Nesta sesión de consultoría, responderei dúbidas sobre deseño corporativo dunha marca e cómo se utiliza nos diferentes soportes de comunicación: web, rrss, papelería… para aconsellar melloras de uso.
Manda as túas dúbidas! Cubre o formulario que atoparás aquí, e a túa consulta poderá ser unha das que se contesten nesta sesión.
Son deseñadora gráfica e web en WordPress, especializada en deseño corporativo.
Traballo como freelance realizando deseño de marca, deseño editorial e deseño de páxinas web en WordPress.
Son coorganizadora da Meetup de Ferrolterra WordPress dende 2020, e formo parte do equipo de deseño da WordCamp de Pontevedra dende 2022.