
Son Ángel Cabaleiro e fago cocreación web: Sesións de 1 a 1 compartindo pantalla nas que fago a túa web mentras miras, aprendes e resolvo dúbidas.
Gústame a música e facer networking en WordCamps e eventos similares.

-
Descobre como simplificar o proceso de maquetación en Gutemberg utilizando a colección de bloques de Kadence Bloques
21 Setembro, 2024 ás 10:00 a.m. CEST en ABAIXOTaller, Galego
Neste taller, aprenderás a sacar o máximo partido a esta colección, que che axudará a crear deseños atractivos, configurar a versión responsive e ampliar as posibilidades que tes por defecto ao maquetar con Gutenberg.
Este plugin afórrame tempo e dores de cabeza e quero compartilo contigo para que teñas máis opcións.
Daremos unha ollada a cómo utilizalo tanto en temas clásicos coma nos novos temas con Full Site Editing.
Que precisas?
O taller pódese seguir sen que teñas portátil, pero se queres aproveitar mellor o taller e seguirme sobre a marcha co teu portátil, terías que ter un sitio WordPress co plugin Kadence Blocks instalado e o tema Astra, e opcionalmente o tema Twenty Twenty Four, para poñer un punto de partida en común para todos e a partir de aí, seguir o que irei facendo no taller.
Vémonos no taller!