Consultoría sobre coherencia de marca

Todo o que fas, di algo de ti. A forma na que o fas ou o amosas, moito máis. O teu produto, os teus servizos, a atención ó cliente… todo iso, aporta valor ó teu público obxectivo.

Unha marca é o que a xente percibe de ti, aínda que ti creas que non a tes. Apela ás emocións e ás percepcións que teñen os clientes cando interactúan con ela. Por iso, é importante que sexa coherente para que a xente experimente coa túa marca o que a ti che interese.

Trátase de transmitir sentimentos, valores e características de marca a través de moitos puntos de contacto. Xa sexa o email, a túa web, as túas redes sociais, as túas tarxetas de visita…

Traballar na túa marca axúdache a ter unha presenza única para o teu negocio, que conecte cos teus clientes, a atraelos e fidelizalos, de xeito, que cando chegue o momento de tomar unha decisión de compra sobre o que ofreces, esteas máis preto de consolidar a venda.

Se che preocupa a túa identidade visual, mándanos as túas dúbidas, consultas ou preguntas sobre: 

  • O deseño do teu logotipo
  • As colores e as tipografías da túa marca
  • Elementos de deseño (patróns, texturas, iconas, ilustracións…)
  • Identidade visual da túa web 
  • Aplicación da túa marca en diferentes formatos ou medios: imaxe corporativa, web, redes sociais e medios impresos

Cubre o formulario e mándanolo para facerlle chegar as túas preocupacións ó experto neste tema.

Entre todas as consultas que recibamos, escolleremos as que poidan ser de maior interese para os asistentes.

O sábado 21 de setembro, na sesión Coherencia de marca compartiremos as respostas con todos os asistentes.

Mais se non escollemos a túa consulta, non te preocupes, sempre podes aprender un montón das dúbidas de outros, e facer a túa consulta ou outras directamente nalgún descanso.

Non perdas esta oportunidade de aprender da experiencia de Sonia Díaz sobre os elementos visuais que conforman a túa identidade!

Ir ó formulario

Versión en español

Todo lo que haces, dice algo de ti. La forma en que lo haces o lo muestras, mucho más. Tu producto, tus servicios, la atención al cliente… todo ello, aporta valor a tu público objetivo.

Una marca es lo que la gente percibe de ti, aunque tú creas que no la tienes. Apela a las emociones y a las percepciones que tienen los clientes cuando interactúan con ella. Por eso, es importante que sea coherente para que la gente experimente con tu marca lo que a ti te interese.

Se trata de transmitir sentimientos, valores y atributos de marca a través de muchos puntos de contacto. Ya sea el email, tu web, tus redes sociales, tus tarjetas de visita…

Trabajar en tu marca te ayuda a tener una presencia única para tu negocio, que conecte con tus clientes, a atraerlos y fidelizarlos, de modo, que cuando llegue el momento de tomar una decisión de compra sobre lo que ofreces, estés más cerca de consolidar la venta.

Si te preocupa tu identidad visual, mándanos tus dudas, consultas o preguntas sobre: 

  • El diseño de tu logotipo
  • Los colores y las tipografías de tu marca
  • Elementos de diseño (patrones, texturas, iconos, ilustraciones…)
  • Identidad visual de tu web 
  • Aplicación de tu marca en diferentes formatos o medios: imagen corporativa, web, redes sociales y medios impresos

Cubre el formulario y mándanoslo para hacerle llegar tus preocupaciones al experto en este tema.

Entre todas las consultas que recibamos, escogeremos las que puedan ser de mayor interés para el público de la PonteWordCamp.

El sábado 21 de septiembre, en la sesión Coherencia de Marca compartiremos las respuestas con todos los asistentes.

Pero si no escogemos tu consulta, no te preocupes, siempre se puede aprender un montón de las dudas de otros, y hacer tu consulta u otras directamente en alguno de los descansos.

¡No pierdas esta oportunidad de aprender de la experiencia de Sonia Díaz sobre los elementos visuales que conforman tu identidad!