Hoxe en día é raro atopar unha ficha de produto sen unha foto. É igualmente estraño que esa foto estea optimizada. Por que debemos optimizala? Que se considera “optimizar unha imaxe”?
Se para ti optimizar as fotos da túa web supón engadir un filtro e xa está, perdoa que cho diga, pero non só tes moito camiño por percorrer. Ademais, a túa competencia estache a superar pola dereita.
Nesta charla iremos máis alá das típicas optimizacións de tamaño, compresión, nome de ficheiro, texto alternativo e descrición. Aprenderemos outros factores de optimización, como eliminar datos EXIF dunha imaxe, ou introducir os nosos propios para mellorar o SEO ou xeolocalizar imaxes e as vantaxes que isto supón.
Ademais, entenderemos por qué é necesario optimizar as imaxes, para quen optimizamos e como isto aumenta as vendas no noso eCommerce.
E por se todo isto non che abonda, a charla será en ton humorístico… ou polo menos o intentaremos…
Que precisas?
Non fará falta nada. Son todo ferramentas online e pasarei un documento coas ligazóns para que as teñades a man e para sempre.
Se queres traer o teu portatil para ir vendo as ferramentas á vez, estupendo. Se non queres traelo, tampouco pasa nada, porque con todo o que vexamos, poderás practicalo despois na casa.
Son Arqueóloga, pero hai uns anos cambiei o pincel e a paleta polo teclado, rato e WordPress. Son consultora de comercio electrónico e estou aprendendo todo o que podo sobre psicomarketing e crecemento empresarial para aplicalo aos proxectos nos que traballo.
Sigo aplicando a meticulosidade da Arqueoloxía no meu traballo diario. Creo páxinas web e tendas online para os meus clientes: emprendedores e empresas familiares. A miña misión e paixón é escoitarte dicir que as túas vendas en liña aumentaron e que o teu negocio vai ben.
Formo parte do equipo de mantemento web de Ayuda WP con Fernando Tellado e son unha orgullosa embaixadora da marca Factoría Dixital.
Coorganizo a Meetup WordPress de Torrelodones e Collado Villalba.
Engado un toque de humor ás miñas charlas, pero sen convertelas nun monólogo do Comedy Club.
Son unha das poucas mulleres que non deixou de asistir a Meetups e WordCamps unha vez que fun nai. Non obstante, moitas outras mulleres víronse “obrigadas” a baixar do barco, e é unha mágoa.
Vas botar de menos coñecer un personaxe así? E non o digo polo meu fillo…