De que vai iso do «Día da Comunidade»?

Canto hai que coñeces WordPress? Sabías que é unha ferramenta de código aberto e libre? Isto permite que calquera poida participar da creación e mellora da ferramenta ou de calquera parte do ecosistema ao seu arredor.

Mentres que moitas persoas e empresas converten esta característica na base do seu negocio, creando plugins, temas, facendo implantacións,… hai unha parte moi importante do éxito deste CMS que se dá grazas ao traballo da comunidade.

«Comunidade» é unha palabra moi abstracta, moi afastada. Falemos, mellor, de persoas.

Persoas que, coma ti, aproveitan esta ferramenta para crear os seus proxectos, persoais ou empresariais, e que saben que, para que isto siga funcionando como ata agora, está ben botar unha man. Persoas que, cando atopan algo que mellorar ou corrixir, póñense mans á obra; persoas que usan algúns ratiños libres para axudar a outros usuarios de WordPress nos foros de soporte; persoas que se preocupan de atopar un local, de atopar un tema do que falar ou de xuntar a usuarios da túa cidade nunha xuntanza para compartir coñecemento, de WordPress, pero tamén do día a día; persoas que traducen temas, plugins ou o propio WordPress para que todos o teñamos dispoñible na nosa lingua; que se preocupan de que o sistema sexa accesible; que o deseño sexa apropiado,…

Creo, firmemente, que ti, se non o tes feito xa, podes formar parte deste grupo de persoas que nos axudamos para facer WordPress máis doado, máis completo. E sei que vas gozar formando parte do proxecto.

Porque as persoas gozan xuntándose para compartir e para facilitar a entrada a quen se achega a primeira vez para contribuír con WordPress, e é por iso polo que celebramos o «contributor day» ou Día da Comunidade.

O «contributor day» na WordCamp Pontevedra será o domingo 22 de setembro e estariamos encantados de verte por alí.

O Día da Comunidade organízase arredor de mesas de traballo, coincidentes cos grupos de traballo oficiais de WordPress. Ás veces están todos, ás veces temos algunha mesa extra, ás veces as mesas divídense para atacar diferentes obxectivos do equipo… Pode que algunha falle e pode que se forme algunha mesa nova de maneira esporádica. Pero, en principio, este ano poderás unirte ás mesas de:

  • Traducións. En Pontevedra somos internacionais! Este ano imos ter mesas de tradución para:
    • Galego.
    • Español.
    • Portugués.
  • WordPress.TV. En https://wordpress.tv/ podes atopar relatorios de WordCamps, talleres, titoriais… de todo o mundo. Non che apetecería axudar a que as charlas desta WordCamp estean dispoñibles o antes posible para todos?
  • Soporte. Axuda a outros usuarios a resolver as súas dúbidas.
  • Comunidade. Queres coñecer como funciona a comunidade? Tes ideas novas? Interésache iniciar unha comunidade na túa localidade? No grupo de comunidade vas atopar todas as respostas que precisas.
  • Accesibilidade. A gran esquecida para moitos e a gran necesitada para todos. Axuda a facer WordPress máis accesible para aqueles que precisan, e precisaremos, formas alternativas para movernos pola web.
  • Márketing. Colabora na promoción de WordPress.
  • Sostibilidade. Aprenderás como WordPress axuda a ter un mundo máis sostible e descubrirás os seus beneficios.

O principal é que teñas curiosidade e, despois, ganas. Cun taller e un do_action, o venres; unha WordCamp, o sábado; e se decides pasarte polo after-party, seguramente tamén vas precisar un pouco de forza de vontade, non cho vou negar.

Se tes o que hai que ter, e decides vir, é ideal que traias o teu portátil ou unha tablet, pero non é un requisito indispensable. Moitas veces, unha opinión a tempo consegue moito.

O que si vas precisar é unha conta en Slack.

Slack é unha plataforma de comunicación empregada polos grupos de traballo da comunidade de WordPress para organizarse. Aquí tes unha guía para crear a túa conta de Slack e unirte á comunidade de WordPress.

De verdade, cres que estaría escribindo isto se non merecera a pena? Cres que ano tras ano organizaríamos unha fin de semana coma esta —no noso tempo libre— se non valese a pena?

POR SUPOSTO QUE VALE A PENA!!

Veña! Vémonos o domingo axudando a facer WordPress máis útil e doado.

Versión en español

¿De qué va eso del Día de la Comunidad?

¿Cuánto hace que conoces WordPress? ¿Sabías que es una herramienta de código abierto y libre? Esto permite que cualquiera pueda participar de la creación y mejora de la herramienta o de cualquier parte del ecosistema a su alrededor.

Mientras que muchas personas y empresas convierten esta característica en la base de su negocio, creando plugins, temas, haciendo implementaciones… hay una parte importantísima del éxito de este CMS que se da gracias al trabajo de la comunidad.

Comunidad es una palabra muy abstracta, como muy lejana. Mejor hablemos de personas.

Personas que, como tú, aprovechan esta herramienta para crear sus proyectos, personales o empresariales, y que saben que, para que esto siga funcionando como hasta ahora, está bien arrimar el hombro. Personas que cuando encuentran algo que mejorar o corregir, se arremangan y se ponen manos a la obra; personas que usan algunos ratitos libres para ayudar a otros usuarios de WordPress en los foros de soporte; personas que se preocupan de encontrar un local, encontrar un tema del que hablar y juntar a usuarios de su ciudad en una quedada para compartir conocimiento, de WordPress, pero también del día a día; que traducen temas, plugins o el propio WordPress para que lo tengamos todos disponibles en nuestro idioma; o que se preocupan de que el sistema sea accesible; de que el diseño sea apropiado…

Porque a las personas les gusta juntarse para compartir y para facilitar la entrada a quienes se acercan por primera vez para contribuir con WordPress, se celebra el «contributor day» o Día de la Comunidad.

El «contributor day» en WordCamp Pontevedra será el domingo 22 de septiembre y estaríamos encantados de verte por allí.

El Día de la Comunidad se organiza alrededor de mesas de trabajo, coincidente con grupos de trabajo oficiales de WordPress. A veces están todos, a veces tenemos alguna mesa extra, a veces las mesas se dividen para atacar diferentes objetivos del equipo… Puede que alguna falle y puede que se forme alguna mesa nueva de forma esporádica. Pero, en principio, este año podrías unirte a:

  • Traducciones. ¡En Pontevedra somos internacionales! Este años vamos a tener mesas de traducción para:
    • Gallego.
    • Español.
    • Portugués.
  • WordPress.TV. En https://wordpress.tv/ puedes encontrar charlas de WordCamps, talleres, tutoriales… de todo el mundo. ¿No te apetecería ayudar a que las charlas de esta WordCamp estén disponibles lo antes posible para todos?
  • Soporte. Ayuda a otros usuarios a resolver sus dudas.
  • Comunidad. ¿Quieres conocer los entresijos de la comunidad?, ¿tienes ideas nuevas?, ¿te interesa iniciar una comunidad en tu localidad? En el grupo de comunidad te van a ayudar con todo ello.
  • Accesibilidad. La gran olvidada para muchos y la gran necesitada para todos. Ayuda a hacer WordPress más accesible para aquellos que necesitan y necesitaremos formas alternativas para movernos por la web.
  • Márketing. Colabora en la promoción de WordPress.
  • Sostenibilidad. Aprenderás cómo WordPress ayuda a tener un mundo más sostenible y descubrirás sus beneficios.

Lo principal es que tengas curiosidad y, después, ganas. Con un taller y un do_action el viernes, una WordCamp el sábado y si decides pasarte por el after-party, seguramente también vas a necesitar un poco de fuerza de voluntad, no te lo voy a negar.

Si tienes lo que hay que tener, y te decides a venir, es ideal que traigas tu portátil o tablet, pero no es un requisito indispensable. Muchas veces, una opinión a tiempo logra mucho.

Lo que sí vas a necesitar es una cuenta en Slack.

Slack es una plataforma de comunicación y es la que utilizan los grupos de trabajo de la comunidad de WordPress para organizarse. Aquí tienes una guía para crear tu cuenta de Slack y unirte a la comunidad de WordPress

De verdad, ¿crees que estaría escribiendo esto si no mereciese la pena? ¿Crees que año tras año organizaríamos un fin de semana como este —en nuestro tiempo libre— si no mereciese la pena?

¡¡POR SUPUESTO QUE MERECE LA PENA!!

¡Venga! Nos vemos el domingo ayudando a hacer WordPress más útil y fácil.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *