Tips legais para non meter a zoca ca túa web. Sabes que podes conseguir entender a linguaxe xurídica dos termos legais? Sabes como debemos protexer a privacidade e os dereitos de propiedade intelectual dos demais como a nosa? Isto é do que imos falar en 3, 2,1…
Son unha avogada a que se lle da ben procurar solucións ós problemas mercantís dos meus clientes. Se es autónoma ou empresa e queres protexer o teu produto, ou deixar claras as condicións da prestación do ten servizo, precisas un contrato; se sodes varias as que prestades os servizo, ou construídes o produto, precisas un documento que recolla os vosos pactos.
Son dous exemplos das cousas que se me dan ben, pero ollo, con sentidiño, non gastemos nun avión se non temos posibilidade de voar, e temos que seguir andando.