Domingo, 22 de setembro
WordPress é unha ferramenta de código aberto e libre que permite que calquera poida participar da súa creación e mellora ou de calquera parte do ecosistema ó seu arredor.
Nesta xornada, as persoas que desfrutamos botando unha man co proxecto de WordPress, reunímonos en persoa para traballar en común e amosar a outros cómo poden colaborar.
Confórmanse mesas temáticas de traballo lideradas por persoas ampliamente recoñecidas pola súa aportación nos distintos equipos, que fan posible que WordPress sexa unha ferramenta líder no desenvolvemento web, e ti decides a qué equipo te queres unir.
Axúdanos a facer WordPress aínda mellor.
A túa asistencia supón unha gran aportación para a Comunidade independentemente do teu perfil. Seguramente saibas facer moitas cousas que poden axudar a mellorar o deseño, a accesibilidade ou a seguridade de WordPress.
Podes traducir plugins ou o tema que tanto che gusta, pero que non está dispoñible no teu idioma.
Se cadra, prefires axudar a outros usuarios a resolver as súas dúbidas nos foros de soporte da Comunidade.
Ou queres saber qué hai que facer para liderar a formación dun grupo de WordPress na túa localidade.
Tamén podes colaborar na mesa de WordPress.TV para que as sesións da WordCamp estéan dispoñibles para todo o mundo en tempo récord.
Mesas de traballo
Se aínda non tes claro a qué mesa te queres unir, podes curiosear por varias e quedarte na que máis che guste. En principio, teremos as seguintes :
- Traducións (ES, GL e PT)
- Deseño
- WordPress.TV
- Sostibilidade
- Accesibilidade
- Soporte
- Márketing
- Comunidade
Que se necesita para participar?
O principal é que teñas curiosidade e gaña. Despois de todo o vivido nas xornadas anteriores, seguramente, tamén vas precisar un pouco de forza de voluntade para abandoar a cama e asistir.
Pero se decides vir, é ideal que traias o teu portátil ou tablet,mais non é un requisito indispensable. Moitas veces, unha opinión é moito máis valiosa ca ningunha tecnoloxía.
O que si vas precisar é unha conta en Slack. Slack é a plataforma de comunicación que utilizan os grupos de traballo da Comunidade de WordPress para organizarse.
Aquí tes unha guía para crear a túa conta de Slack e unirte á Comunidade de WordPress.
Aínda non tés a túa entrada?
Se queres acudir ás Conferencias e ó Día da Comunidade, non esquezas mercar a túa entrada