Sábado, 21 de setembro
Nesta xornada haberá dúas salas nas que poderás acudir a diferentes charlas, talleres e formatos experimentais. Con máis de 20 relatores que abarcarán todas as temáticas posibles relacionadas co mundo das webs e o emprendemento. E diferentes niveis, para que tanto novatos como expertos aprendan e desfruten.
Este ano, propuxémonos levar a cabo distintas actividades relacionadas con WordPress e o emprendemento. Tocando áreas como negocios dixitais, comercio electrónico, marca persoal, redes sociais, copywrtiting, desenvolvemento web, deseño UX/UI, accesibilidade, márketing e vendas, SEO, seguridade, WPO, aspectos legais…
Conferencias dinámicas, o máis prácticas posibles coas que os asistentes acaben con gaña de probar cousas novas. Relatores con ideas innovadoras, historias que inspiren a outros ou quizáis consellos prácticos que nos sirvan para aplicar ós nosos proxectos.
Se queres máis detalles sobre ás conferencias, revisa o programa para decidir en cal queres participar.


Formatos
Este ano apostamos por unha maior participación dos asistentes, e por formatos máis dinámicos e prácticos para afianzar coñecementos aplicados a casos reais a través da experiencia persoal.
- Charla longa
- Charla curta
- Taller
- Demo
- Auditoría
- Consultoría
- Debate aberto
Charla longa
A charla longa é unha excelente oportunidade para profundizar nun tema específico. Cunha duración de 20 minutos, haberá tempo ó finalizar para que o público realice preguntas.
As preguntas permiten entrar en máis detalle e abordar inquedanzas directas dos asistentes.


Charla curta
Estas charlas tan só duran 10 minutos e non hai posibilidade de facer preguntas ó rematar.
A brevedade de tempo obriga a concentrarse nos aspectos máis importantes do tema, destacar puntos chave, ofrecer consellos prácticos e compartir ideas efectivas.
Taller
Este formato é un xeito de aprender facendo. Unha sesión práctica e participativa na que aplicar conceptos e ferramentas directamente durante 60 minutos.
O relator axudará e guiará ós participantes para que sexan quen de entender e afianzar os conceptos.


Demo
En tan só 10 minutos,o relator amosará de maneira práctica cómo funciona unha aplicación, un plugin, os pasos a seguir para facer unha estratexia específica de…
Trátase de ver dunha forma rápida e fácil, ó xeito de facer algo concreto para que os asistentes poidan aprender a facelo.
Auditoría
Durante 20 minutos un experto nalgunha área relacionada co mundo das webs ou do emprendemento revisará un proxecto real.
Trátase de amosar a metodoloxía a seguir para poder identificar áreas de mellora e oportunidades para optimizar procesos no teu propio proxecto.


Consultoría
Durante 10 minutos, o relator dará consellos e recomendacións personalizadas sobre casos específicos do público para axudarlles a resolver as súas dúbidas ou problemas.
Para iso, poderase mandar preguntas con antelación ó evento, que serán contestadas con solucións baseadas na experiencia.
Debate aberto
Este formato é unha oportunidade para participar nunha conversa aberta e dinámica, durante 60 minutos, sobre un tema relevante relacionado con WordPress e o emprendemento.
Trátase de identificar entre todos problemas reais compartindo perspectivas, ideas e experiencias para explorar diferentes puntos de vista e xerar solucións innovadoras.

Queres ser relator?
Para participar como relator, estade atentos á chamada e ó período para presentar as vosas charlas e talleres.