colaborar.

E ollo, que a iso das 10:50 teremos dúas charlas interesantísimas sobre a comunidade de WordPress… Charlas que non deberiades perder para comprender todo o que pasou estes días, e noutras WordCamps.

Finalmente, comeremos tranquilamente, terminaremos as labores de contribuír, empezarán as despedidas da xente de fóra que se marcha, recolleremos todo (grazas voluntarios!) e agardarémosvos a todos nas nosas meetups mensuais.

Soa coma un bo plan para a fin de semana!


WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!