Falarei de cómo empecei na comunidade e o que a min me aportou e me axudou, a recarga de enerxía e motivación coa que volves a casa despois dos eventos de WordPress.
O asistir ás WordCamps, vólvese aditivo aparte de aprender cousas novas reencóntraste con persoas que xa son como da túa familia.
Actualmente son técnico de soporte informático nunha administración pública.
Dentro do ámbito técnico realicei diferentes funcións, esta nova etapa laboral permíteme facer o que me gusta, que é traballar no mundo tecnolóxico e axudar ós usuarios a que poidan realizar o seu traballo dunha forma máis fácil.
Gústanme os retos laborais e persoais, por iso, decidín despois de tanto tempo facendo cousas para WordPress, expoñerme ante este novo desafío de dar o meu primeiro relatorio.
No meu tempo libre gústame pasar un bo rato cos amigos, viaxar, ver unha película….