Nun mundo dixital onde a competencia é feroz, ter unha estratexia de palabras chave efectiva é esencial para destacar e converter a túa marca nunha entidade recoñecida.
Nesta charla, guiareite paso a paso na realización dun estudo de palabras chave estratéxico que non só aumente a túa visibilidade, senón que tamén fortaleza a túa marca.
O que aprenderás:
- Conceptos básicos e avanzados de SEO: Comprende a importancia das palabras chave e como afectan ó teu posicionamento.
- Clusters de contido: Aprende a organizar o teu contido arredor de temas centrais para mellorar a autoridade temática e a experiencia do usuario.
- Ferramentas e técnicas: Descobre as mellores ferramentas para a investigación de palabras chave, incluíndo Google Keyword Planner, Ahrefs, SEMrush e máis.
- Detección de palabras chave relevantes: Estratexias para identificar palabras chave que converterán a túa marca nunha entidade sólida e recoñecida.
- Implementación práctica: Cómo integrar palabras chave na túa estratexia de contido de maneira efectiva.
Xa sexas un principiante en SEO ou un profesional experimentado, esta charla proporcionarache as ferramentas e coñecementos necesarios para potenciar a túa marca a través dun estudo de palabras chave estratéxico.
Son de Badaxoz e prometinlle a Wajari, que esta vez presentaría charla para a WC Pontevedra, e aquí estou.
Gústame o humor tonto interésame moitas cousas… en xeral son curiosa e pódesme falar da reprodución por esporas que vas a captar a miña atención.
Son CEO e socialmedia manager na axencia Growth Product hackers e embaixadora de marca, o meu día divídese entre currar para a miña axencia, traballar na miña marca, exercer de nai e amantisima esposa e entrenar XD.