Arrancamos motores na WordCamp Pontevedra 2024

Se estiveches na clausura do WordCamp Pontevedra 2023, lembrarás o momento no que se me encomendou coller o bastón de mando e dirixir a organización desta nova edición.

A verdade é que nese momento parecíame un marrón máis dos que adoito aceptar por non saber dicir que non, e por estar sempre disposta a axudar a todos co que sexa. Ademais, tampouco estaba a pasar un bo momento persoal.

Porén, grazas ó apoio e confianza depositados en min por moitos dos que agora forman parte do equipo organizador, e moitos dos que pensan asistir ó evento, ó final, cambiei de opinión.

Ademais de todas as mensaxes que recibín de moita xente animándome, algunhas que nin as coñecía. Quizais o que finalmente me convenceu foi aquel no que me dicían “é a oportunidade de facer as cousas á túa maneira, de darlle o teu toque”.

E esa idea espertou esa parte de min á que lle gustan os retos, organizar e optimizar tarefas, prestar atención ós pequenos detalles e, sobre todo, organizar festas nas que a xente se sinta como na casa e nas que pasalo moi ben.

Se chegaches aquí por casualidade, e nunca estiveches nunha WordCamp, é simplemente o xeito que ten a Fundación WordPress de chamarlle a un evento sen ánimo de lucro no que se mestura conferencias, entretemento e networking.

Ademais de aprender sobre deseño, desenvolvemento, SEO, márketing e outros temas relacionados co mundo web, tamén contribúes a que WordPress e a súa Comunidade sigan a medrar.

Os relatores, organizadores e voluntarios son usuarios e profesionais que participan sen cobrar nada a cambio, co único propósito de compartir o seu tempo e experiencia para axudar a difundir o coñecemento sobre WordPress.

Sen eles, e sen o apoio económico dos nosos patrocinadores, que fan que o prezo das entradas sexa accesible para calquera, a celebración deste evento non sería posible.

Tras catro edicións exitosas, convertémonos nunha WordCamp de referencia onde se come ben, se aprende moito e te sientes igual ca estar en familia. Cun ambiente aberto e relaxado, no que ninguén se sente un estraño.

O ano pasado, máis de 250 asistentes gozaron de 33 relatorios, e o 96% dos asistentes valorou o evento como excelente ou moi bo. Se queres saber como foi, compartimos toda a información sobre o evento na nosa web e algunhas experiencias dos organizadores no noso blog.

Pero o ben que o pasamos non é algo que só digamos nós, hai moitos vídeos, fotos e resumos do acontecido publicados.

Como dixen, este ano quixen darlle “o meu toque” ó evento. Aínda que as cousas funcionen, gusten ou saian ben, creo que sempre se poden mellorar, ou polo menos tentalo.

Para iso formei un gran equipo no que quería contar con representación dos conxuntos locais galegos: A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense, Santiago e Vigo.

Mesturar a veteranía duns, coa ilusión, enerxía e visión de xente que nunca organizou unha WordCamp, ou incluso, que non está tan involucrada coa Comunidade. Darlle un aire novo e contemplar as cousas desde outras perspectivas.

Se queres coñecer os organizadores deste ano e de que se encargan, visita a páxina da Organización.

Pero, que hai de novo?

Na WordCamp Pontevedra sempre tivemos unha estreita relación co Emprendemento. Irmandado dende o principio coa Feira do Emprendemento, Pont-Up Store, coa que colaboramos con diferentes actividades. Este ano quixemos poñer aínda máis o foco neste mundo.

Pensamos que WordPress é unha ferramenta esencial para calquera proxecto de emprendemento dixital. E a maioría dos membros da nosa Comunidade son emprendedores convertidos en profesionais dixitais, que poden axudar e asesorar a través do que viviron de primeira man.

Por iso, queremos contribuír a promover e mellorar as pequenas empresas e os proxectos dixitais. Promover os contactos entre usuarios, profesionais e clientes. E facilitar o acceso á formación e ó coñecemento a calquera persoa para loitar contra a fenda dixital.

Nas anteriores edicións sempre apostamos polo formato charla. Unhas máis longas, outras máis curtas. Cada relator deulle o seu propio estilo. Uns máis formais, outros áxiles e dinámicos, algúns, un auténtico espectáculo! Pero sempre procuramos abarcar diferentes temáticas e niveis, para que elixas as que máis se adapten ós teus gustos ou preferencias.

Porén, creo que na actualidade hai unha saturación de charlas, un formato que podes consumir en liña en diversas plataformas en calquera momento. Por iso, quixemos apostar por formatos nos que poder participar dun xeito máis activo, para que os asistentes non sexan simples espectadores, senón para que tamén poidamos aprender deles. Das súas dúbidas, das súas experiencias, dos seus proxectos.

Sesións onde se aprende con exemplos reais, poñendo en práctica consellos, ferramentas ou coñecementos. Comprender cómo funcionan estas cousas, vivilas de primeira man, experimentar e buscar solucións innovadoras xuntos.

O que sempre fixemos, aprender, compartir e divertirnos, pero doutro xeito.

Se queres saber máis sobre os novos formatos, visita a páxina de Conferencias.

Temos a gran sorte de contar co apoio e colaboración da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, que un ano máis nos cede a Facultade de Comunicación para celebrar este evento.

Porén, noutros anos non estivemos a aproveitar ó máximo o potencial dos espazos e zonas que nos ofrece este recinto. Por iso, este ano pensamos en crear diferentes espazos nos que poder moverse segundo o que che pida o corpo.

Seguimos tendo dúas aulas nas que asistir ás conferencias. A zona de patrocinadores na que tamén podes tomar un café, refresco ou o que queiras, nos descansos. A zona na que servir a comida e o polbo, na planta baixa. A Ludoteca.

Pero ademais, queremos crear unha zona chamada Conecta, na que reunir a profesionais que ofrecen os seus servizos, con emprendedores que precisan dun profesional ou axuda nalgunha parte do seu proxecto.

Tamén queremos ofrecer un espazo para traballar, otro no que desconectar se tanto socializar che esgota… E algunha cousa máis que non podo revelar polo momento!

Mais se non queres perderte todo o que acontece no WordCamp Pontevedra 2024, e descubrir máis sorpresas, subscríbete ao noso blog.

Vémonos en setembro!

Versión español

Si estuviste en el cierre de la WordCamp Pontevedra 2023, te acordarás del momento en que me encomendaron recoger el testigo y liderar la organización de esta nueva edición.

La verdad es que en ese momento me parecía un marrón más de los que me suelen caer por no saber decir que no, y por prestarme siempre a ayudar a todos con lo que sea. Además de que tampoco estaba pasando por un buen momento personal.

Sin embargo, gracias al apoyo y a la confianza depositada en mí por muchos de los que ahora son parte del equipo de organización, y muchos de los que tenéis pensado acudir al evento, al final, cambié de idea.

Así como de todos los mensajes que recibí de un montón de personas dándome ánimos, alguna que incluso no conocía. Quizá lo que acabó de convencerme fue uno en el que me decían “es la oportunidad para hacer las cosas a tu modo, para darle tu toque”.

Y esa idea despertó esa parte de mí a la que le encantan los retos, organizar y optimizar tareas, prestar atención a los pequeños detalles, y sobre todo, organizar saraos en los que la gente se sienta como en casa y se lo pase a lo grande.

Si llegaste aquí por casualidad, y nunca has estado en una WordCamp, simplemente es una forma que tiene la Fundación de WordPress de llamarle a un evento sin ánimo de lucro en el que mezclar conferencias, ocio y networking.

Además de aprender sobre diseño, desarrollo, SEO, marketing y otros temas relacionados con el mundo web, también se contribuye para que WordPress y su Comunidad sigan creciendo.

Los ponentes, organizadores y voluntarios, son usuarios y profesionales que participan sin cobrar nada a cambio, con el único fin de compartir su tiempo y experiencia para ayudar a difundir el conocimiento sobre WordPress.

Sin ellos, y sin el apoyo económico de nuestros patrocinadores, que facilitan que el precio de las entradas sea adsequible para cualquiera, la realización de este evento no sería posible.

Tras cuatro ediciones exitosas, nos hemos convertido en una WordCamp de referencia en la que se come genial, se aprende un montón, y es como estar en familia. Con un ambiente abierto y distendido, en el que nadie se siente un desconocido.

El año pasado, más de 250 asistentes disfrutaron de 33 ponencias y un 96% de los asistentes calificaron el evento como excelente o muy bueno. Si quieres saber cómo fue, compartimos en nuestra web toda la información del evento y en nuestro blog algunas experiencias de los organizadores.

Pero lo bien que lo pasamos, no es algo que sólo digamos nosotros, sino que hay multitud de vídeos, fotos y resúmenes de lo acontecido publicados.

Como bien dije, este año quería darle “mi toque” al evento. Aunque las cosas funciones, gusten, o salgan bien, yo creo que siempre se pueden mejorar, o al menos intentarlo.

Para ello formé un equipazo en el que quería que hubiese representación de los grupos locales gallegos: A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense, Santiago y Vigo.

Mezclar la veteranía de unos, con la ilusión, energía y visión de gente que nunca organizó una WordCamp, o incluso, que no está tan involucrada con la Comunidad. Darle un aire nuevo y contemplar las cosas desde otras perspectivas

Si quieres conocer a los organizadores de este año y de qué se encargan, pásate por la página de Organización.

Pero ¿qué novedades hay?

Siempre hemos tenido una estrecha relación con el Emprendimiento. Hermanados desde el principio con la Feria de emprendimiento, Pont-Up Store, con la que colaboramos con diferentes actividades. Este año, hemos querido poner el foco todavía más en este mundo.

Pensamos que WordPress es una herramienta esencial para cualquier proyecto de emprendimiento digital. Y la mayoría de los miembros de nuestra Comunidad son emprendedores reconvertidos en profesionales digitales, que pueden ayudar y aconsejar a través de lo vivido en primera persona.

Por eso, queremos ayudar a impulsar y mejorar pequeños negocios y proyectos digitales. Fomentar los contactos entre usuarios, profesionales y clientes. Y facilitar el acceso a la formación y al conocimiento a cualquiera para luchar contra la brecha digital.

En anteriores ediciones siempre hemos optado por el formato charla. Unas más largas, otras más cortas. Cada ponente le daba su estilo. Unas más formales, otras ágiles y dinámicas, alguna, ¡un verdadero show! Pero siempre intentado abarcar diferentes temáticas y niveles, para que puedas elegir las que más se ajusten a tus gustos o preferencias.

Sin embargo, creo que actualmente hay saturación de charlas, un formato que puedes consumir online en diversas plataformas a cualquier hora. Por eso quisimos apostar por formatos más participativos, que los asistentes no sean simples espectadores, sino que podamos aprender también de ellos. De sus dudas, de sus experiencias, de sus proyectos.

Sesiones en las que aprender con ejemplos reales, poniendo en práctica consejos, herramientas o conocimientos. Entender cómo funcionan las cosas, vivirlo en primera persona, experimentar y llegar a soluciones innovadoras entre todos.

Lo que siempre hemos hecho, aprender, compartir y divertirse, pero de otro modo.

Si quieres saber más sobre los nuevos formatos, pásate por la página de Conferencias.

Tenemos una gran suerte de contar con el apoyo y la colaboración de la Vicerrectoría del Campus de Pontevedra, que un año más nos cede la Facultad de Comunicación para celebrar este evento.

Sin embargo, otros años no estábamos aprovechando al máximo el potencial de los espacios y las zonas que este recinto nos ofrece. Por eso, este año se nos ha ocurrido crear diferentes espacios en los que moverte según lo que el cuerpo te pida.

Seguimos teniendo dos aulas en las que acudir a las conferencias. La zona de patrocinadores en la que también puedes tomar un café, refresco, o lo que os apetezca, en los descansos. La zona en la que servir la comida y el pulpo, en la planta baja. Ludoteca.

Pero a mayores, queremos crear una zona llamada Conecta, en la que reunir a profesionales que ofrezcan sus servicios, con emprendedores que necesiten algún profesional o ayuda con alguna parte de su proyecto.

También queremos facilitar algún espacio para trabajar, otro para desconectar si tanto socializar te agota… Y alguna cosilla más que de momento no puedo desvelar!

Si no quieres perderte todo lo que pasa en la WordCamp Pontevedra 2024, y descubrir más sorpresas, subscríbete a nuestro blog.

¡Nos vemos en septiembre!