Vir de escapada a Galicia sempre é garantía de boa mesa e grandes experiencias. Se ademais a escapada é para asistir á única WordCamp de Galicia asegúroche que o lecer e o polbo están garantidos!
A poucos días da WordCamp pode que veñas con tempo para facer algo de turismo. Esta cidade ten moitas cousas que ver e facer, o que a convirte no destino ideal para moitos viaxeiros, e o destino natural para a comunidade WordPress.
A nosa terceira WordCamp!
Pero comecemos polo principio…
De campamento romano a ruta de peregrinos a Santiago…
Esta fermosa cidade é coñecida pola súa incrible historia, a beleza da ría, as súas pontes, famosos restaurantes e, tamén, o polbo da PonteWordCamp.
Pero o que moita xente non sabe é que a fundación da cidade se lle atribúe ó heroe grego Teucro.
Os primeiros restos de asentamento humano nesta zona datan da época romana.
A cidade foi crecendo pouco a pouco, ano tras ano, chegando a posuír un gran recinto amurallado na Idade Media.
A cidade ubícase nun marco xeográfico incomparable…
Pontevedra está bañada polo río Lérez.
O río chega desde os vales do interior, e de forma suave e tranquila vaise ensanchando e abrindo cara o mar transformándose de forma natural na ría de Pontevedra.
As cidades con ríos non poden desligar a súa historia da historia das súas pontes…
Neste caso, a nosa ponte máis importante é “a Ponte do Burgo”, un dos símbolos da cidade pois Pontevedra herda dela o seu nome.
Segue lendo para saber máis!
A Ponte do Burgo foi construída polos romanos para salvar o río Lérez nunha das súas principais rutas de comunicación terrestre na zona: a vía XIX.
A ponte romana mantívose en pé ata a Idade Media, momento no cal, o seu mal estado obligou á construción dun novo ó seu carón.
Pontevedra debe o seu nome, de feito, a esta ponte: “Ponte Veteri”, en clara alusión o seu mal estado, a ponte vella do burgo…
Esta ponte forma parte do percorrido do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago.
Falemos de pedras…
A visión coa que un arquitecto mira a cidade é totalmente distinta á dun visitante ou turista máis.
Cando visitamos unha cidade nova, estudiamos o plano intentando “descubrir segredos do seu pasado” no entramado urbano das súas rúas…
É coma ser detective!
Atópalo? Unha pista, ten forma de ameba.
No interior do recinto do casco antigo (que antigamente encerraba a antiga muralla medieval), poderás descubrir espazos urbanos dunha riqueza incomparable.
A Pontevedra monumental esconde prazas marabillosas.
Se vés á WordCamp de Pontevedra con certo tempo, propoñémosche un tranquilo paseo pola cidade histórica.
Pincha nas ligazóns e desfruta das prazas do noso casco vello neste paseo virtual que che preparamos:
e como non,
- A do Teucro…
A “cidade vella” ou “casco vello” é unha xoia cunha riqueza arquitectónica comparable á nosa veciña Santiago de Compostela…
Como verás, o granito, a pedra estrela de Galicia, é o gran protagonista na arquitectura tradicional galega.
Nas nosas rúas descubrirás belos edificios de arquitectura popular e fermosos palacetes, edificios de arquitectura máis monumental, e incluso edificacións de arquitectura moderna que se integran de forma moi respetuosa coa contorna…
Sen esquecer a arquitectura relixiosa: igrexas como a igrexa da Virxe da Peregrina, na contorna do Convento de San Francisco xunto á famosa praza da Ferreiría, ou a igrexa de Santa María, son monumentos que non te podes perder.
O ollo dun arquitecto non pode evitar fixarse en cada un deses detalles…
Seguimos xogando ós detectives?
Retámosche a buscar entre as prazas da nosa cidade os versos desa famosa cantiga…
«Pontevedra é boa vila, da de beber a quen pasa”…
Pequenas inscricións e gravados polos pavimentos da cidade… vestixios de ventás góticas, o noso famoso loro…
Nestes pequenos detalles Pontevedra transmite todo o seu encanto…
Nesa busca descubrirás en numerosos lugares pequenos detalles que son coma pequenos tesouros!
E ti, es de pedras?
Se che gustan as historias de cabaleiros medievais e “as pedras” encantarache visitar o CITA, o Centro de Interpretación de las Torres Arcebispais.
En pleno centro da cidade poderás visitar os restos arqueolóxicos do antigo foxo defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arzobispais, os restos dunha ponte levadiza e enormes pedras de granito que foron utilizadas como proyectís nas catapultas de defensa da antiga fortaleza…
Unha viaxe e unha aventura a outros tempos!
Moi preto de alí, nas proximidades da Igrexa de Santa María a Maior, podes, tamén, visitar parte das antigas murallas medievais da cidade de Pontevedra.
Se es de pedras tanto coma nós, recoméndoche que visites e non perdas o Museo de Pontevedra.
Atopamos impresionante a cantidade de pezas prehistóricas coas que conta o museo. Pero sen lugar a dúbida, a nosa preferida é a coleción de miliarios da época romana cos que conta o museo, na parte inferior do edificio Castelao, e as marabillosas «Ruínas de Santo Domingo«.
Dentro dos seis edificios do Museo de Pontevedra, descubrirás un sinfín de sorpresas: a recreación do interior dun camarote dunha carabela, a cámara da Numancia, que fai sentir ó visitante que está verdaderamente no interior dun barco.
Tódolos que medramos nesta cidade recordamos a primeira vez que entramos nese máxico espazo…
E xa por último, recomendámosche (sobre todo se es máis de arquitectura moderna) que non te perdas unha visita ó máis recente dos edificios do museo, o edificio Castelao. Alí a historia e a arquitectura moderna crean un fermoso xogo de luces e sombras…
Pedra, madeira, formigón, aceiro e cristal… entremistúranse en agradables espazos museables que, tamén, permitiranche desfrutar dunha visión diferente da cidade, sobre todo na planta superior dos espazos comúns, onde podes admirar todo o entorno e ver a cidade desde os tellados…
Ata aquí o noso paseo. Agardomos que o desfrutaras tanto coma nós!
Vémonos na WordCamp!
Una respuesta a “Que ver en Pontevedra?”
[…] se non estades inscritos en ningunha das actividades deste evento, podedes aproveitar para coñecer Pontevedra, desfrutar da súa gastronomía. Ou dar unha volta polos stands da Feira de emprendemento, PontUp […]