Nilo Vélez

Levo media vida facendo páxinas web e gústame pegarlle a todos os paus, o mesmo frito unha camisa que lle paso o ferro a un ovo.

Son un namorado de WordPress, plataforma na que levo desde que era unha cousa pequeniña que só servía para facer blogs.

Intento devolverlle algo do moito que me deu, colaborando coa comunidade en todo o que podo, axudo en foros, meetups e WordCamps, e son moderador de tradutores de español de España (es_ES), de directorio de fotos, e de WordPressTV.

Na WordCamp Pontevedra 2023 naceu un proxecto piloto para recopilar nunha galería oficial todas as fotos das WordCamps españolas desde 2008.

Un ano, centos de horas de traballo e ducias de miles de fotos despois, teño un álbum de fotos enorme que compartir con vós.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta