Normalmente nas comunidades de desenvolvemento o perfil das e dos participantes soe ser ter algo en común: ou ben son profesionais por conta propia que traballan en condicións as veces un pouco precarias, ou por conta allea sen capacidade de decidir sobre as súas condicións de traballo.
Parece que non hai máis saídas, pero que pasa coas cooperativas? Non debería ser esta fórmula de organización horizontal a saída laboral natural para quen xa traballa en comunidade? Por que non nos profesionalizamos desde una organización que nos permita seguir funcionando como profesionales por conta propia pero amparados por una entidade que non reste, senón sume ao noso desenvolvemento profesional?
Son socia fundadora da cooperativa na que traballo na actualidade. Desde fai vinte anos veño participando en proxectos comunitarios e colaborativos.
Tamén son usuaria de GNU/linux e firme defensora tanto do software libre como do coñecemento libre.
Levo traballando con WordPress desde fai máis de 15 anos, e os últimos 7 xa coa cooperativa.