Copywriting: como enlazar ideas, persoas e ventas con palabras sen deixar de ser ti

Cantas veces te enredas ó contar, compartir ou vender o que fas? Cantas ideas, proxectos ou orzamentos quedaron nun caixón, mortos de risa, por non saber expresar o que valen? Ou… cantas veces regateáronche un prezo e quedaches con cara de circunstancia? 

Nesta charla veremos consellos prácticos e técnicas directas para estruturar mensaxes efectivas e claras, que transmitan o valor das túas propostas e negocios, e vendan con naturalidade o que creas, deseñas e lanzas ó mundo sendo ti, sen forzar a túa audiencia e desfrutando do camiño.

Escribo para converter palabras en accións e axito ideas para xerar cambios, movementos e decisións a través da creatividade e da estratexia. 

Mudeime ó rural galego en 2023 porque me cansei das cidades, e reinvéntome a través da escritura creativa e publicitaria para que transmitas o valor e a esencia dos teus proxectos, ideas e soños ó mundo, sen trampas e con naturalidade.

Adoro comer, bailar, viaxar, cociñar, o mar, a montaña e bañarme no río en verán.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta