O plan para esta WordCamp Pontevedra

Entramos na recta final! Outro ano máis, o equipo de organización empeza a poñerse dos nervios para que todo vaia sobre rodas, non falte nada, e todo o mundo se leve un bo recordo.

Os voluntarios comezan a encaixar no seu calendario persoal cando poden botar unha man. Os relatores fan o derradeiro repaso á súa charla, cronómetro en man. E os asistentes intentan recompilar información sobre o que vai pasar este fin de semana.

Os máis planificadores quererán ter todo baixo control. Os novatos fisgar que lles agarda. E os veteranos descubrir con que novidades queremos sorprendelos.

E por iso, facemos este pequeno resumo.

O venres temos un evento previo á WordCamp, no que nos xuntaremos principiantes, afeccionados e profesionais de WordPress para colaborar por unha boa causa.

Tedes máis información sobre este evento e o formulario para inscribirse aquí.

Pero se non estades inscritos en ningunha das actividades deste evento, podedes aproveitar para coñecer Pontevedra e desfrutar da súa gastronomía.

Se queredes quedar con outros asistentes que xa se atopen en Pontevedra, podedes unirvos ó grupo de Telegram e coordinarvos con eles, pulsando aquí.

Venres ás 9:00h: Taller de iniciación a WordPress

Para atraer xente nova á nosa Comunidade, ocorréusenos realizar un taller de Iniciación a WordPress para calquera que lle interese descubrir cómo vai iso de crear webs. Que sempre quixera ter unha web pero que lle dera preguiza, ou que lle pareza demasiado complicado para facelo pola súa conta.

Da man dun gran profesional, Fernando Tellado, abriravos a porta ó mundo de WordPress e descubriredes o sinxelo e rápido que é instalar e crear un sitio web con esta ferramenta.

Por cuestións de loxística temos que restrinxir o aforo deste taller, polo que SÓ PODEREDES ACUDIR SE ESTADES INSCRITOS. Podedes inscribirvos aquí.

Venres ás 12:00h: do_action hackathon

Despois do taller, celebraremos un hackathon entre membros da Comunidade de WordPress, participantes do taller e calquera que queira colaborar, para planificar e crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local, Enredar para actuar, o proxecto Voces ocultas e Inner Wheel Vigo. Podedes saber máis sobre elas neste artigo do noso blog.

Crearemos uns grupos de traballo en base ós roles dos participantes inscritos para cubrir todas as tarefas necesarias á hora de crear unha web. E seguindo as indicacións do Director de Proxecto, deseñaremos e montaremos unha web a medida de acordo ás necesidades e características de cada Asociación á que queremos axudar.

Por cuestións de loxística, SÓ PODEREDES ACUDIR SE ESTADES INSCRITOS. Podedes inscribirvos aquí.

Venres ás 17:00h: Presentación dos proxectos

Ó finalizar o arduo traballo do do_action, toca compartilo cos demais participantes, asociacións, e con todo aquel que sinta curiosidade polos froitos do evento e os resultados de cada equipo.

Poderedes ver as novas webs e saber máis sobre estes proxectos.

Este evento é GRATIS e ABERTO a todo o que queira acudir.

Venres noite: Ceas variadas

Para os que coñezades como funcionan as WordCamps, sabedes que os relatores dan as súas charlas sen percibir nada a cambio, ó igual cós voluntarios que axudan na organización. Por iso, ó rematar o do_action hackathon, organizamos unha cea de agradecemento cos organizadores, voluntarios, relatores e patrocinadores.

Pero… e os demais? Pois poderedes ter unha «cea de asistentes» tamén, non? A cousa é seguir co networking… Por iso, poderedes organizarvos entre vós a través do grupo de Telegram.

Pinchade aquí para unirvos ó grupo, se non fixestes aínda!

Nesta xornada haberá dúas salas nas que poderás acudir a diferentes charlas, talleres e formatos experimentais. Con máis de 20 relatores que abarcarán todas as temáticas posibles relacionadas co mundo das webs e o emprendemento. E diferentes niveis, para que tanto novatos como expertos aprendan e desfruten.

Ademais de tempo de descanso e lecer, nos que coñecer xente e facer networking nun ambiente relaxado e distendido.

Para acudir ás conferencias, necesitas mercar a túa entrada, na que incluímos o xantar e máis cousas. Tedes máis información e podedes mercar a vosa entrada aquí.

Sábado ás 9:00h: Abrimos a PonteWordCamp

Ás 9:30h comezará o acto de benvida e de presentación. Así que, se queredes tomar un café para despexarvos antes, recomendámosvos chegar con tempo. Que senón, logo non hai ninguén sentado á hora, e xa sabedes que as nosas aperturas son inesquecibles, e se cadra, censuradas en WordPress.tv!

A partir das 10:00h iníciase unha maratón de 21 sesións en dúas salas, con ludoteca para os máis cativos, descansos para o café, comida, entretemento variado e moito networking.

Se queredes saber máis sobre a Ludoteca ou inscribir ós vosos pequenos, premede aquí.

Levade mirado por riba o programa por se non queredes perdervos algo que realmente vos interese, aínda que a nosa recomendación é que moitas veces vos deixedes levar polo momento: entrade a sesións que tal vez non vos chamen polo título ou pola temática, e de seguro que vos sorprenden.

Ademais, todas se gravarán e se colgarán en WordPress.tv, co que poderedes velas despois, tranquilamente na vosa casa.

Sábado ás 19:30h: Acábase o evento?

Para nada! A despedida no auditorio non é máis que un resumo do que foi pasando durante o sábado, algún sorteo, e un pouco máis de información.

A festa continúa! Esperamos que aínda vos queden gaña de charlar con moita xente interesante, porque haberá para rato.

A nosa pre-after party será na propia Facultade y si, se nada se torce haberá polbo grazas a SiteGround, haberá Estrella Galicia e… algunha sorpresa que aínda non podemos desvelar. Despois, teremos que botarvos coa vasoira…

Sábado ás 22:00h: After Party no MoMa

Despois do networking polbeiro, a festa continúa!

Temos reservado o pub MoMa, no que xa estivemos outros anos, a partir das 22:00h, en plena zona vella, preto da maioría de bares e pubs da cidade. Por se queredes ir picar algo antes.

A partir de aí… se queredes seguir falando de WordPress ou bailando sen parar por Pontevedra, xa é cousa vosa!

Nesta xornada, as persoas que desfrutamos botando unha man co proxecto de WordPress, reunímonos en persoa para traballar en común e amosar a outros cómo poden colaborar.

Confórmanse mesas temáticas de traballo lideradas por persoas ampliamente recoñecidas pola súa aportación nos distintos equipos, que fan posible que WordPress sexa unha ferramenta líder no desenvolvemento web, e ti decides a qué equipo te queres unir.

Domingo ás 10:00h: Día da Comunidade

Como cheguedes de descansados alá cada un, pero chegade!

Haberá café dende primeira hora para rememorar contos do día anterior e recargar enerxía para o que vos queda por diante. Pero ás 10:20h, querémosvos a tope para afrontar este día.

Neste artigo explicámosvos qué é o Día da Comunidade, qué mesas van haber e cómo podedes aprender e colaborar.

E ollo, que a iso das 10:30 teremos 3 charlas interesantísimas sobre a Comunidade de WordPress… Charlas que non deberíades perdervos para comprender todo o que pasou estes días, e en outras WordCamps.

Finalmente, comeremos tranquilamente, terminaremos as labores de contribuír, comezarán as despedidas da xente de fóra que se marcha, recolleremos todo (grazas voluntarios!) e agardámosvos a todos nas nosas meetups mensuais.

Soa coma un bo plan para a fin de semana!

Versión en español

El plan para esta WordCamp Pontevedra

¡Entramos en la recta final! Otro año más, el equipo de organización empieza a ponerse de los nervios para que todo vaya sobre ruedas, no falte nada, y todo el mundo se lleve un buen recuerdo.

Los voluntarios comienzan a encajar en su calendario personal cuándo pueden echar una mano. Los ponentes hacen el último repaso a su charla, cronómetro en mano. Y los asistentes intentan recopilar información sobre lo qué va a pasar este fin de semana.

Los más planificadores querrán tener todo bajo control. Los novatos curiosear qué les espera. Y los veteranos descubrir con qué novedades queremos sorprenderlos.

Y por eso, os hacemos este pequeño resumen.

El viernes tenemos un evento previo a la WordCamp, en el que nos juntaremos principiantes, aficionados y profesionales de WordPress para colaborar por una buen causa.

Tenéis más información sobre este evento y el formulario para inscribirse aquí.

Pero si no estáis inscritos en ninguna de las actividades de este evento, podéis aprovechar para conocer Pontevedra y disfrutar de su gastronomía.

Si queréis quedar con otros asistentes que ya se encuentren en Pontevedra, podéis uniros al grupo de Telegram y coordinaros con ellos, pulsando aquí.

Viernes a las 9:00h: Taller de iniciación a WordPress

Para atraer a gente nueva a nuestra Comunidad, se nos ocurrió realizar un taller de Iniciación a WordPress para cualquiera que le interese descubrir cómo va eso de crear webs. Que siempre haya querido tener una web pero que le de pereza, o que le parezca demasiado complicado para hacerlo por su cuenta.

De la mano de un gran profesional, Fernando Tellado, os adentrareis en el mundo de WordPress y descubriréis lo sencillo y rápido que es instalar y crear un sitio web con esta herramienta.

Por cuestiones de logística hemos tenido que restringir el aforo de este taller, por lo que SÓLO PODRÉIS ACUDIR SI ESTÁIS INSCRITOS. Podéis inscribiros aquí.

Viernes a las 12:00h: do_action hackathon

Después del taller, celebraremos un hackathon entre miembros de la Comunidad de WordPress, participantes del taller y cualquiera que quiera colaborar, para planificar y crear el sitio web de unas organizaciones sin ánimo de lucro de ámbito local, Enredar para actuar, el proyecto Voces ocultas e Inner Wheel Vigo. Podéis saber más sobre ellas en este artículo de nuestro blog.

Crearemos unos grupos de trabajo en base a los roles de los participantes inscritos para cubrir todas las tareas necesarias a la hora de crear una web. Y siguiendo las indicaciones del Director de Proyecto, diseñaremos y montaremos una web a medida de acuerdo a las necesidades y características de cada Asociación a la que queremos ayudar.

Por cuestiones de logística, SÓLO PODRÉIS ACUDIR SI ESTÁIS INSCRITOS. Podéis inscribiros aquí.

Viernes a las 17:00h: Presentación de los proyectos

Al finalizar el arduo trabajo del do_action, toca compartirlo con los demás participantes, asociaciones, y con todo aquel que sienta curiosidad por los frutos del evento y los resultados de cada equipo.

Podréis ver las nuevas webs y saber más sobre estos proyectos.

Este evento es GRATIS y ABIERTO a todo el que quiera acudir.

Viernes noche: Cenas variadas

Para los que conozcáis como funcionan las WordCamps, sabréis que los ponentes dan sus charlas sin percibir nada a cambio, al igual que los voluntarios que ayudan en la organización. Por eso, al acabar el do_action hackathon, organizamos una cena de agradecimiento con los organizadores, voluntarios, ponentes y patrocinadores.

Pero… ¿y los demás? Pues podréis tener una «cena de asistentes» también, ¿no? La cosa es seguir con el networking… Por eso, podréis organizaros entre vosotros a través del grupo de Telegram.

Pinchad aquí para uniros al grupo, ¡si no lo habéis hecho aún!

En este día habrá 2 salas donde podrás asistir a diferentes conferencias, talleres y formatos experimentales. Con más de 20 ponentes que cubrirán todos los temas posibles relacionados con el mundo de las páginas web y el emprendimiento. Y diferentes niveles, para que tanto principiantes como expertos aprendan y disfruten.

Además de tiempo de descanso y diversión, en los que conocer gente y hacer networking en un ambiente relajado y distendido.

Para acudir a las conferencias, necesitas comprar tu entrada, en la que incluimos el almuerzo y más cosas. Tenéis más información y podéis comprar vuestra entrada aquí.

Sábado a las 9:00h: Abrimos la PonteWordCamp

A las 9:30h empezará el acto de bienvenida y de presentación. Así que, si queréis tomar un café para despejaros antes, os recomendamos llegar con tiempo. Que si no, ¡luego no hay nadie sentado a la hora, y ya sabéis que nuestras aperturas son inolvidables, y a lo mejor, censuradas en WordPress.tv!

A partir de las 10:00h, se inicia un maratón de 21 sesiones en dos salas, con ludoteca para los más pequeños, descansos para el café, comida, entretenimiento variado y mucho networking.

Si queréis saber más sobre la Ludoteca o inscribir a vuestros peques, clickar aquí.

Llevad mirado por encima el programa por si no queréis perderos algo que realmente os interese, pero nuestra recomendación es que muchas veces os dejéis llevar por el momento: entrad a charlas que tal vez no os llamen por el título o la temática, y seguro que os sorprenden.

Además, todas se grabarán y se colgarán en WordPress.tv, con lo que podréis verlas después, tranquilamente en vuestra casa.

Sábado a las 19:30h: ¿Se acaba el evento?

¡Para nada! La despedida en el auditorio no es más que un resumen de lo que ha ido pasando durante el sábado, algún sorteo, y un poco más de información.

¡La fiesta continúa! Esperamos que aún os queden ganas de charlar con mucha gente interesante, porque habrá para rato.

Nuestra pre-after party será en la propia Facultad y sí, si nada se tuerce habrá pulpo gracias a SiteGround, habrá Estrella Galicia y… una alguna sorpresa que todavía no podemos desvelar. Luego os tendremos que echar con la escoba…

Sábado a las 22:00h: After Party en el MoMa

Después del networking pulpeiro, ¡la fiesta continúa!

Tenemos reservado el pub MoMa, en el que ya hemos estado otros años, a partir de las 22:00h, en plena zona vieja, cerca de la mayoría de bares y pubs de la cidad. Por si queréis ir a picar algo antes.

A partir de ahí… si queréis seguir hablando de WordPress o bailando sin parar por Pontevedra, ¡ya es cosa vuestra!

En este día, las personas que disfrutan ayudando al proyecto de WordPress se reúnen en persona para trabajar juntas y mostrar a otros cómo pueden colaborar.

Existen mesas de trabajo temáticas lideradas por personas ampliamente reconocidas por su aporte a los diferentes equipos, que hacen posible que WordPress sea una herramienta líder en el desarrollo web, y tú decides a qué equipo te quieres unir.

Domingo a las 10:00h: Día de la Comunidad

Como lleguéis de descansados allá cada uno, ¡pero llegad!

Habrá café desde primera hora para rememorar batallitas del día anterior y cargar energía para lo que nos queda por delante. Pero a las 10:20h, os queremos a tope para afrontar este día.

En este artículo os explicamos qué es el Día del contribuidor, qué mesas va a haber y cómo podéis aprender y colaborar.

Y ojo, que a eso de las 10:30 tendremos 3 charlas interesantísimas sobre la comunidad de WordPress… Charlas que no deberíais perderos para comprender todo lo que ha pasado estos días, y en otras WordCamps.

Finalmente, comeremos tranquilamente, terminaremos las labores de contribuir, empezarán las despedidas de la gente de fuera que se marcha, recogeremos todo (¡gracias voluntarios!) y os esperaremos a todos en nuestras meetups mensuales.

¡Suena como un buen plan para el fin de semana!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *