
Son programador dende fai máis de 20 anos. Neste tempo utilicei un montón de linguaxes e tecnoloxías dende cousas vintage coma informix-4gl ou Pascal ata PHP o .NET.
Descubrín WordPress e a súa comunidade no 2016, e dende entón, non parei de recorrer España e parte de Europa seguindo á comunidade.
Traballo como autónomo dende 2017 e adícome a desenvolvemento de plugins e maquetación de sitios web a medida.
Desenvolvo con WordPress case completamente e, nos últimos anos, especialiceime con WooCommerce.

-
Dúbidas sobre WooCommerce?
21 Setembro, 2024 ás 3:50 p.m. CEST en ABAIXOConsultoría, Español
Nesta consultoría tratarei de resolver dúbidas relacionadas con WooCommerce: instalación, configuración, envíos, impostos, tipos de produtos, etc.
Se tes algunha pregunta relacionada con WooCommerce ou de Ecommerce en xeral, vente, e resolvémola.
Manda as túas dúbidas! Cubre o formulario que atoparás aquí, e a túa consulta poderá ser unha das que se contesten nesta sesión.