Participar como relator

Apetéceche vivir unha experiencia inesquecible compartindo os teus coñecementos sobre WordPress e emprendemento?

Se respondeches que “Sí”, estás no lugar acertado. Podes vir á WordCamp Pontevedra 2024, onde estaremos encantados de descubrir aquilo que decidas amosarnos.

Este ano, propuxémonos crear un programa centrado no emprendemento, en ter un negocio rentable, cómo WordPress pode axudar ó teu proxecto. E por iso, buscamos ideas innovadoras, historias que inspiren a outros, ou quizáis consellos prácticos.

Foto dunha relatora

Seguramente estarás a preguntarte, por qué debería participar como relator. E aínda que non somos moi imparciais, deixámosche algunas cousas que nos parece importante que te plantexes.

Es unha gran oportunidade para amosar o teu talento, para aportar valor ós demais, e para levar boas vibracións de todos os que asistiron a túa ponencia.

Unha charla sempre abre o camiño para amosarte como experto/a ou especialista en algo.

Sempre nos encanta ver coma os nosos relatores comparten a súa paixón no escenario cada ano. A experiencia pode marcar unha diferenza e levar a un novo nivel a túa marca personal ou negocio.

Estamos a falar dunha charla presencial fronte a centos de asistentes. Persoas como ti, que son relatores, asistentes, voluntarios ou organizadores de WordCamps, cos que podes identificarte e medrar profesionalmente.

E por último, o video da túa ponencia será subido á páxina web de WordPress.tv e quedará aí por sempre puidendo ser compartido e visto por incalculables personas.

Foto do público

Se queres participar como relator, le atentamente a seguinte información para saber qué debes facer.

Estamos a buscar relatorios relacionados con WordPress e o emprendemento, en diferentes áreas, negocios dixitais, comercio electrónico, marca persoal, redes sociais, copywrtiting, desenvolvemento web, deseño UX/UI, accesibilidade, márketing e vendas, SEO, seguridade, WPO, aspectos legais…

Valoraremos a orixinalidade, se es experto en algo e normalmente fas ponencias noutras WordCamps, pedímosche que a cambies para non repetirnos.

O noso obxectivo é escoller ponencias dinámicas, o máis prácticas posibles e que os asistentes acaben con gaña de probar cousas novas.

WordPress, WordPress, ahhh e WordPress… É obvio, non? Estamos nun evento organizado pola comunidade de WordPress, mais dentro dese marco hai cabida para moitas cousas e moitas temáticas, podes falarnos de:

  • Desenvolvemento de webs
  • Deseño web e experiencia de usuario
  • Márketing dixital, SEO, SEM para emprendedores
  • Monetización de sitios web
  • Emprendemento dixital
  • Seguridade en WordPress
  • Optimización de rendemento
  • Desenvolvemento persoal e habilidades empresariais
  • E todo aquilo que consideres que pode ser interesante ou útil

E todo aquilo que consideres que pode ser de interese ou de axuda para os asistentes.

Este ano apostamos por unha maior participación dos asistentes, e por formatos máis dinámicos e prácticos para afianzar coñecementos aplicados a casos reais a través da experiencia persoal.

  • Charla longa
  • Charla curta
  • Taller
  • Demo
  • Auditoría
  • Consultoría

Le as descricións de cada formato e escolle o que mellor se axuste ás túas circunstancias, ideas ou preferencias.

A charla longa é unha excelente oportunidade se queres profundizar nun tema específico. Poderás proporcionar exemplos concretos, estudos relevantes ou consellos prácticos.

Este formato é idóneo para conectar con outros profesionais e entusiastas que comparten o teu mesmo interese sobre o tema que presentas.

Ó finalizar, haberá tempo para que o público realice preguntas.

As preguntas permiten entrar en máis detalle e abordar inquedanzas directas dos asistentes. O trato co público poderá axudarche a establecer conexións significativas cos asistentes á WordCamp.

Este formato está diseñado para temas máis rápidos de explicar, principiantes en falar ó público.., xa que tan duran moi pouco tempo e non hai posibilidade de facer preguntas ó rematar.

A brevedade de tempo obriga a concentrarse nos aspectos máis importantes do tema, destacar puntos chave, ofrecer consellos prácticos e compartir ideas efectivas.

Presentar una charla curta é un desafío creativo, porque tes que captar a atención do público cunha mensaxe rápida, clara, concisa e interesante. O que te levará a unha actitude innovadora e creativa coa que destacar.

É unha oportunidade única para involucrar activamente ós asistentes nunha experiencia práctica e participativa.

Este formato é ideal para aprender facendo. Poderás propoñer exercicios prácticos, unha sesión de traballo en equipo, resolver problemas concretos, personalizar certos aspectos… De xeito que os participantes poidan aplicar conceptos e ferramentas directamente nos seus proxectos.

Ademais de guiar ós asistentes a través dunha experiencia práctica, pedímosche que fomentes a innovación, a creatividad e o intercambio de coñecementos cos participantes para traballar xuntos na procura de solucións creativas a desafíos específicos.

Este formato é unha oportunidade para compartir algo que saibas facer. Trátase de amosar de maneira práctica cómo funciona unha aplicación, un plugin, os pasos a seguir para facer unha estratexia específica de…

Deberás ser conciso e inspirador para que a audiencia comprenda rápidamente a súa utilidade e o potencial do seu uso para que despois exploren ou o implementen nos seus proxectos.

Pensa en algo simple para que os asistentes poidan ver dunha forma rápida e fácil, ó xeito de facer algo concreto e dese xeito, que poidan aprender a facelo.

É o formato idóneo se adoitas auditar proxectos para poder identificar áreas de mellora e oportunidades para optimizar procesos relacionados co mundo das webs ou do emprendemento.

Trátase de amosar a metodoloxía que segues analizando os casos reais que ti escollas dentro das propostas que os participantes enviarán antes do evento. Terás o tempo necesario tanto para facer a elección, como para realizar as revisións.

O día do evento poderás ofrecer consellos prácticos e suxerencias de mellora adaptadas ás necesidades e circunstancias únicas de cada proxecto. De xeito, que os participantes non só recibirán asesoramento personalizado, senón que tamén terán a oportunidade de aprender dos proxectos dos outros.

Este formato é unha oportunidade para axudar e aconsellar ós participantes grazas ós teu coñecementos e experiencia sobre un área ou tema específico relacionados con el emprendimiento y WordPress.

Trátase de dar consellos e recomendacións personalizadas sobre casos específicos do público para axudarlles a resolver as súas dúbidas ou problemas.

Para iso, os participantes poderán mandar as súas preguntas con antelación ó evento para seleccionar as máis interesantes e que poidan ser de maior utilidade. Deixando espazo tamén para as que xurdan no momento.

Todos os formatos plantexados son orientativos e flexibles, polo que estamos abertos a calquera modificación ou proposta que nos queiras facer chegar.

Para ser relator tan só necesitarás:

  • Ganas de aportar valor e de axudar ós demais
  • Prepararte (ben) a ponencia
  • Estar en Pontevedra os días do evento, concretamente antes da hora que che saír a escea.

Ademais, ten en conta:

  1. En WordCamp Pontevedra 2024 enfocámonos en promover o coñecemento, a colaboración e o intercambio de ideas en beneficio da nosa comunidade. Por esta razón, non aceptamos ponencias comerciais ou publicitarias.
  2. O noso obxectivo é atopar contido de calidade e orixinal digno para ser compartido en WordPress.tv.
  3. Na túa presentación tan só poderá aparecer 1 diapositiva con teus datos de contacto.
  4. Debes respectar o espíritu de WordPress e a súa licenza GPL.
  5. O idioma da charla debe ser preferentemente: español, galego, portugués ou inglés.

Se precisas axuda:

Sabemos que preparar unha ponencia require tempo e esforzo, pero estamos aquí para apoiarte en cada paso do camiño.

O noso equipo de relatores estará á túa disposición para brindarche asesoramento e recursos, e asegurarnos de que a túa presentación sexa un éxito rotundo!

Prazo de inscrición pechado

Despois dun complexo e complicado traballo de selección, configuramos un programa coas propostas recibidas que consideramos que podían ser de maior valor e interés para os asistentes.

Xa podes consultar os relatorios e relatores seleccionados, no programa da WordCamp Pontevedra 2024.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta