Todos saímos gañando!
Patrocinar unha WordCamp ten que ser unha triple ganancia: para os patrocinadores, porque apoiades un proxecto único no mundo que segue a medrar e poñédevos diante dos ollos dun novo público; para os asistentes, porque poden acudir a un evento cheo de contidos útiles no que poden facer contactos; e para WordPress, porque xuntos facemos que a Comunidade siga a medrar, e cada vez máis xente o utilice e colabore.
Por iso, o equipo da WordCamp Pontevedra presta unha especial atención ós patrocinadores, e creamos uns paquetes de patrocinio cos que poidades recibir diferentes beneficios e sintades que fixestes unha boa inversión.
Impacto do teu patrocinio
Sen ter en conta o paquete que elixas, pensa que na WordCamp Pontevedra 2024:
- Agardamos superar o récord de 275 entradas vendidas
- Somos unha comunidade local (~800 membros en Meetup) que ademais abraza e colabora coas demais comunidades galegas (A Coruña, Lugo, Ferrolterra, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo).
- Asiste un perfil de público moi variado: márketing, desenvolvedores, SEO, creadores de contidos, responsables de tendas online, emprendedores, usuarios básicos, estudantes de comunicación da UVigo…
Paquetes de patrocinio
Busca cál é o paquete de patrocinio que mellor se adapta a túa empresa e cubre o formulario de debaixo.
- Patrocinador Ouro (1.800€ / 0 dispoñibles / 3 reservados)
- Patrocinador Prata (1.200€ / 0 dispoñibles / 3 reservados)
- Patrocinador Bronce (400€ / 1 dispoñible / 9 reservados)
- Patrocinador Ludoteca (600€ / 0 dispoñibles / 1 reservado)
- Patrocinador Polbeiro (1.500€ / 0 dispoñibles / 1 reservado)
- Patrocinador Espazo Conecta (400€ / 0 dispoñibles / 1 reservado)
- Pequeno colaborador
Patrocinador Ouro (1.800€ / 0 dispoñibles / 3 reservados). É o maior nivel de patrocinio do evento e, polo tanto, os que terán maior visibilidade tanto no lugar onde se desenvolve a WordCamp, coma na nosa web e redes sociais.
Beneficios en dixital
- Presenza na nosa web. Logo grande (360×120) na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
- Presenza en Redes sociais. Mención nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador Ouro do evento, antes e despois do mesmo.
- Newsletter. Mención nos correos enviados ós asistentes previos ó evento.
Beneficios no evento
- 3 entradas gratis para a WordCamp para membros da vosa empresa.
- 3 invitacións para a cea de patrocinadores, relatores, organizadores e voluntarios, ó venres á noite.
- 1 mesa doble (4m. aprox.) na área de patrocinadores (zona de entrada ó auditorio e descansos) para colocar rollups, ofrecer merchandising e amosar os vosos produtos e servizos.
- 1 rollup ó carón da entrada da zona de sesións da planta baixa, o sábado. E 1 rollup ó carón da área do Día da Comunidade, o domingo.
- Impresión do logo nas acreditacións de todos os asistentes.
- Aparición do logo individual na pantalla e o streaming durante as pausas do evento.
- Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección individual do voso logo.
- Posibilidade de realizar un sorteo no acto de peche do evento, o sábado pola tarde.
- Posibilidade de participar nun xogo de networking que desenvolveremos durante a WordCamp.
Beneficios na revista
Espazo destacado na revista-recordo do evento, no que poderedes falar da relación da vosa empresa co evento, con WordPress ou co emprendemento para amosar un lado máis persoal e próximo. E impresión do logo da vosa empresa na contraportada da revista xunto co resto de patrocinadores.
Se queres ser Patrocinador Ouro, escolle esta opción no formulario.
Patrocinador Prata (1.200€ / 0 dispoñibles / 3 reservados). É o segundo nivel de patrocinio, e permitirache dende a zona de patrocinadores ter moita presenza para sacar o máximo proveito ao evento.
Beneficios en dixital
- Presenza na nosa web. Logo mediano (260×100) na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
- Presenza en Redes sociais. Mención nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador Prata do evento, antes e despois do mesmo.
- Newsletter. Mención nos correos enviados ós asistentes previos ó evento.
Beneficios no evento
- 2 entradas gratis para a WordCamp para membros da vosa empresa.
- 2 invitacións para a cea de patrocinadores, relatores, organizadores e voluntarios, ó venres á noite.
- 1 mesa (2m. aprox.) na área de patrocinadores (zona de entrada ó auditorio e descansos) para colocar rollups, ofrecer merchandising e amosar os vosos produtos e servizos.
- 1 rollup ó carón da área do Día da Comunidade, o domingo.
- Impresión do logo nas acreditacións de todo os asistentes.
- Aparición do logo na pantalla e o streaming durante as pausas do evento xunto co doutro patrocinador Prata.
- Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo xunto co doutro patrocinador Prata.
- Posibilidade de participar nun xogo de networking que desenvolveremos durante a WordCamp.
Beneficios na revista
Banner publicitario na revista-recordo do evento, no que poderedes destacar algunha promoción, novidade, ou redireccionar á vosa web ou landing. E impresión do logo da vosa empresa na contraportada da revista xunto co resto de patrocinadores.
Se queres ser Patrocinador Prata, escolle esa opción no formulario.
Patrocinador Bronce (400€ / 1 dispoñible / 9 reservados). Se queres apoiar o evento pero non podes pasarte o día tras dunha mesa de patrocinadores… Este é o teu paquete perfecto!
Beneficios en dixital
- Presenza na nosa web. Logo pequeno (200×80) na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocicnios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
- Presenza en Redes sociais. Mención nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador Bronce do evento, antes e despois do mesmo.
Beneficios no evento
- 1 entrada gratis para a WordCamp para un membro da vosa empresa.
- 1 mesa compartida na área de patrocinadores (zona de entrada ó auditorio e descansos) para colocar rollups, ofrecer merchandising e amosar os vosos produtos e servizos.
- 1 rollup ó carón da mesa compartida, o sábado.
- Aparición do logo cos demais patrocinadores Bronce na pantalla e o streaming durante as pausas do evento.
- Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo xunto cos demais patrocinadores bronce.
Beneficios na revista
Impresión do logo da vosa empresa na contraportada da revista xunto co resto de patrocinadores.
Se queres ser Patrocinador Bronce, escolle esa opción no formulario.
Patrocinador Ludoteca (600€ / 0 dispoñibles / 1 reservado). Se es unha empresa comprometida coa conciliación familiar e queres ter unha presenza destacada en liña cos vosos valores, este é o voso paquete!
Sabemos que a conciliación familiar é moi complexa na sociedade actual. En Pontevedra, intentamos axudar ás familias con nenos e nenas, para que poidan asistir ao evento e os pequenos non se morran de aburrimento en charlas que (aínda) non lles serán útiles.
Por iso, grazas a este patrocinio, contratamos a profesionais que poidan coidar e facer actividades cos máis pequenos da casa (nova xeración de WordPressers!).
Beneficios en dixital
- Presenza na nosa web. Logo na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
- Presenza en Redes sociais. Mención desatacada nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador da Ludoteca do evento, antes e despois do mesmo.
- Agradecemento nun post no noso blog por facilitar que poidamos ofrecer este servizo no noso evento.
Beneficios no evento
- 1 rollup ó carón da entrada á Ludoteca, o sábado.
- Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo como patrocinador da Ludoteca.
Beneficios na revista
Espazo destacado na revista-recordo do evento como patrocinador da Ludoteca do evento.
Se queres ser Patrocinador da Ludoteca e recibir o agradecemento de moitas familias, escolle esa opción no formulario.
Patrocinador Polbeiro (1.500€ / 0 dispoñibles / 1 reservado). Se queredes diferenciarvos dos outros patrocinadores e apetécevos que a vosa empresa sexa a raíña da festa, este é o paquete ideal!
Despois da despedida oficial no auditorio celebramos o noso tradicional peche do sábado, na planta baixa da facultade. Un momento marabilloso para compartir e falar nun ambiente festivo. E que mellor que acompañado dun auténtico «polbo á feira»!
Con este patrocinio, axudas co gasto dun fiel protagonista en calquera festa galega que se converteu en símbolo indiscutible da WordCamp Pontevedra.
Beneficios en dixital
- Presenza na nosa web. Logo na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
- Presenza en Redes sociais. Mención desatacada nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador da Polbeiro do evento, antes e despois do mesmo.
Beneficios no evento
- 1 rollup ó carón da zona da festa, o sábado.
- Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo como patrocinador Polbeiro.
Beneficios na revista
Espazo destacado na revista-recordo do evento como patrocinador Polbeiro do evento.
Se queres ser Patrocinador Polbeiro e recibir o cariño da xente, escolle esta opción no formulario.
Patrocinador Espazo Conecta (400€ / 0 dispoñibles / 1 reservado) Se a vosa empresa se caracteriza por promover as oportunidades laborais, impulsar as colaboracións entre profesionais, ou simplemente, vos apetece axudar a crear un espazo de relacións máis empresariais, este é o voso paquete.
Este ano imos inaugurar unha zona na que, ademais de facer networking mentres tomas un café ou o que queiras, poderás facelo de maneira máis comercial: o Espazo Conecta.
Poderás patrocinar un busco/ofrezo, un espazo con conversas dirixidas e interesantes entre profesionais, e con algo máis de tranquilidade que co balbordo da comida. Se ademais queres xestionar o espazo, fáinolo saber.
Beneficios en dixital
- Presenza na nosa web. Logo na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
- Presenza en Redes sociais. Mención desatacada nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador do Espazo Conecta do evento, antes e despois do mesmo.
Beneficios no evento
- 1 rollup ó carón da zona do Espazo Conecta, o sábado.
- Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo como patrocinador Polbeiro.
Beneficios na revista
Espazo destacado na revista-recordo do evento como patrocinador Espazo Conecta do evento.
Se queres ser Patrocinador do Espazo conecta e axudarnos con este experimento, escolle esta opción no formulario.
Pequeno colaborador
Este ano queremos dar maior visibilidade e empresas locais, emprendedores, ou profesionais da Comunidade WordPress ó que non lles encaixa ningún dos paquetes anteriores, simplemente, pagando un pouco máis ca unha simple entrada.
Gustaríanos que xa que vides e sodes parte do evento, teñades un espazo no que poidades deixar planfetos ou o voso merchandasing, no que concertar citas, pequenas conversas sobre o voso negocio con asistentes que queiran coñecer o que facedes.
Se che parece unha idea interesante, ou tes algunha outra que queiras facernos chegar, selecciona esta opción no formulario.
Información de interese
Antes de cubrir e enviar o formulario, le atentamente, a seguinte información.
O tamaño do logo vai en relación co nivel de patrocinio: Ouro, grande. Prata, mediano. E bronce, pequeno. Ludoteca, Polbeiro e Zona Conecta, grande. E patrocinios en especie, pequeno.
Os paquetes de patrocinio resérvanse por orde de chegada do formulario. Pode que aparezan como dispoñibles nesta páxina pero que xa estean reservados (non se actualiza máxicamente). Se ese fose o caso, porémonos en contacto contigo para reservar un de outro nivel!
Como verás, este ano non ofrecemos introducir material na bolsa de benvida porque imos ofrecer unha entrada máis sostible sen swag (nin camiseta nin bolsa). Aínda así, estamos ideando opcións para que o impacto dos vosos patrocinios non se vexa reducido, senón ao contrario!
Se queres patrocinar en especie, non atopas un paquete que se axuste as túas necesidades, ou queres achegarnos algunha idea de patrocinio, elixe a opción <<Outro>> no formulario.
Mándanos a túa candidatura!
Cubre o seguinte formulario e fainos chegar o teu interese. A data límite para enviar formularios é o 4 de agosto de 2024 ás 23:59 horas ou ata completar os patrocinios dispoñibles .
Subscríbete ó noso blog
Entérate de todo o que estamos a facer para que este evento sexa inesquecible.