Principiantes e profesionais
Un ano máis, dende a Comunidade de WordPress Pontevedra, queremos xuntar a principiantes, usuarios e profesionais de WordPress nun mesmo evento mentres colaboran por unha boa causa.
Deste xeito, realizaremos dúas actividades nas que poderás participar en ambas, ou só na que prefiras:
- Taller teórico/práctico de iniciación a WordPress.
- do_action hackathon (Traballo colaborativo).
Aínda que están dentro do programa da PonteWordCamp, podes participar nestas actividades sen necesidade de ser asistente da WordCamp.
Taller teórico/práctico de iniciación a WordPress
Pensado para calquera que lle interese descubrir cómo vai iso de crear webs. Que sempre quixera ter unha web pero que lle dea perguiza, ou que lle pareza demasiado complicado para facelo pola súa conta.
Da man dun grande profesional, adentraraste no mundo de WordPress e descubrirás o sinxelo e rápido que é crear unha web con este xestor.
Ademais dos coñecementos, levaraste:
- Unha nova instalación de WordPress, propia e gratis, e todos os detalles de inicio de sesión precisos para que poidas comezar a traballar. Cun aloxamento de balde durante 3 meses, para poder poñer en práctica ou experimentar co aprendido.
- Un certificado de asistencia que demostre que tes un dominio dos conceptos básicos.
RECORDA que está dirixido a principiantes sen coñecementos ou con coñecementos básicos. Se estás interesado/a en participar no Taller de Iniciación, marca esta opción no formulario de inscrición.
do_action hackathon
do_action, simplemente é a forma que ten a Comunidade de WordPress de nomear a un evento no que nos reunimos para planificar e crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local nun só día.
Poderán participar tanto os participantes do Taller de Iniciación, como calquera que desexe axudar.
Crearemos uns grupos de traballo en base ós roles dos participantes para cubrir todas as tarefas precisas á hora de crear unha web. Seguindo as indicacións do Director/a de Proxecto, deseñarase e crearase unha web a medida de acordo ás necesidades e características de cada Asociación.
RECORDA que está dirixido a usuarios con coñecementos medios ou avanzados e a profesionais. Se estás interesado en participar no do_action, marca esta opción no formulario de inscrición.
Que inclúe a inscrición?
A inscrición é totalmente gratuíta e inclúe:
- Poder participar na actividade ou actividades nas que te inscribas.
- Café a media mañá (participantes do Taller de Iniciación).
- Un xantar na cafetería da Universidade, gracias a patrocinadores.
- Período de aloxamento gratuíto nalgunha das empresas de hosting patrocinadoras do evento. (participantes do Taller de Iniciación).
- Certificado de participación firmado polo relator e o grupo de WordPress de Pontevedra, (participantes do Taller de Iniciación).
Que precisas para participar?
O único que debes traer é gaña de aprender, colaborar e un portátil. Darémosche WiFi para poder traballar, pero non disporemos de equipos informáticos.
Deberás contar cunha conta de correo e poder acceder a ela. Recomendamos acceso a una conta de Google para poder compartir recursos gráficos para a web a través de Drive.
Tamén che pedimos que sexas responsable. Son prazas limitadas. Así que, buscamos o máximo nivel de compromiso para poder organizar os equipos de traballo e que sexan o máis equilibrados posibles.
IMPORTANTE:
Tanto o Taller de Iniciación coma o do_action son gratuitos e independientes da celebración da WordCamp ó día seguinte.
Para participar nas sesións do sábado e domingo, necesitas mercar a túa entrada. Non esquezas mercar a túa entrada se queres acudir estes días!
Formulario de inscrición
INSCRICIÓNS PECHADAS
Para calquera dúbida, mándanos un correo a pontevedra@wordcamp.org ou cubre o formulario na páxina de contacto.
Subscríbete ó noso blog
Entérate de todo o que estamos a facer para que este evento sexa inesquecible.