Héctor de Prada

Ponent2-HectorDePrada

Levo facendo webs dende os 12 anos de idade e case 10 traballando con WordPress. Pasei de freelance a montar unha axencia de deseño e desenvolvemento web de 10 persoas.

Actualmente, son un dos fundadores de Modular DS, unha ferramenta para profesionais coa que automatizar e centralizar o mantemento de WordPress. 

Son de León, pero vivín de cativo en Galicia e, como non, encántame o polbo.

Nesta charla gustaríame falar da miña experiencia na creación dunha startup de produto dentro do ecosistema de WordPress.

Falarei de cousas como por exemplo, cómo construír o produto, cáles son os erros máis habituais que se cometen, qué particularidades ten o mundo do WP e do código libre, cómo apoiarse nas asociacións e na comunidade, cómo levantar unha rolda de investimento (algo non doado, pero posible, históricamente no ecosistema de WordPress), cómo atopar clientes (márketing), construír un equipo, e vantaxes e inconvintes de facer todo isto dende unha cidade pequena.

Todo isto, baseado na miña experiencia e aprendizaxes.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta