Da idea á realidade: cómo gañar diñeiro con WordPress

Despois de asistir a este relatorio, os oíntes terán unha idea clara de cómo poden priorizar na súa estratexia a longo prazo para monetizar a súa idea, talento, experiencia ou calquera tipo de negocio que se propoñan.

Xa sexa que desexen ser autónomos, emprendedores, apostar pola súa marca personal ou crear unha marca dende cero, todas estas son decisións difíciles de tomar.

Con este relatorio, quero axudar ós asistentes a entender qué cambio tomar segundo os seus obxectivos e a súa situación actual.

Ademais, abordaremos preguntas comúns como: Canto vale a miña idea ou negocio? Como aumentar a súa valoración? Ata canto me convén investir para facelo medrar? Convenme buscar investimento ou é mellor ser independente?

Ola, son Juanma un apaixoado do growth e o desenvolvemento de negocio.

A día de hoxe, considérome aínda un turista na comunidade WordPress con moitas gañas de aprender. Teño que agradecer a SiteGround que me abríu as portas do mundo WordPress.

Encántame compartir os meus coñecementos e experiencias, e no meu tempo libre desfruto explorando novas tecnoloxías, tocando a guitarra e pasando tempo coa miña familia.

Este será o meu primeiro relatorio nunha WordCamp, e estou moi emocionado por iso.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta