Lucía Rico

Son de Badajox, e prometinlle a Wajari que esta vez presentaría charla para a WC Pontevedra, e aquí estou.

Gústame o humor tonto interésame moitas cousas… en xeral son curiosa e pódesme falar da reprodución por esporas que vas a captar a miña atención.

Son CEO e socialmedia manager na axencia Growth Product hackers e embaixadora de marca, o meu día divídese entre currar para a miña axencia, traballar a miña marca, exercer de nai e amantisima esposa e entrear XD.

Nun mundo dixital onde a competencia é feroz, ter unha estratexia de palabras chave efectiva é esencial para destacar e converter a túa marca nunha entidade recoñecida.

Nesta charla, guiareite paso a paso na realización dun estudo de palabras clave estratéxico que non só aumente a túa visibilidade, senón que tamén fortaleza a túa marca.

O que aprenderás:

  • Conceptos básicos e avanzados de SEO: Comprende a importancia das palabras chave e como afectan o teu posicionamento.
  • Clusters de contido: Aprende a organizar o teu contido arredor de temas centrais para mellorar a autoridade temática e a experiencia do usuario.
  • Ferramentas e técnicas: Descubre as mellores ferramentas para a investigación de palabras chave, incluíndo Google Keyword Planner, Ahrefs, SEMrush e máis.
  • Detección de palabras chave relevantes: Estratexias para identificar palabras chave que converterán a túa marca nunha entidade sólida e recoñecida.
  • Implementación práctica: Cómo integrar palabras chave na túa estratexia de contido de maneira efectiva.

Xa sexas un principiante en SEO ou un profesional experimentado, esta charla proporcionarache as ferramentas e coñecementos necesarios para potenciar a túa marca a través dun estudo de palabras chave estratéxico.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta