Son socia fundadora da cooperativa na que traballo na actualidade. Desde fai 20 anos participo en proxectos comunitarios e colaborativos.
Tamén son usuario de GNU/Linux e firme defensora tanto do software libre como do coñecemeto libre.
Levo traballando con WordPress desde fai máis de 16 años, e os últimos 7, xa coa cooperativa.
-
Profesionalizar a comunidade. Emprendemento cooperativo.
21 Setembro, 2024 ás 10:00 a.m. CEST en ENRIBACharla longa, Galego
Normalmente nas comunidades de desenvolvemento o perfil das e dos participantes soe ter algo en común: ou ben son profesionais por conta propia que traballan en condicións ás veces un pouco precarias, ou por conta allea sen capacidade de decidir sobre as súas condicións de traballo.
Parece que non hai máis saídas, pero que pasa coas cooperativas? Non debería ser esta fórmula de organización horizontal a saída laboral natural para quen xa traballa en comunidade? Por que non nos profesionalizamos desde unha organización que nos permita seguir funcionando como profesionales por conta propia pero amparados por unha entidade que non reste, senón que sume ao noso desenvolvemento profesional?