Buscamos Asociacións que precisen unha web!

Es dunha asociación con algún fin benéfico ou que intente facer deste un mundo un lugar mellor? Levades anos querendo ter unha web pero non sabedes ni por ónde empezar? Pois segue a ler, porque isto interésache.

Probablemente non saberedes qué é unha WordCamp, un hackathon…, e WordPress, tal vez vos soe un pouco, ou non. Mais o que realmente debedes saber é que a Comunidade de WordPress caracterízase polo seu traballo colaborativo, didáctico e voluntario.

Unha Comunidade formada por grandes persoas e profesionais do mundo das webs que non dubidan en ceder os seus coñecementos e tempo dunha maneira desinteresada ante boas causas.

Asociacións que axudan a persoas ou grupos desfavorecidos, que loitan contra desigualdades, ou que poñen o seu gran de area para construír unha sociedade mellor e deixar o planeta en mellores condicións.

Proxectos que non teñen unha web, ou que precisan mellorar a que teñen, para dar difusión da súa actividade e amosar os seus logros. Un lugar no que inspirar a outros, conseguir máis socios, colaboracións, patrocinios e oportunidades.

Sabemos que as vosas causas e obxectivos quítanvos todo o tempo que tedes. E que todos os vosos esforzos están dirixidos a actividades na vida real. Mais na actualidade, o mundo dixital acapara moitas horas da nosa vida. Por iso, unha axeitada presenza online é indispensable para que os demais saiban que existides.

E seguramente, teredes presenza en redes como Facebook, Twitter, Instagram, pero unha web ademais de darvos o control e xestión dos vosos contidos, permítevos realizar numerosas tarefas que non poderiades facer a través das redes sociais.

Por iso, queremos axudarvos a poñer os alicerces da vosa web nun evento que celebraremos o 20 de setembro, dentro das actividades organizadas para a WordCamp Pontevedra 2024.

do_action, simplemente é a forma que ten a Comunidade de WordPress para nomear a un evento no que nos reunimos para crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local nun só día.

Organízanse grupos cos participantes, un por asociación, nos que debe integrarse algún membro da asociación. E dedican todo o día a dar forma ó sitio web de cada unha delas.

Ademais, recibiredes unha formación básica sobre o manexo de WordPress para poder xestionar o voso sitio web tras o evento.

Ó final do día, teredes o voso sitio web en funcionamento, cunha hospedaxe e dominio gratis, deseñado en base ás vosas necesidades e ó traballo realizado previamente.

Se aínda non o tes claro, podes ver o resumo do que aconteceu o ano pasado e das webs que creamos na web de la WordCamp Pontevedra 2023.

Non perdades esta oportunidade de ter grandes profesionais do mundo das webs traballando de balde para vós e o voso proxecto!

Se queredes participar, podedes consultar toda a información e cubrir o formulario de participación na páxina Participar como asociación.

Versión en español

¿Eres una asociación con un fin benéfico o intentas hacer de este mundo un lugar mejor? ¿Llevas años queriendo tener un sitio web pero no sabes ni por dónde empezar? Pues sigue leyendo, porque esto te interesa.

Probablemente no sepas qué es una WordCamp, un hackathon…, y WordPress, quizá te suene un poco, o no. Pero lo que realmente debes saber es que la Comunidad WordPress se caracteriza por su trabajo colaborativo, didáctico y voluntario.

Una Comunidad formada por grandes personas y profesionales del mundo web que no dudan en donar su conocimiento y tiempo de forma desinteresada a buenas causas.

Asociaciones que ayudan a personas o colectivos desfavorecidos, que luchan contra las desigualdades, o que aportan su granito de arena para construir una sociedad mejor y dejar el planeta en mejores condiciones.

Proyectos que no tienen página web, o que necesitan mejorar la que tienen, para difundir su actividad y mostrar sus logros. Un lugar para inspirar a otros, conseguir más socios, colaboraciones, patrocinios y oportunidades.

Sabemos que tus causas y objetivos ocupan todo el tiempo del que dispones. Y que todos tus esfuerzos estén dirigidos a actividades de la vida real. Pero hoy en día, el mundo digital ocupa muchas horas de nuestras vidas. Por tanto, una presencia online adecuada es fundamental para que los demás sepan que existes.

Y seguramente tendrás presencia en redes como Facebook, Twitter, Instagram, pero un sitio web, además de darte control y gestión de tus contenidos, te permite realizar numerosas tareas que a través de las redes sociales no podrías realizar.

Por eso, queremos ayudarte a sentar las bases de tu sitio web en un evento que celebraremos el 20 de septiembre, dentro de las actividades organizadas para la WordCamp Pontevedra 2024.

do_action es simplemente la forma que tiene la comunidad de WordPress de nombrar un evento en el que nos reunimos para crear el sitio web de una organización sin fines de lucro local en un día.

Se organizan grupos con los participantes, uno por asociación, en los que deberá estar integrado un miembro de la asociación. Y dedican todo el día a darle forma a la web de cada uno de ellos.

Además, recibirás una formación básica sobre el manejo de WordPress para poder gestionar tu sitio web después del evento.

Al final del día tendrás tu sitio web en funcionamiento, con hosting y dominio gratuitos, diseñado en base a tus necesidades y al trabajo realizado previamente.

Si todavía no lo tienes claro, puedes ver el resumen de lo que pasó el año pasado y de las webs que creamos en la web de la WordCamp Pontevedra 2023.

¡No pierdas esta oportunidad de tener grandes profesionales del mundo web trabajando gratis para ti y tu proyecto!

Si quieres participar, puedes consultar toda la información y rellenar el formulario en la página Participar como asociación.