WordPress.org sitios web (colectivamente “WordPress.org” neste documento) refírense a sitios aloxados no WordPress.org, WordPress.net, WordCamp.org, BuddyPress.org, bbPress.org e outros dominios e subdominios relacionados cos mesmos. Esta política de privacidade describe cómo WordPress.org utiliza e protexe calquera información que nos proporcione. Comprometémonos a garantir a protección da súa privacidade. Se nos proporciona información persoal a través de WordPress.org, pode estar seguro de que só se utilizará de acordo con esta declaración de privacidade.
Visitantes do sitio web
Ó igual que a maioría dos operadores de sitios web, WordPress.org recopila información de identificación non persoal do tipo que os navegadores e servidores web adoitan poñer a disposición, como o tipo de navegador, a preferencia de idioma, o sitio de referencia e a data e hora de cada solicitude de visitante. O propósito de WordPress.org ó recopilar información de identificación non persoal é comprender mellor cómo os visitantes de WordPress.org utilizan o seu sitio web. De vez en cando, WordPress.org pode divulgar información de identificación non persoal no conxunto, por exemplo, mediante a publicación dun informe sobre as tendencias no uso do seu sitio web.
WordPress.org tamén recopila información de identificación persoal potencial, como direccións de Protocolo de Internet (IP). Porén, WordPress.org non utiliza direcciones IP para identificar ós seus visitantes e non divulga dita información, salvo nas mesmas circunstancias en que utiliza e divulga información de identificación persoal, como se describe a continuación.
Recopilación de información de identificación persoal
Certos visitantes de WordPress.org elixen interactuar con WordPress.org de maneiras que requiren que WordPress.org recopilen información de identificación persoal. A cantidade e o tipo de información que recopila WordPress.org depende da naturaleza da interación. Por exemplo, pedimos ós visitantes que utilizan os nosos foros que proporcionen un nome de usuario e unha dirección de correo electrónico.
En cada caso, WordPress.org recopila dita información só na medida en que sexa necesario ou axeitado para cumprir co propósito da interación do visitante con WordPress.org. WordPress.org non divulga información de identificación persoal que non sexa a que se describe a continuación. E os visitantes sempre poden negarse a proporcionar información de identificación persoal, coa advertencia de que pode impedirlles participar en certas actividades relacionadas co sitio web, como mercar unha entrada para a WordCamp.
Toda a información que se recopila en WordPress.org manexarase de acordo coa legislación GDPR.
Protección de certa información de identificación persoal
WordPress.org divulga información de identificación persoal e de identificación persoal só a aqueles administradores de proxectos, empregados, contratistas e organizacións afiliadas que (i) necesitan coñecer esa información para procesala en nome de WordPress.org ou para proporcionar servizos dispoñibles a través de WordPress.org, y (ii) que acordaron no divulgala a outros. Algúns dese empregados, contratistas e organizacións afiliadas poden estar ubicados fóra do seu país de orixe; Ó utilizar WordPress.org, vostede dá o seu consentimento para a transferencia de dita información a eles.
WordPress.org non alugará nin venderá información de identificación persoal e de identificación persoal a ninguén. Aparte dos administradores de proxectos, empregados, contratistas e organizacións afiliadas, como se describe anteriormente, WordPress.org divulga información de identificación persoal e de identificación persoal só cando así o esixe a lei, se vostede dá permiso para que se comparta a súa información ou cando WordPress.org cre de boa fe que a divulgación é razoablemente necesaria para protexer a propiedade ou os dereitos de WordPress.org, terceiros, ou o público en xeral.
Se vostede é un usuario rexistrado dun sitio web de WordPress.org e proporcionou o seu enderezo de correo electrónico, é posible WordPress.org ocasionalmente lle envíe un correo electrónico para informarlle sobre novas funcións, solicitar os seus comentarios ou simplemente mantelo actualizado co que está sucedendo con WordPress.org e os nosos produtos. Utilizamos principalmente o nosos blog para comunicar este tipo de información, polo que esperamos manter este tipo de correo electrónico ó mínimo.
Se nos envía unha solicitude (por exemplo, a través dun correo electrónico de soporte ou a través dun dos nosos mecanismos de comentarios), reservámonos o dereito de publicala para axudarnos a aclarar ou responder a súa solicitude ou para axudarnos a apoiar a outros usuarios. WordPress.org toma todas as medidas razoablemente necesarias para protexer contra o acceso non autorizado, o uso, a alteración ou a destrución de información potencialmente identificable e de identificación persoal.
Uso da información persoal
Non utilizaremos a información que proporcione cando se rexistre para obter unha conta, asista ós nosos eventos, reciba boletíns informativos, utilice outros servizos ou participe no proxecto de código aberto de WordPress de ningunha outra maneira.
Non venderemos nin arrendaremos a súa información persoal a terceiros a menos que teñamos o seu permiso ou que a lei nos esixa facelo.
Gustaríanos enviarlle comunicacións de marketing por correo electrónico que poidan ser do seu interese de vez en cando. Se deu o seu consentimento para o marketing, pode optar por non participar máis adiante.
Ten dereito en calquera momento a impedir que nos poñamos en contacto con vostede con fins de marketing. Se xa non desexa que nos poñamos en contacto con vostede con fins de marketing, faga clic na ligazón para darse de baixa na parte inferior do correo electrónico.
Bases legales para o procesamento de información persoal
Baseámonos nunha ou máis das siguintes condicións de procesamento:
- os nosos intereses lexítimos na entrega efectiva de información e servizos a vostede;
- consentimento explícito que vostede deu;
- obrigas legais.
Acceso ós datos
Ten dereito a solicitar unha copia da información que temos sobre vostede. Se desexa unha copia de parte ou de toda a súa información persoal, siga as instruccións ó final desta sección.
Todos os datos proporcionados polos asistentes á WordCamp poden ser vistos e modificados polo asistente a través da URL do token de acceso que se envía por correo electrónico para confirmar que a compra de entradas se realizou correctamente.
WordPress.org contas de usuario pódense editar seguindo estes pasos:
- Visite https://login.wordpress.org/ e ingrese o seu nome de usuario e contrasinal.
- Será redirixido a https://profiles.wordpress.org/your_username.
- Faga clic na ligaón “Editar” ó carón do seu nome de usuario.
Se desexa solicitar acceso ós datos da súa conta, siga estes pasos:
- Visita https://wordpress.org/about/privacy/data-export-request/.
- Ingrese o seu enderezo de correo electrónico.
- Faga clic en “Aceptar declaración e solicitar exportación”.
Nota: Se ten unha conta WP.org, recomendámoslle que inicie sesión antes de enviar para asociar a súa conta coa solicitude.
Retención de información persoal
Conservaremos a súa información persoal nos nosos sistemas só durante o tempo que sexa preciso, para o éxito do proxecto de código aberto de WordPress e os programas que WordPress.org admiten. Conservamos a información de contacto (como a información da lista de correo) ata que un usuario cancela a subscrición ou solicita que eliminemos esa información dos nosos sistemas en vivo. Se decide darse de baixa dunha lista de correo, é posible que conservemos certa información limitada sobre vostede para poder cumprir coa súa solicitude.
WordPress.org non eliminará os datos personais dos rexistros ou rexistros precisos para o funcionamento, o desenvolvemento ou os arquivos do proxecto de código aberto de WordPress.
WordPress.org manterá os datos dos asistentes á WordCamp durante 3 anos para realizar un mellor seguimento e fomentar o crecimento da comunidade, e despois, eliminará automáticamente os datos non esenciais recompilados a través do registro. Os nomes e enderezos de correo electrónico dos asistentes conservaranse indefinidamente, para preservar a nosa capacidade de responder ós informes do código de conduta.
En WordCamp.org sitios, os datos bancarios/financieiros recompilados como parte dunha solicitude de reembolso eliminaranse a partir de WordCamp.org 7 días despois de que a solicitude se marque como paga. O motivo do período de retención de 7 días é evitar que os organizadores teñan que volver a ingresar os seus datos bancarios se falla unha transferencia ou se un pago se marcou como “Pago” por erro. As facturas e recibos relacionados cos gastos de WordCamp conservanse durante 7 anos despois do peche da auditoría do ano calendario, por instrución dos nosos consultores financieiros (auditores e posuídores de libros).
Cando se solicite ou se requira a eliminación, anonimizaremos os datos dos interesados e/ou eliminaremos a súa información dos sitios de acceso público se a eliminación dos datos rompería os sistemas esenciais ou danaría os rexistros ou rexistros precisos para o funcionamento, o desenvolvemento ou os rexistros de arquivo do proxecto de código aberto de WordPress.
Se desexa solicitar a eliminación da súa conta e os datos asociados, siga estes pasos:
- Visite https://wordpress.org/about/privacy/data-erasure-request/.
- Ingrese o seu enderezo de correo electrónico.
- Faga clic en “Aceptar declaración e solicitar a eliminación permanente da conta”.
Nota: Se ten unha conta WP.org, recomendámoslle que inicie sesión antes de enviar para asociar a súa conta coa solicitude.
Dereitos en relación coa súa información
É posible que teña certos dereitos en virtude da lei de protección de datos en relación coa información persoal que temos sobre vostede. En particular, pode ter dereito a:
- solicitar unha copia da información persoal que temos sobre vostede;
- solicitar que actualicemos a información persoal que temos sobre vostede, ou que corrixamos de forma independente dita información persoal que considere incorrecta ou incompleta;
- solicitar que eliminemos a información persoal que temos sobre vostede dos sistemas en vivo, ou que restrinxamos o xeito no que usamos dita información persoal (para obter información sobre a eliminación de arquivos, consulte a sección “Retención de información persoal”);
- opoñerse ó nosos procesamento da súa información persoal; e/ou
- retirar o seu consentimento para que procesemos a súa información persoal (na medida en que dito procesamento se basee no consentimento e o consentimento sexa a única base permitida para o procesamento).
Se desexa exercer estes dereitos ou comprender se estes dereitos se aplican a vostede, siga as instruccións ó final desta declaración de privacidade.
Enlaces de terceiros
O noso sitio web pode conter ligazóns a outros sitios web proporcionados por terceiros que non están baixo o noso control. Ó seguir unha ligazón e proporcionar información a un sitio web de terceiros, teña en conta que non somos responsables dos datos proporcionados a ese terceiro. Esta política de privacidade só se aplica ós sitios web enumerados ó principio deste documento, polo que cando visite outros sitios web, incluso cando faga clic nunha ligazón publicada en WordPress.org, debe ler as súas propias políticas de privacidade.
Estatísticas agregadas
WordPress.org pode recompilar estatísticas sobre o comportamento dos visitantes dos seus sitios web. Por exemplo, WordPress.org pode revelar cántas veces se descargou unha versión particular de WordPress ou informar sobre qué complementos son os máis populares, segundo os datos recompilados por , un servizo web utilizado polas instalacións de WordPress para buscar novas versións de WordPress e complementos. Porén, WordPress.org non divulga información de identificación persoal que non sexa a descrita nesta política.api.wordpress.org
Cookies
Ademais, a información sobre cómo utiliza os nosos sitio web se recompila automáticamente mediante “cookies”. As cookies son arquivos de texto que se colocan no seu ordenador para recompilar información estándar de rexistro de Internet e información sobre o comportamento dos visitantes. Esta información utilízase para realizar un seguimento do uso do sitio web por parte dos visitantes e para compilar informes estatísticos sobre a actividade do sitio web.
Consulte a nosa política de cookies para obter máis información sobre qué cookies se recompilan en WordPress.org.
Cambios na política de privacidade
Aínda que é probable que a maioría dos cambios sexan menores, WordPress.org pode cambiar a súa Política de privacidade de vez en cando e a discreción exclusiva de WordPress.org. WordPress.org anima ós visitantes a consultar con frecuencia esta páxina para ver se haicambios na súa Política de privacidade. O uso continuado deste sitio despois de calquera cambio nesta Política de Privacidade constituirá a aceptación de dito cambio.
Contacto
Teña en conta que non podemos proporcionar axuda ou información sobre outros sitios web, incluidos aqueles que poden executarse no software de código aberto de WordPress pero que están aloxados por terceiros.
suxerímoslle que se poña en contacto directamente co propietario ou autor do sitio. Para obter máis información sobre o host ou o rexistrador de dominios do sitio, pode utilizar estas ferramentas:
Póñase en contacto con nós se ten algunha pregunta sobre a nosa política de privacidade ou a información que temos sobre vostede enviando un correo electrónico a dpo@wordpress.org.