Este é o noso equipo de organización!
Este evento non se podería levar a cabo sen o traballo voluntario e desinteresado, sen cobrar nada, de moitas persoas que aportan o seu tempo e coñecementos para que todo saia ben durante uns días increíbles nos que aprender, colaborar e celebrar.
Aínda que adoitamos colaborar en todo o que faga falta, botándonos unha man os uns ós outros. Para planificar e organizar a WordCamp, formamos diferentes equipos e nomeamos responsables de certas tarefas e servizos.
Equipos e tarefas
- Organizadora Líder. Encargada de supervisar e coordinar todo o relacionado co evento, e de dar apoio ós membros do equipo de organización para remar todos na mesma dirección.
- Equipo Catering/ Ocio. Encargado de supervisar e coordinar as comidas e bebidas para que non falte de nada. De organizar a cea do venres e a after party do sábado. Así como de resolver dúbidas sobre alérxenos e intolerancias.
- Equipo Comunicación. Encargado de crear contidos e publicacións para difundir a esencia do evento, achegar todo o que está a acontecer ós interesados e facernos visibles máis alá da Comunidade.
- Equipo Deseño/web. Encargado de deseñar e crear este sitio web para que sexa unha ferramenta útil antes, durante e despois do evento. Así coma todos os elementos gráficos empregados online e offline.
- Responsable do Día da Comunidade. Encargado de xestionar, supervisar e coordinar as mesas de traballo no Día da Comunidade.
- Responsable do do_action hackathon. Encargado de xestionar, supervisar e coordinar todo o relacionado con esta actividade. Así como de atender e resolver dúbidas dos participantes.
- Responsable Loxística. Encargado de xestionar o equipamento necesario e os espazos do recinto para que se poidan desenvolver as actividades dun xeito adecuado.
- Responsable Ludoteca. Encargada de xestionar este servizo e de atender as necesidades dos cativos e as dúbidas dos pais.
- Responsable Patrocinios. Encargado de atender e coordinar ás necesidades dos representantes dos patrocinios do evento. Así como de xestionar todo o trámite e resolver dúbidas.
- Equipo Relatores. Encargado de configurar o programa, de supervisar e adecuar os contidos e ferramentas empregados nas sesións. Así como atender ás necesidades e dúbidas tanto dos candidatos coma dos relatores seleccionados.
- Responsable Voluntariado. Encargado de seleccionar ós voluntarios, e de supervisar e coordinar as tarefas que se lles asignen. Así como atender ás necesidades e dúbidas tanto dos candidatos coma dos relatores seleccionados.
Ponlle cara e coñece ás marabillosas persoas que conforman este equipo:
-
Carlos A. Sobrino
Responsable Voluntariado
Solucionador de marróns web.
Son curioso e penso de forma extensa. Soluciono o que outros non saben ou non queren… Arreglo cousas, ás veces ben baixo a premisa de «déixao mellor do que o encontraches».
-
Carlos Longarela
Equipo Deseño/web
Amante do Código aberto e de pasar tempo coa familia e os amigos.
Profesionalmente traballo con WordPress desde fai uns aniños, aprendendo un pouquiño cada día para ser capaz de facer algo interesante con WordPress nun futuro.
-
Jesús Amieiro
Responsable Día da Comunidade e Equipo Relatores
Enxeñeiro de telecomunicacións e artesan das TIC. Traballo como programador en Automattic, enfocado na área de traducións.
Dende @proxectotrasno, Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre, impulso a tradución á nosa lingua do software libre máis usado para conseguir que o galego dure mil primaveras máis.
-
Jorge González
Equipo Catering
Fuchicador profesional, noutra vida fun químico, agora traballo con axencias e empresas en proxectos relacionados con internet.
Levo faciendo webs desde 1998 e utilizando WordPress felizmente desde 2008. Enamorado do software libre, os estándares e o código limpo.
-
Juan Hernando
Responsable Patrocinios
Entusiasta de WordPress.
Program Manager do equipo global de Comunidade, defensor da web aberta e desenvolvedor frontend. Fálame de deporte e de música.
-
Leo Menéndez
Equipo Comunicación
Podcaster compulsivo e creador de contidos.
Grabo moitos podcasts sobre diferentes temas e con distintas persoas. Se tés unha idea, tés un podcast
-
María Sáez
Responsable Ludoteca e equipo Catering
Son consultora SEO freelance e traballo con clientes propios e agencias.
Encántame formar parte da comunidade WordPress e tamén colaboro con outros grupos enfocados a visibilizar o papel da muller na tecnoloxía.
-
Mónica Saavedra
Equipo Relatores
Programadora web freelance.
Axudo ós emprendedores ou autónomos a crear a súa marca persoal, como? analizando as súas necesidades e axudándoos a proxectarse de forma online.
-
Sabela Muñiz
Organizadora Líder
Deseñadora de produto, UX/UI e 3D. Madre de ideas tolas, experta en solucionar marróns, e en ocasións, deseño cousas.
Amante da miña Terra, da miña cultura, da economía colaborativa e da loita contra a fenda dixital.
-
Santiago Rodríguez
Responsable do_action hackathon
Son programador e desenvolvedor web. Toda a miña vida profesional estivo relacionada coas diferentes tecnoloxías web, sobre todo PHP enfocado a backend e aplicacións web, e, dun tempo a esta parte, moito máis enfocado a WordPress.
Habitual das Meetups tecnolóxicas (relator nalgunha ocasión xa lonxana), sigo marabillado pola xente da comunidade de WordPress Pontevedra e o seu traballo, polo que xa ía tocando arrimar o ombreiro como organizador xD -
Sonia Díaz
Equipo Deseño/Web
Son Deseñadora Gráfica e Web en WordPress.
Axudo a particulares e empresas a renovar a súa imaxe de marca e a conseguir presenza en Internet. O que máis me gusta do meu traballo é ver o meu esforzo reflectido.
-
Wajari Velásquez
Responsable Loxística
Consultor SEO cun nome raro.
Dou clases de SEO técnico e WordPress. Colaboro na co-organización de grupos tecnolóxicos open source. Encántame a tecnoloxía, a web e a formación.
-
Yolanda Pazos
Equipo Comunicación
Son vendedora de profesión, marketera por formación e formadora por pasión.
Apúntome a todos os saraos e senón, os creo eu. Na WordCamp axudo en márketing e redes sociais.