Son informático de vocación e de profesión, formador ocasional, normalmente, para persoas non técnicas, e un namorado de comer e beber.
Levo desde 1996 traballando en TIC, onde regularmente vou cambiando de sector para enriquecerme como profesional e como persoa; dende 2006 traballando en medios de comunicación online, e un ano despois, con plataformas Open Source como WordPress para medios propios e proxectos de terceiros.
A primeira vez que me conectei cun módem foi no 1993 para acceder ao correo electrónico da miña facultade, e a miña primeira web para un terceiro, púxena en marcha no ano 95, compatible con Netscape, por suposto.
COBOL, Fortran, Basic, Lisp, C, C++, ColdFusion, Visual Basic, Java, Python, PHP, .Net,…. case non lembro con cantas linguaxes e tecnoloxías traballei nestes anos.
Creo que o máis raro que fixen na miña vida, tecnolóxicamente falando, foi un xerador dinámico de páxinas de teletexto alimentado por servizos de información e por contidos SMS de usuarios.
Gáñome a vida traballando como consultor senior, especializado en proxectos internacionais de alto tráfico, tanto de medios de comunicación como de comercio electrónico.
Son embaixador de marca de Raiola Networks e profesor de Xornalismo Deportivo.
-
Auditoría WPO – Básico
21 Setembro, 2024 ás 4:30 p.m. CEST en ENRIBAAuditoría, Español
A velocidade do teu sitio é un dos factores máis importantes para ter unha mellor experiencia de usuario e un mellor posicionamiento en buscadores, pero sabes por que a túa web é rápida ou lenta? Que elementos afectan á velocidade e como previlos ou minizalos ou correxilos?
Acompáñame para descubrir en directo cóomo auditar o rendemento de diferentes sitios web con WordPress coa simple axuda dun navegador, unha ferramenta web gratuita, e algúns conceptos básicos que aprenderás rapidamente.
Manda a túa web para ser auditada! Cubre o formulario que atoparás aquí, e a túa web poderá ser unha das que se utilicen de exemplo nesta sesión.