O que pasou no Espazo Conecta

Este ano a presidenta concedeume moitos desexos –por iso de ser xa un señor veterán nisto da WordCamp Pontevedra– e un deles foi xestionar o Espazo Conecta. E iso que era?

Desde fai moitas edicións quería que a WordCamp tivera un espazo de busco/ofrezo, un lugar onde as persoas puideran comentar o que necesitaban ou o que ofrecían. De feito, Carlos tiña un montón de tarxetas que mercamos anos atrás, precisamente para isto.

Despois da WordCamp Madrid 2023 e o movemento que tiveron con Dani Serrano (gracias polos teus consellos, botámoste en falta) no centro do área de patrocinadores, pensei que sería boa idea encargarme diso. Sen pantallas nen ordenadores nen grandes alardes. Versión galega de andar por casa.

Paseino de marabilla.

Xa que este espazo que orixinalmente era un taboleiro de cortiza (ou unha corchera na miña propia linguaxe), dous globos de polbos e unhas poucas tarxetas, convertíuse no meu fogar durante a PonteWordCamp. Un punto de conexión. De diversión. E tamén de encontro.

Xunto ás escaleiras e ascensores que unían a zona de enriba e a de abaixo, a modo de trampa sen escapatoria, tiñas que pasar xunto a min. E raro sería se nalgún momento, non che dixen algo.

Esta zona estaba ademais patrocinada por Rural Hackers, así que a ratos, acompañáronme África, Agustín e Nacho para contar ós curiosos que pasaban por alí en qué consistía o seu proxecto de conectar o rural, a arte, a cultura e a tecnoloxía. Explicáronnos algúns dos seus programas como as residencias e foron avisando dun proxecto moi chulo que están preparando para 2025 (máis info ó final).

Pensei que tería bastantes ratos tranquilos sen movemento e que podería sentarme e ver as redes sociais… pero non! Estiven de nove da mañá a sete da tarde sen parar: de saudar a xente con présa, de coñecer nova xente, de animar a todo o mundo a escribir ou a ler o que xa estaba posto, de explicar para o que non quería ler, de quitar tarxetas que tiña que censurar (hai máis xente buscando amor do que un podería imaxinarse nestos eventos), e de presentar a unhas persoas con outras.

Podería mandar unha foto e que a escudriñasedes para entender as letras da xente, pero creo que é mellor idea se vos fago un bo resumo do que buscaban e ofrecían as persoas que por alí pasaron.

Non vou publicar aquí números de teléfono ou correos electrónicos personais, pero se tes interese en contactar con algunha persoa que deixou algunha mensaxe, mandade un mail a pontevedra@wordcamp.org titulado Espazo Conecta, e farei o posible por seguir conectando a todo o mundo.

O meu café cargadiño e cun pouco de leite

Os patrocinadores, ademais de Rural Hackers, tiveron a oportunidade de mandar por adiantado as mensaxes que quixeron, así estaban ben impresos, co seu código QR para as ligazóns y todo… Non o aproveitaron todos, pero se houbo unhas cantos mensaxes que facían que o taboleiro non estivese baleiro de inicio (aparte da miña propia mensaxe na que buscaba a xente feita que me trouxera café para non abandoar o meu posto: grazas todas as personas que o fixeron).

  • Arsys busca Senior Software Developer (traballo remoto ou híbrido) e tamén Cyber Security Engineers, Senior Data Center Infraestructure Technicians e máis postos.
  • Raiola Networks buscaba donos das últimas entradas de RMC 24 para o sábado 28 no Palexco (A Coruña), o seu fantástico evento de márketing
  • ModularDS busca creadores de contido que falen sobre WordPress para colaborar. Envíadelles un correo a hola@modulards.com
  • Sirvelia busca betatesters para su nuevo plugin de IA: un axente de WordPress. Un sistema que saberá interpretar accións que ti e os teus usuarios queren realizar na web. Cubre este formulario.
  • PonteBlogs, desde onde estou a escribir isto hoxe, busca xente con blog e con excusas como que ninguén me le, que non teño tempo, que non sei de qué escribir. O último mércores de mes xuntámonos a escribir, apúntate aquí.
  • O grupo de WordPress Pontevedra busca relatores para a meetup mensual. Tes algo que compartir? Queres dar a túa primeira charla diante dun grupo pequeno? Sabes algo que outros non? Mándanos un email a hola@wppontevedra.org e cóntanos.
  • En Rural Hackers ofrecen unha oportunidade de transformar a túa vida en 2025. Es muller, interésache WordPress, queres formarte profesionalmente, coñecer a comunidade local e global e vivir un mes no rural? Sígueos e entérate en canto abran o programa.

E, despois, as mensaxes dos asistentes (os non censurados, e os que se entendía a letra…):

Non fai falta que fagades zoom, están todos aquí embaixo escritos
  • Celi Garoe busca patrocinio para colaborar co equipo global de sostibilidade ☀️🌼
  • Tes un problema con SEO? Queres comezar a traballar a túa marca? @LuciayelSEO dache conversa para axudarche
  • Se buscas desenvolvemento de software, plugins para WordPress, websites, plataformas a media e ata deseño gráfico ou márketing, Jorge de Wiblion é o teu home.
  • A Asociación Amodiño pode axudarche cara o teu éxito profesional, as túas habilidades sociais, o teu éxito persoal, a túa regulación emocional, con life coaching ou orientación familiar.
  • Kevin asegúranos (con resultados comprobables) que podemos pasar de 0 a 20.000 seguidores en Instagram de maneira orgánica a través de reels e stories, sen publicidade.
  • Sonia Díaz, a nosa deseñadora de luxo, quere falar sobre o deseño da túa web. Eu de ti, faríao!
  • Santiago Marketing conseguíu coa súa tarxeta de cor e diferencial que a xente lle chegase a súa mensaxe… Que estás a buscar? A eles seguramente.
  • Eneko busca patrocinador para as súas traducións –é GTE de Euskara– xa que lle dedica moito tempo, o cal non dedica ós seus proxectos.
  • María fainos unha proposta que chamou moito a atención: queres escoitar metal con gaitas en galego? Segue a @Xhamain en Spotify, Instagram, Facebook o TikTok.
  • Se estás interesada en localización de software libre… contacta con PuntoGal en dominio.gal… e falamos!
  • A meetup de Collado Villalba busca patrocinador molón. Absterse empresas aburridas.
  • Un SEO namorado da cultura e do rural está dispoñible para axudar no que saiba e poida. Buscade a Saúl Verez.
  • Ruth, dietista especializada en alimentación veggie anímanos a seguila en Instagram se es vegano, vexetariano ou gustaríache dar o paso a selo.
  • Wendy Baltodano busca traballo como freelance para desenvolvemento web, aínda que tamén ten experiencia como project manager. Gústaller facer networking, viaxar e relaxarse con ioga!
  • Kevin colounos unha segunda tarxeta orientada a que se queres lanzar un infoproducto (curso, mentoría) e non sabes por onde comezar, el dache a estratexia axeitada, a través de Instagram.
  • E Ruth con esa mesma táctica, nos recorda que ser vegano o vexetariano é moi doado se sabes como, e ela sabe, e explícacho en Instagram.
  • Francisco Velasco ofrece os seus servizos profesionais como community manager e creador de landing pages.
  • Carlos Sobrino, o noso adorado responsable de voluntarios, ofrécese para encargarse do mantemento da túa web para que poidas vivir sen medo a que algo falle.
  • A Sara gústalle debuxar e ofrécenos unha comisión… (E os seus debuxos tiveron moito éxito e tarxetiñas extras de fans)
  • Se you are looking for international trade consultancy, ou buscas apoio para internacionalización dixital, Rafael pode axudarche.
  • Álvaro Torres busca socios/as responsables e currantes para axencia de márketing dixital.
  • Kath non busca… pero fai márketing e implementa Hubspot por se é o que buscas ti…
  • Diego busca persoas para comercializar un proxecto audiovisual relacionado con fashion reels, algunha marca ou ecommerce de moda por aí?
  • Javi desenvolvedor de software, tamén de WordPress, busca algún formato de colaboración por proxectos.
  • Markabeciña y Estudio G-404 queren coñecer a xente que faga deseño gráfico e que colabores con eles. Sara ofrece foto dunha bici e ata un tour gratis por Coruña.
  • Jorge Vidovic, desenvolvedor de software full-stack ofrécese se o teu proxecto require desenvolvemento.
  • Ángel Cabaleiro ofrécenos pasar de 0 a 1000€ ó mes vendendo servizos WordPress en tres meses aínda que non fagas webs aínda.
  • Pablo Moratinos busca experta en Google Tag Manager y GA4 para traballar na mellor compañía de Growth domundo.
  • Wajari (ou alguén facéndose pasar por él) buscaba gaita para o peche da WordCamp.
  • E África, que non leu o seu propio cartel, deixounos a man a petición de buscar a mulleres que queiran participar dun programa de residencias dun mes na aldea de Anceu en Galicia para aprender de WordPress e crear comunidade.

Ademais de todo isto teño outras 12 tarxetas censuradas de xente que busca amor, abrazos, un home onde chorar, que lle toquen o laúde, que lle guste falar por walkie-talkies, ou que queiran chegar á plenitude persoal, profesional e amorosa. E cousas peores. Que animaron tamén o día, claro.

En resumo, un día fantástico no meu «rinconciño» coñecendo a moitísima xente con cousas en común, con proxectos ou afecións que descoñecía e con moita gaña de seguir coñecendo a outras persoas. E que é iso máis que o espíritu de calquera WordCamp? E de calquera emprendemento!

E agora que xa podo poñer no meu LinkedIn que son dinamizador de espazos de networking, ou algo así. Deberiamos repetir o ano que vén?

Versión en español

Lo que pasó en el Espacio Conecta

Este año la presidenta me concedió muchos deseos –por eso de ser ya un señor veterano en esto de la WordCamp Pontevedra– y uno de ellos fue gestionar el Espacio Conecta. ¿Y eso qué era?

Desde hace muchas ediciones quería que la WordCamp tuviera un espacio de busco/ofrezco, un lugar donde las personas pudieran comentar lo que necesitaban o lo que ofrecían. De hecho, Carlos tenía un montón de tarjetas que compramos años atrás precisamente para esto.

Después de la WordCamp Madrid 2023 y el movimiento que tuvieron con Dani Serrano (gracias por tus consejos, te echamos en falta) en el centro del área de patrocinadores, pensé que sería buena idea encargarme de ello. Sin pantallas ni ordenadores ni grandes alardes. Versión gallega de andar por casa.

Me lo pasé de maravilla.

Y es que este espacio que originalmente era un tablón de corcho (o una corchera en mi propio lenguaje), dos globos de pulpos y unas pocas tarjetas se convirtió en mi hogar durante la PonteWordCamp. Un punto de conexión. De diversión. Y también de encuentro.

Junto a las escaleras y ascensores que unían la zona de arriba y la de abajo, a modo de trampa sin escapatoria, tenías que pasar junto a mí. Y raro sería si en algún momento no te dije algo.

Esta zona estaba además patrocinada por Rural Hackers, así que a ratos me acompañaron África, Agustín y Nacho para contar a los curiosos que pasaban por allí en qué consistía su proyecto de conectar el rural, el arte, la cultura y la tecnología. Nos explicaron algunos de sus programas como las residencias y fueron avisando de un proyecto muy chulo que están preparando para 2025 (más info al final).

Pensé que tendría bastantes ratos tranquilos sin movimiento y que podría sentarme y ver las redes sociales… ¡pero no! Estuve de nueve de la mañana a siete de la tarde sin parar: de saludar a gente con prisa, de conocer nueva gente, de animar a todo el mundo a escribir o a leer lo que ya estaba puesto, de explicar para el que no quería leer, de quitar tarjetas que tenía que censurar (hay más gente buscando amor de lo que uno podría imaginarse en estos eventos), y de presentar a unas personas con otras.

Os podría mandar una foto y que la escudriñaseis para entender las letras de la gente, pero creo que es mejor idea si os hago un buen resumen de lo que buscaba y ofrecían las personas que por allí pasaron.

No voy a publicar aquí números de teléfono o correos electrónicos personales, pero si tenéis interés en contactar con alguna persona que dejó algún mensaje, mandad un mail a pontevedra@wordcamp.org titulado Espacio Conecta y haré lo posible por seguir conectando a todo el mundo.

Mi café cargadito y con un poco de leche

Los patrocinadores, además de Rural Hackers, tuvieron la oportunidad de mandar por adelantado los mensajes que quisieron, así estaban bien impresos, con su código QR para los enlaces y todo… No lo aprovecharon todos, pero sí hubo unos cuantos mensajes que hacían que el tablón no estuviera vacío de inicio (aparte de mi propio mensaje en el que buscaba a gente maja que me trajera café para no abandonar mi puesto: gracias todas las personas que lo hicieron).

  • Arsys busca Senior Software Developer (trabajo remoto o híbrido) y también Cyber Security Engineers, Senior Data Center Infraestructure Technicians y más puestos.
  • Raiola Networks buscaba dueños de las últimas entradas de RMC 24 para el sábado 28 en Palexco (A Coruña), su fantástico evento de marketing
  • ModularDS busca creadores de contenido que hablen sobre WordPress para colaborar. Envíales un correo a hola@modulards.com
  • Sirvelia busca betatesters para su nuevo plugin de IA: un agente de WordPress. Un sistema que sabrá interpretar acciones que tú y tus usuarios quieren realizar en la web. Rellena este formulario.
  • PonteBlogs, desde donde estoy escribiendo esto hoy, busca gente con blog y con excusas como que nadie me lee, que no tengo tiempo, que no sé de qué escribir. El último miércoles de mes nos juntamos a escribir, apúntate aquí.
  • El grupo de WordPress Pontevedra busca ponentes para la meetup mensual. ¿Tienes algo que compartir? ¿Quieres dar tu primera charla delante de un grupo pequeño? ¿Sabes algo que otros no? Mándanos un email a hola@wppontevedra.org y cuéntanos.
  • En Rural Hackers ofrecen una oportunidad de transformar tu vida en 2025. ¿Eres mujer, te interesa WordPress, quieres formarte profesionalmente, conocer la comunidad local y global y vivir un mes en el rural? Síguelos y entérate en cuanto abran el programa.

Y, después, los mensajes de los asistentes (los no censurados, y los que se entendía la letra…):

No hace falta que hagáis zoom, están todos aquí debajo escritos
  • Celi Garoe busca patrocinio para colaborar con el equipo global de sostenibilidad ☀️🌼
  • ¿Tienes un problema con SEO? ¿Quieres empezar a trabajar tu marca? @LuciayelSEO te da conversación para ayudarte
  • Si buscas desarrollo de software, plugins para WordPress, websites, plataformas a media y hasta diseño gráfico o marketing, Jorge de Wiblion es tu hombre.
  • La Asociación Amodiño te puede ayudar hacia tu éxito profesional, tus habilidades sociales, tu éxito personal, tu regulación emocional, con life coaching u orientación familiar.
  • Kevin nos asegura (con resultados comprobables) que podemos pasar de 0 a 20.000 seguidores en Instagram de manera orgánica a través de reels y stories, sin publicidad.
  • Sonia Díaz, nuestra diseñadora de lujo, quiere hablar sobre el diseño de tu web. Yo que tú lo haría.
  • Santiago Marketing consiguió con su tarjeta de color y diferencial que a la gente le llegara su mensaje… ¿Qué estás buscando? A ellos seguramente.
  • Eneko busca patrocinador para sus traducciones –es GTE de Euskara– ya que le dedica mucho tiempo, el cual no dedica a sus proyectos.
  • María nos hace una propuesta que llamó mucho la atención: ¿quieres escuchar metal con gaitas en gallego? Sigue a @Xhamain en Spotify, Instagram, Facebook o TikTok.
  • Si estás interesada en localización de software libre… contacta con PuntoGal en dominio.gal… e falamos!
  • La meetup de Collado Villalba busca patrocinador molón. Abstenerse empresas aburridas.
  • Un SEO enamorado de la cultura y del rural está disponible para ayudar en lo que sepa y pueda. Buscad a Saúl Verez.
  • Ruth, dietista especializada en alimentación veggie nos anima a seguirla en Instagram si eres vegano, vegetariano o te gustaría dar el paso a serlo.
  • Wendy Baltodano busca trabajo como freelance para desarrollo web, aunque también tiene experiencia como project manager. Le gusta hacer networking, viajar y ¡relajarse con yoga!
  • Kevin nos coló una segunda tarjeta orientada a que si quieres lanzar un infoproducto (curso, mentoría) y no sabes por donde empezar, él te da la estrategia adecuada, a través de Instagram.
  • Y Ruth con esa misma táctica nos recuerda que ser vegano o vegetariano es muy fácil si sabes cómo, y ella sabe y te lo explica en Instagram.
  • Francisco Velasco ofrece sus servicios profesionales como community manager y creador de landing pages.
  • Carlos Sobrino, nuestro adorado responsable de voluntarios, se ofrece para encargarse del mantenimiento de tu web para que puedas vivir sin medo a que algo falle.
  • A Sara le gusta dibujar y nos ofrece una comisión… (Y sus dibujos tuvieron mucho éxito y tarjetitas extras de fans)
  • Si you are looking for international trade consultancy, o buscas apoyo para internacionalización digital, Rafael te puede ayudar.
  • Álvaro Torres busca socios/as responsables y currantes para agencia de marketing digital.
  • Kath no busca… pero hace marketing e implementa Hubspot por si es lo que buscas tú…
  • Diego busca personas para comercializar un proyecto audiovisual relacionado con fashion reels, ¿alguna marca o ecommerce de moda por ahí?
  • Javi desarrollador de software, también de WordPress, busca algún formato de colaboración por proyectos.
  • Markabeciña y Estudio G-404 quieren conocer a gente que haga diseño gráfico y que colabores con ellos. Sara ofrece foto de una bici y hasta un tour gratis por Coruña.
  • Jorge Vidovic, desarrollador de software full-stack se ofrece si tu proyecto requiere desarrollo.
  • Ángel Cabaleiro nos ofrece pasar de 0 a 1000€ al mes vendiendo servicios WordPress en tres meses aunque no hayas hecho webs todavía.
  • Pablo Moratinos busca experta en Google Tag Manager y GA4 para trabajar en la mejor compañía de Growth del mundo.
  • Wajari (o alguien haciéndose pasar por él) buscaba gaita para el cierre de la WordCamp.
  • Y África, que no leyó su propio cartel, nos dejó a mano la petición de buscar a mujeres que quieran participar de un programa de residencias de un mes en la aldea de Anceu en Galicia para aprender de WordPress y crear comunidad.

Además de todo esto tengo otras 12 tarjetas censuradas de gente que busca amor, abrazos, un hombre donde llorar, que le toquen el laud, que le guste hablar por walkie-talkies, o que quieran llegar a la plenitud personal, profesional y amorosa. Y cosas peores. Que animaron también el día, claro.

En resumen, un día fantástico en mi «rinconcito» conociendo a muchísima gente con cosas en común, con proyectos o aficiones que desconocía y con muchas ganas de seguir conociendo a otras personas. ¿Y qué es eso más que el espíritu de cualquier WordCamp? ¡Y de cualquier emprendimiento!

Y ahora ya puedo poner en mi LinkedIn que soy dinamizador de espacios de networking, o algo así. ¿Deberíamos repetir el año que viene?


3 respostas a

  1. Avatar de Lidia Marbán
    Lidia Marbán

    ¡Jajaja! Pasé un rato estupendo leyendo las tarjetas, hay gente con mucha chispa. Y hay otros con no tanta chispa pero con ganas de ayudar a otras personas, y eso también es importante.

    Yo sigo con la esperanza de encontrar patrocinador para la Meetup de Collado Villalba (Madrid)…

    La verdad es que fue una gran idea la de poner el espacio Conecta (muy bien ubicado, por cierto) y creo que lo supiste llevar/dinamizar muy bien. Sería todo un acierto ponerlo de nuevo el año que viene. Seguro que hasta entonces, te la copian en alguna otra WC. Lo cual sería buena señal…

  2. […] Juan Hernando. Lo que pasó en el Espacio Conecta. Leer […]

  3. Jiji ya te digo que hay gente que tiene mucha chispa. Espero que encuentres un buen patrocinador y que esa Meetup sea todo un éxito, el espacio conecta es una gran idea para copiar…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *