Trae ós teus cativos!
Cando se está a pensar en asistir a un evento, organizar o coidado dos cativos é un dos factores máis importantes para os que temos familia, sobre todo cando o evento se celebra noutra cidade.
Saír da casa e tomarnos un par de días para asistir a un evento, non é unha decisión doada de tomar. Así e todo, sabemos que asistir a conferencias e eventos é unha parte fundamental para o noso desenvolvemento profesional e persoal. Ademais de ser unha gran forma de coñecer xente e novos lugares.
Por iso, queremos poñérvolo doado para vir á WordCamp Pontevedra 2024, e ofrecervos un servizo de ludoteca para que os vosos fillos e fillas poidan estar atendidos e entretidos mentres vós gozades das actividades e o networking sen preocupacións.
En que consiste o servizo de Ludoteca?
O horario da ludoteca será o sábado:
- de 09:00 a 13:30
- de 15:00 a 18:30
O lugar será un aula no mesmo edificio onde se celebra a WordCamp. E os pais poderán achegarse a velos cando queiran.
Os nenos poden levar o seu almorzo ou merenda, e os monitores encargaránse de darllos a media mañá ou tarde, pero o xantar, realizarano cos seus pais na zona de restauración asignada.
Teremos un servizo de monitores profesionais (grazas á empresa Aindamais) que prepararán xogos educativos e de animación para manter ós teus peques entretidos e seguros, mentres desfrutas das charlas.
Teremos un máximo de 15 nenos e nenas que poderán desfrutar do servizo de ludoteca, de idades entre os 3 e 12 anos.
Reserva praza!
Cubre o siguinte formulario para facer a túa reserva o antes posible, e así, poder utilizar o servizo de Ludoteca. Non poderemos admitir a ninguen no momento sen reserva previa.
Para calquera dúbida, mándanos un correo a pontevedra@wordcamp.org ou cubre o formulario na páxina de contacto.
Subscríbete ó noso blog
Entérate de todo o que estamos a facer para que este evento sexa inesquecible.