Anímate a ser relator da WordCamp Pontevedra!

Levamos xa catro edicións, e sempre intentamos ofrecer un programa de conferencias diverso e para todos os públicos. Por iso, dende o principio, apostamos por que houbese unha representación equilibrada de charlas tanto para un público sen coñecementos como charlas más técnicas.

Demos a oportunidade tanto a relatores veteranos como a xente que nunca se expuxo ante un público como o da WordCamp. Intentamos visibilizar a persoas da nosa comunidade local fronte a expertos que veñen doutras partes do país.

Facilitamos poder empregar o idioma co que cada quen se sinta máis cómodo para expresar os seus coñecementos ou experiencias. Que as mulleres tivesen a mesma relevancia e presenza cós homes. Que ninguén deixase pasar esta oportunidade por non ter con quen deixar ós seus cativos.

E con iso, conseguimos que moita xente deixase a un lado ó síndrome de impostor/a, que presentase charlas que nunca se atrevera a compartir, ou ni sequera a idear, sacando a moitos da súa zona de confort e retándoos a sorprendernos.

Este ano, crear o programa da WordCamp vai ser toda unha tolemia e un gran experimento. Pero para que saia ben, para que todo o noso traballo teña sentido, necesitamos que sexades valentes, que vos animedes a ser parte de todo isto.

Estamos seguros de que tedes moito que aportar, aínda que vos pareza que non sodes expertos en nada, que ninguén vai querer escoitarvos, non estades ante uns alumnos, clientes, ou ante un tribunal que vos vai xulgar severamente, senón entre amigos. Simplemente, intercambiando experiencias e vivencias, cousas que vos pasaron ou que aprendestes, e coas que se poden sentir identificados.

Pensade naquilo que como público vos gustaría que alguén vos contara, explicara ou amosara, e que poida axudar a outros que aínda o descoñecen.

<<Non teño tempo. Non teño nada que contar, non sei facer nada especial… É moito traballo… En qué me beneficia… Non me gusta falar en público, póñome dos nervios…>>

Podería seguir coa lista de desculpas, pero prefiro comezar a de motivos polos que ser relator.

  • É unha experiencia única que non vas vivir noutro lugar.
  • Recibes da xente moito máis do que das.
  • Sínteste parte de algo especial, con poder para axudar e inspirar a outros.
  • Axúdache a darte de conta que sabes moito máis do que pensabas sobre algo, ou a ter unha escusa para indagar ou profundizar máis nun tema que che gusta.

Seguiría ata o infinito mais non estou aquí para convencer a ninguén, senón para amosar cómo é a experiencia de ser relator na WordCamp de Pontevedra.

Podemos presumir de que xa pasaron pola WordCamp máis de 100 relatores. Cada quen coas súas circunstancias, experiencia e vivencias, mais todos quedaron con gaña de repetir.

Era o ano 2019 e aínda non era parte do equipo de organización, pero levaban todo o ano falándome marabillas do evento e que tiña que mandar unha charla. Eu dicíalles: pero se non sei nada de WordPress, apenas engadir unha entrada no blog, e pouco máis.

Así que, despois de tanto insistir, pensei no que si sabía e cómo podía relacionalo con WordPress. Preparei unha charla curta, para non quitarlle tempo a xente con máis experiencia que seguro que tiñan cousas máis interesantes que contar ca min.

Para a miña sorpresa, veu bastante xente a ver o que tiña que dicir, e despois, polos corredores moitos viñeron felicitarme. Como a charla quedou gravada, xente que non puido acudir, e que non ten que ver con WordPress, felicitábame por ser quen de simplificar un tema tan complexo en tan pouco tempo e que o puidese entender calquera sen ter coñecementos de 3D, ou de WordPress.

E iso foi o detonante para deixar de sentirme como unha impostora, de facer charlas académicas e aburridas, e para presentarme a un montón de eventos, sen medo, e coa confianza de que sempre vas atopar a alguén que lle interese o que tes que contar, e que saiba menos ca ti.

Pero seguimos con algúns exemplos máis, de xente que se animou a participar como relatores na WordCamp de Pontevedra e o que supuxo para eles.

Tal como dixo no seu blog despois da WordCamp Pontevedra 2022, Manolo quixo pechar o círculo. Dera a súa última charla presencial antes do Covid o 13 de febreiro de 2020, xusto un mes antes de que todo se puxese patas arriba. Foi tamén nun evento relacionado con WordPress: a Meetup de WordPress Coruña. Así que, cría que era unha boa idea volver dar unha charla en vivo noutro evento de WordPress. Mais non nun calquera.

Foto de Manolo Rodríguez durante a súa charla na WordCamp Pontevedra 2022

“Tiven a sorte de dar a charla en terceiro lugar. Así evitas os nervios durante todo o día ata que sobes ó escenario. Das a túa charla, liberas a presión que tes, e xa podes desfrutar do resto da WordCamp. E iso foi o que fixen. Para ser a primeira en vivo despois de máis de tres anos sentinme moi a gusto. Desfrutei e creo que os asistentes tamén o pasaron ben. […] Ademais de compartir o que aprendín co blog neste tempo, quería que fose unha charla que inspirase. Así que cando unha persona, na quenda de preguntas, comentou que se vira reflectida en moitas das miñas palabras díxenme: “Obxectivo cumprido”.

Aínda que Nora xa dera charlas en máis eventos, na WordCamp de 2022, animouse por primeira vez a dar unha charla en galego. Inspirada por xente da comunidade de WordPress, decidíu incorporar o galego no seu día a día e no seu traballo, a pesar de non ser a lingua na que se criou. Convencida de que “O único galego mal falado é o que non se fala” e nerviosa por non ter demasiada soltura, ó final, contaxiada polo ambiente deixouse levar para afrontar os seus medos.

foto de Nora Ferreirós

“Para min, relatora reincidente, participar na WordCamp Pontevedra é un pouco como voltar á casa. O ambiente é relaxado, coma se fose unha meetup pero grande. Especialmente para quen pense en facelo por primeira vez, recomendo esta WordCamp na que ser relator é sentirse practicamente en familia

Para Brenda, a WordCamp de 2023, foi a súa primeira vez, así con tanta xente. Xa dera charlas online e formacións na súa anterior empresa a grupos pequenos. Pero deixouse liar, que ela é de rodearse de xente que “te lía” para eventos, e que ela non é de deixarse liar nin nada, e apareceu nunha Wordcamp sen saber apenas nin o que era.

Foto de Brenda Alonso durante a súa charla na WordCamp Pontevedra 2023

“Os meus primeiros sentimentos foron medo, incertidume e como non, a miña impostora dicíndome ó oído que á xente non lle ía interesar o que ía contar.
Ò entrar na sala ía expectante, pero en canto comencei, os nervios, o medo e a impostora, esfumáronse. A acollida non só dos oíntes, senón de organizadores, non puido ser mellor. Sentinme como en familia. Unha experiencia que por suposto este ano penso repetir, xa estou a preparar a miña nova charla para contar a miña historia sobre o emprendemento.”

Se sempre pensaches en dar unha charla, pero os medos botáronte cara atrás, se te queres estrear nun sitio onde ninguén te xulga e acolle a calquera con gratitude e interese polo que quere compartir co resto. Se xa foches relator e queres repetir a experiencia, a que agardas!

Manda a túa proposta para a WordCamp Pontevedra 2024. Recorda que o prazo remata o 9 de xuño. Máis información e formulario de inscrición, na páxina Participar como relator.

Versión español

Ya llevamos cuatro ediciones, y siempre intentamos ofrecer un programa de conferencias diverso y para todos los públicos. Por eso, desde el principio, apostamos por que hubiera una representación equilibrada de charlas tanto para un público sin conocimientos como de charlas más técnicas.

Dimos la oportunidad tanto a ponentes veteranos como a personas que nunca habían estado expuestas a una audiencia como la de la WordCamp. Intentamos visibilizar a personas de nuestra comunidad local frente a expertos que vienen de otras partes del país.

Facilitamos el poder utilizar el idioma con el que cada uno se sienta más cómodo para expresar sus conocimientos o experiencias. Que las mujeres tengan la misma relevancia y presencia que los hombres. Que nadie pierda esta oportunidad por no tener con quién dejar a sus hijos.

Y con eso, conseguimos que mucha gente dejara de lado el síndrome del impostor, presentara charlas que nunca se atrevieron a compartir, ni a pensar, sacando a muchos de su zona de confort y retándolos a sorprendernos.

Este año, crear el programa WordCamp será una locura y un gran experimento. Pero para que salga bien, para que todo nuestro trabajo tenga sentido, necesitamos que seas valiente, que te animes a ser parte de todo esto.

Estamos seguros que tienes mucho que aportar, aunque te parezca que no eres experto en nada, que nadie querrá escucharte, no estás frente a estudiantes, clientes, ni frente a un tribunal que te juzgará severamente, sino, entre amigos. Simplemente, intercambiando experiencias y vivencias, cosas que te han pasado o que has aprendido, y con las que puedan sentirse identificados.

Piensa en lo que a ti, como público, te gustaría que alguien te hubiese dicho, explicado o mostrado, y que podría ayudar a otros que aún no lo saben.

<<No tengo tiempo. No tengo nada que decir, no sé hacer nada especial… Es mucho trabajo… ¿En qué me beneficia? No me gusta hablar en público, me pongo nervioso… >>

Podría seguir con la lista de excusas, pero prefiero empezar con la lista de razones para ser ponente.

  • Es una experiencia única que no encontrarás en ningún otro lugar.
  • Recibes de la gente mucho más de lo que das.
  • Te sientes parte de algo especial, capacitado para ayudar e inspirar a otros.
  • Te ayuda a darte cuenta de que sabes mucho más de lo que pensabas sobre algo, o a tener una excusa para investigar o profundizar en un tema que te gusta.

Seguiría eternamente, pero no estoy aquí para convencer a nadie, sino para mostrar cómo es la experiencia de ser ponente en la Pontevedra WordCamp.

Podemos presumir de que más de 100 ponentes ya han pasado por la WordCamp. Cada uno con sus propias circunstancias, vivencias y experiencia, pero todos se quedaron con ganas de repetir.

Era 2019 y todavía no formaba parte del equipo organizador, pero llevaban todo el año hablándome maravillas del evento y que tenía que dar una charla. Yo les decía: pero si no sé nada de WordPress, sólo añadir una entrada en el blog, y poco más.

Entonces, después de tanta insistencia, pensé en lo que sí sabía y cómo podría relacionarlo con WordPress. Preparé una charla corta, para no quitarle el tiempo a gente con más experiencia que seguro tenía cosas más interesantes que contar que yo.

Para mi sorpresa, vinieron bastantes personas a ver lo que tenía que decir, y después, por los pasillos, muchos se acercaron a felicitarme. Como la charla quedó grabada, personas que no pudieron asistir, y que no tienen nada que ver con WordPress, me felicitaron por poder simplificar un tema tan complejo en tan poco tiempo, y que cualquiera pudiera entenderlo sin tener conocimientos de 3D, o de WordPress.

Y ese fue el detonante para dejar de sentirme una impostora, de hacer charlas académicas y aburridas, y presentarme a un montón de eventos, sin miedo, y con la confianza de que siempre encontrarás a alguien interesado en lo que tienes que contar, y que sabe menos que tú.

Pero seguimos con algunos ejemplos más, de personas que se animaron a participar como ponentes en la WordCamp de Pontevedra, y lo que significó para ellos.

Tal y como dijo en su blog tras la WordCamp Pontevedra 2022, Manolo quiso cerrar el círculo. Había dado su última charla presencial antes del Covid el 13 de febrero de 2020, justo un mes antes de que todo se pusiera patas arriba. Fue también en un evento relacionado con WordPress: la Meetup de WordPress Coruña. Así que, pensaba que sería una buena idea volver a dar una charla en vivo en otro evento de WordPress. Pero no en uno cualquiera.

Foto de Manolo durante su charla en la WordCamp Pontevedra 2022

” Tuve la suerte de dar la charla en tercer lugar. Así evitas los nervios durante todo el día hasta que te subes al escenario. Das tu charla, liberas la presión que tienes y ya puedes disfrutar del resto de WordCamp. Y eso fue lo que hice. Para ser la primera en vivo después de más de tres años me sentí muy a gusto. Disfruté y creo que los asistentes también se lo pasaron bien. […] Además de compartir lo que he aprendido con el blog en este tiempo, quería que fuese una charla que inspirase. Así que cuando una persona, en el turno de preguntas, comentó que se había visto reflejada en muchas de mis palabras me dije: “Objetivo cumplido”.”

Aunque Nora ya había impartido charlas en más eventos, en la WordCamp de 2022 se animó a dar por primera vez una charla en gallego. Inspirada por gente de la comunidad WordPress, decidió incorporar el gallego a su día a día y a su trabajo, a pesar de no ser el idioma en el que creció. Convencida de que “el único gallego mal hablado es el que no se habla” y nerviosa por no tener demasiada fluidez, al final se dejó contagiar por el ambiente para afrontar sus miedos.

Foto de Nora Ferreirós

“Para mí, que soy repetidora, participar en WordCamp Pontevedra es un poco como volver a casa. El ambiente es relajado, como si fuera una Meetup pero grande. Especialmente para aquellos que están pensando en hacerlo por primera vez, les recomiendo esta WordCamp donde ser ponente es casi como ser parte de la familia”

Para Brenda, la WordCamp de 2023, fue su primera vez, así con tanta gente. Ya había dado charlas online y formaciones en su anterior empresa a grupos pequeños. Pero se dejó liar, que ella es de rodearse de gente que “te lía” para eventos, y ella no es de dejarse liar ni nada, y apareció en una Wordcamp sin saber apenas ni lo que era.

Foto de Brenda Alonso durante su charla en la WordCamp Pontevedra 2023

” Mis primeros sentimientos fueron miedo, incertidumbre y como no, mi impostora diciéndome al oído que a la gente no le va a interesar lo que iba a contar. Al entrar en la sala iba expectante, pero en cuanto comencé, los nervios, el miedo y la impostora se esfumaron. La acogida no sólo de oyentes, sino de organizadores, no pudo ser mejor. Me sentí como en familia. Una experiencia que por supuesto este año repito, ya estoy preparando mi nueva ponencia para contar mi historia sobre el emprendimiento.”

Si siempre pensaste en dar una charla, pero los miedos te echaron hacia atrás, si quieres estrenarte en un sitio en el que nadie te juzga y acoge a cualquiera con gratitud e interés por lo que quiere compartir con el resto. Si ya has sido ponente y quieres repetir la experiencia, ¡a qué esperas!

Manda tu propuesta para la WordCamp Pontevedra 2024. Recuerda que el plazo acaba el 9 de junio. Más información y formulario de inscripción, en la página Participar como ponente.